ANO 1997

 

¡ NON QUIXEN DISFRAZARME !

     Este ano, sin que houbera ningún motivo especial, decidín non disfrazarme e mirar o Carnaval do Porriño desde fora, coma un espectador calquera. ¡Nunca eu fixera tal cousa...!    

     Aburrinme coma unha ostra e paseino francamente mal, pois envidiaba a todas as mascaritas e a todos os disfraces que pasaban po lo meu lado...

     "Puedo prometer y prometo" (sóname a frase) que nunca mais farei tal tontería, que me disfrazarei todos os anos, e que troulearei no entroido do Porriño, hasta co meu corpo aguante.

      Para non defraudarte, ofrézcoche esta caricatura que me fixo Esteban Paz no ano 1972, para a revista "Acougo", do Círculo Recreativo Cultural. Xa choveu bastante, pero mais ou menos tópome como antes...

 

 

ANO 1997

NOIVA NA ROMARIA DA RISCA

     Fun vestida de noiva a Romaría da Risca e intentaron ligarme bastantes individuos. Un deles ata me invitóu a dar unha camiñada deica o "Penedo de Nochebuena". 

     O da foto inda foi mas atrevido, pois ata me colleu de brazo. Díxenlle que era moi xoven pra min, e que tiña que tomar moitas tazas de caldo.  

 

 

ANO 1997

NOIVA EN PRAIA AMERICA

     Esta foi a historia dunha noiva que andaba buscando a seu noivo pola praia, pois fora a dar un baño mentres ela o esperaba os pés do Altar.

     Buscou a Roberto..., chamou a Roberto..., pero non o atopou. E foi unha pena pois con estes dos "pajes" que levaba, a boda pudo ser moi vistosa.

 

ANO 1007

PAPA NOEL

 

 

     Outro ano o "Papa Noel do Porriño" percorre as rúas repartindo caramelos os nenos... e tamén a algúns que xa non son tan nenos.

 

 

 

 

VOLVER A LA PAGINA DE INICIO

 

Hosted by www.Geocities.ws

1