ANO 1999

 

DRACK CUQUIN

     

 

     Con este disfraz pintei a cana. Coa peluca rubia, a vestimenta chamativa, a cara pintada que era toda unha obra de arte, e os zapatos de plataforma, parecía un auténtico Drackcuin.

     Pra acostumbrarme a andar con tamaños zapatos tiven que estar practicando na casa cerca dunha semana, e cada vez o facía peor. E a cada caida, miña muller decíame que iba torcer un tobillo.   

     Pero eu enchinme de valor, salín a calle e menuda expectación. Xa cando paséi po la parada de taxis, os taxistas mexábanse de risa...

     E xa po las rúas do Porriño aquilo foi o desmadre. Por donde eu pasaba quedaba un regueiro de admiración, de risas, de cachondeo... vamos, de todo     

     Na foto da dereita apreciase a sesión de maquillaxe, moi comlicada pero moi importante, a cargo da prestixiosa profesional madame "Maricarmen Cacharela"

     

A un famoso Drag-Cuquín, nunca lle faltan un bo número de admiradoras. E ahí a unha delas... 

 

 

ANO 1999

PILI II

       

   

  Esta parodia do posto de Pili púdome traer algún disgusto.

     Resulta que cando estaba armando toda a trapallada a xente preguntábame quera aquilo, quiba facer... e entonces acercouse Pili a preguntarme o mesmo, mentras Juan lle tiña conta do posto dela. Dixen quera unha sorpresa e seguin armando o tinglado. 

     E cando todo estaba listo e puxen o cartelito de "Pili II" toda a xente empezóu a reir...bueno, todos menos Pili, que puxo cara de mala leche e díxome que todo estaba ben, pero que o cartelito sobraba.

 

 

ANO 1999

VENTA DE VIAGRA

    

 

 Estaba de moda falar da Viagra e eu anduven a vendela polo Porriño adiante. Pero antes había que facer probas e examinar o paciente pa ver si podía tomala, como fago aquí co amigo Ricardo, que deu positivo...

     Tamén estuven no "Central" ,en Samil, e alí arméi unha boa. Resulta que unhas parexas que estaban alí pedíronme que lle vendera una pastilla do Viagra. Quitei da maleta unhas pastilliñas azules, redondas, que levaba (que por suposto non era o tal Viagra) e ofrecínllas. O miralas unha das mulleres dixo: "Esas no son. Las pastillas de Viagra no son redondas que son cuadradas".  Entón o jicho que estaba con ela, cunha cara de cornudo que escarallaba, preguntoulle: "Y tú como sabes eso, las conoces o que?" Ela empezoulle a explicar algo, pero eu, por si acaso, fuxín e non quixen saber como acabóu o asunto..

 

 

ANO 1999

POESÍA DE DON ANTONIO PATIÑO REGUEIRO

     Meu amigo Don Antonio, poeta de Vigo, gran aficionado e maestro da micoloxía, e un gran admirador dos meus disfraces (sempre me preguntaba: "¿de que vas este ano?"), dedicoume esta poesía, na que destaca miña "chispa" en elexir os disfraces. Graciñas, Don Antonio.

   

 

ANO 1999

DRACK CUQUIN EN PRAIA AMERICA

     Como sempre o segundo domingo de Agosto din o consabido paseo por Praia América. Chamáronme de todo..., dende golfa a pendón deica mariquita a maricón.  Incluso un tío con cara de militar retirado e de dor de estómago,  o verme, espetóume: "Maricón, das asco".  

     O malo foi  que a mitade do camiño rompeume un zapato e tiven que andar con el na man. E coa dificultade de andar cun  zapato altísimo nun pe, e no outro pe sin zapato, mismo parecía un coxo de verdade.

 

ANO 1999

PAPA NOEL

   Este ano a Papá Noel saliulle un axudante. Chámase Miguel e fixo moi ben o papel, inda que case comeu máis caramelos dos que repartiu.   

 

 

 

 

VOLVER A LA PAGINA DE INICIO

 

Hosted by www.Geocities.ws

1