ANO 1993

 

CONTROL SEXUAL

PRIMEIRO PREMIO DO CIRCULO RECREATIVO CULTURAL

 

     Nunca crein que no Porriño houbera tantos homes impotentes (un de Pontellas confesoume que él xa sabía que era "omnipotente").

     E iso que moitos deles negáronse a facer o control sexual e escapaban en canto me miraban aparecer. 

     O control consistía en tomarlle a tensión no seu membro, e logo eu, según o cliente, hinchaba ou desinchaba un condón que levaba escondido na miña man... Así algúns quedaban como moi homes e outros facían o ridículo   

     No que non había duda era que os mais xóvenes estaban bastante mellor dotados cos da terceira edade, e sinón ahí tedes unha mostra.

     De todalas maneiras no meu pobo casi todas pasan da media europea que está en 13,5 centímetros...  

 

 

ANO 1993

¡TENGO UN TRACTOR AMARILLO...!

   

 

     Como estaba moi de moda a canción do tractor amarelo, `penséis que podía ser un bo disfraz para este ano. Preguntéi a moita xente e dixéronme que en Pontellas había un. 

     Alá fun e cando o mirei por enriba dun balado, enamoreime de él. Era precioso... encantador... maravilloso... Xusto o que eu había soñado. Chamei a porta da casa e menuda sorpresa levei cando me abriron a porta:  ¡meu amigo Dario! (Xa teño tractor amarelo, pensei para mín).

     Conteille o conto do disfraz e, entre tazas de bo viño, xamón e chourizos, quedamos en que o martes do Entroido traiamo a casa.

      Pero había un problema: eu na miña vida anduvera enriba dun tractor. "Iso arrejlámolo ajora mesmo", dicho Darío. E na misma finca deume unha "clase intensiva" e aproboume a primeira.

     Co altavoz que puxen no tractor e a canción a todo trapo, arrasei po las rúas do Porriño e, en mais dunha ocasión, casi me escarallo contra as columnas dos sopostales.

     As tres da mañán inda andaba por Torneiros, despertando a xente.

     (Non gañei o primeiro premio no C.R.C. porque non me deixaron entrar co tractor. ¡Tramposos...! 

 

 

 

ANO 1993

LIMPIABOTAS NO PAB BONAVENTURA

 

    

Tiven que quitarlle brillo as botas dos soldados do Exército de Paracaidistas que estaban de maneobras nas canteiras de Atios. 

     ¡Nin propina me deixaron...!.

 

 

 

 

ANO 1993

FACENDO UN COCIDO NA PORTA DO CONCELLO

     

A xente reiase de min cando me miraron con aquela enorme ola e a cocinilla de campin-gas, pero en canto empezóu a hervir a auga coa cacheira, touciño, chourizos, polo, carne de vaca, garbanzos, habichuelas, verdura e outros, e soltou  o chewiro peculiar do cocidiño, todos me pedían unha taciña de aquél sabroso líquido. E desde a Cueva e a de Franc empezaron a chegar taciñas que eu enchía co caldiño...

     Despóis comimos o cocido na Cueva, e ata Julito sentouse con nos a xantar.

 

 

ANO 1993

A SANTA COMPAÑA

 

  Isto foi algo mais que unha carnavalada... Foi un programa de Antena 3 TV que se rodóu en Budiño sobre unha bruxa e a Santa Compaña. Pediron voluntarios para o rodaxe e houbo pelexas para apuntarse..

     Foi no mes de Xullo e estivemos desde as dez da noite ata as 7 da mañán do día seguinte.

     Aquilo resultóu un rollo incrible. Só oiamos dicir o que nos mandaban: silencio... rodamos... corten... silencio.. rodamos.. corten...", e así toda a note e parte da mañán...           

     Menos mal que había bos bocatas de xamón, cerveixas, cafés.... e cinco mil pelas por barba. 

     O día en que puxeron na tele o programa foi unha expectación no Porriño increíble. Máis que si xogaran o Madrid e o Barça. E a decepción  enorme, pois a escena duróu catorce segundos.Os que mais apareceron foron Moncha e Pepe Diz.

     Eu por si o día seguinte chegaba tarde a oficina puxen un cartel que decía:  "CERRADO POR RODAJE"

      (A foto das antorchas e preciosa, ¿a que sí?)

 

 

ANO 1993

O COBRADOR DO FRAC EN PRAIA AMERICA

 

     Moito pufero debe haber neste mundo... Como me paréi con xente do Porriño a cobrarlle os impuesto municipais, a xente que estaba o rededor tomáronme en serio e fuxían.     

     Nesta foto trato de cobrarlle a tasa de recollida de lixo do Concello do Porriño a una señora e, como moitos, contestoume: Que me pajen a min primeiro todo o que me deben eses puferos..."

 

 

 

ANO 1993

BAÑEIRA DA PREYSLER

CUARTA BAIXADA DA RISCA EN CARRO DE BOLAS

 

 

     .

 

Como naqueles días as revistas do cozarón falaban da casa de Isabel Preysler que tiña non sei cantos dormitorios, salóns, cartos de baño, etc., pensei que era un bo tema para a baixada da Risca.

     Entón coloquéi unha bañeira (que ma prestou Pepe Diz) enriba do carro de bolas e ala a tirarse po la Risca baixo. Co peso da bañeira collín unha velocidade de medo.Tiven que tirar dos frenos a fondo e cheguei abaixo con eles gastados.

 Si dura un pouco mías a baixada, seguro que aparezco na autovía...

          (O Faro de Vigo dixo de mín que: "Confiesan algunos que hay adictos enganchados a esta prueba, como Cuquín, funcionario serio y ejemplar del ayuntamiento de Porriño, que no se pierde ni una y que, como los demás, fabrica estos días con extremo sigilo la obra de sus amores." Ahí queda iso...

Na  foto do medio  mírase un cachiño de Antonio R. Castro aplaudíndome. Graciñas "abuelo"...

Na derradeira  foto apreciase a cantidade de xente que acudía a presenciar a baixada da Risca en carro de bolas. Habiana de todas partes e tamén moitos portugueses.

     Os dous kilómetros que ten o percorrido estaba totalmente ocupado po la xente  que case se metía enriba dos carros que pasaban a gran velocidade. Sempre houbo lesionados e foi unha sorte que non houbera graves accidentes

 

 

ANO 1993

PAPA NOEL

 

 

 

 

VOLVER A PAGINA DE INICIO

 

Hosted by www.Geocities.ws

1