ANO 1992

 

 

ASANDO CASTAÑAS NA PRAZA DO CONCELLO

 

     

Como a leña estaba moi verde e as catañas eran conxeladas, saía unha fumata branca (¡Papa habemus!) da castañeira que subía ata o balcón principal do Concello, e case non deixaba respirar ós Concelleiros e invitados...

Viñeron a chamarme a atención, pero eu díxenlles que ese era o meu medio de vida e que estaba gañando a peseta para manter os meus sete fillos.

     (Mesmo houbo quen se creu que en vez de asar castañas, estaba afumando os "chourizos" que estaban enriba)

 

 

ANO 1992

MORO VENDENDO ALFOMBRAS

 

     Recorrín case tódalas casas do Porriño, e a única onde me mercaron unha alfombra foi nesta casa que é a de Dalmiro e Raquel. O asunto é que ainda non ma pagaron...

 

 

 

ANO 1992

OBRAS DA AUTOVIA VIGO-PORTUGAL

     Como as obras da autovía non remataban, quixen botar una man. Entón, nos xardíns do Círculo, montéi una amasadora eléctrica, unha carretilla, pala e azadón e din comenzo o traballo...

     Meu primos Marisa e Rique, que viñan po baile, esmendrelláronse de risa cando me atoparon, e dixéronme que xa se oia a amasadora en Ramiráns.

     Cerca das dúas da mañan, por denuncias de veciños,  veu a Policía Municipal, cun Decreto da Alcaldía,  a paralizarme as obras.

 

 

 

ENTERRO DA SARDIÑA

 

 

 

 

Dende o Palco de San Benito tiven que dicir uns versos e algunas parbadas mais que se me ocurriron naquel momento.

 

 

ANO 1992

ATAUDE EMORVISA

TERCEIRA BAIXADA DA RISCA EN CARRO DE BOLAS

 

 

Coma o ano anterior houbera moitos accidentes, eu, por se as moscas, fun ben preparado e xa baixei dentro da caixa de defuntos, para aforrarlle cartos a comisión organizadora.

     Houbo bastante xente que se escandalizóu o verme dentro do ataude e mais de unha velliña fixo a señal da ....

da cruz cando pasei por diante dela.

     O mais difícil foi levar o ataude, arrastrado polo meu coche, a Risca, pois non ib ir po la estrada nacional, sinón os de Tráfico escarallabanme. Entón salín da miña casa (e a túa) da calle Progreso-Paso a Nivel-Cando (cunha moto da Poli Municipal diante, pois e dirección prohibida)-salida frente a Igresia-Fdez.Areal-cruce Domingo Bueno-Fdez.Areal-Doantes de Sangue-Pabellón de Deportes-Restaurante Manolo, e, por fín, a Risca. Todo isto acompañado dhun barullo insoportable que facía o carro de bolas.

     Quen sudou a gota gorda foi Moncho Jadellas que fixo toda a baixada da Risca correndo detrás de mín, pra empuxarme cando non había costa, pois eu non era capaz de baixar do féretro... ¡Graciñas Moncho

 

 

ANO 1992

MORO NA EXPO DE SEVILLA

     Pois sí, tamén anduven disfrazado na Expo/92. Resulta que estuvemos no Pabellón de Marruecos e a mín gustoume moito esta "chilaba". Entón meu cuñado, con aire de cachondeo, díxome que ma regalaba si era capaz de andar con ela todo o día. Nada mais decilo, chamei a dependenta para que a descolgara e xa salín con ela (coa  xilaba, claro, non coa dependenta) posta.

      E non solo ganei a aposta e tamén a "chilaba", sinón que anduve moito mais fresquiño que todos eles, pois facía un calor que metía medo... 

 

ANO 1992

PAPA NOEL

Na cafetería Frank sempre trataron moi ben a Papa Noel, inda que Rosi, as veces, ponse un pouco farruca con él.

 

 

 

 

VOLVER A PAGINA DE INICIO

 

Hosted by www.Geocities.ws

1