ANO 1991

 

 

ULTRA SUR

PRIMEIRO PREMIO DO CIRCULO RECREATIVO CULTURAL

 

 

     Teño que recoñecer que este premio que me deron na Sociedade foi concedido baixo presións de violencia. Coa pinta que tiña e a porra que levaba na man, co pelo teso de coloríns (peluquería Araceli) e co parche do ollo, calquera me levaba a contraria.

     Se pesco un "culé" polo camiño, destrozoo...

 

 

E por fín topei un do Barça. Menos mal que estábamos nos xardíns do Círculo Recreativo Cultural. e non quixen armar demasiado jaleo... pero un par de porrazos ben dados nas costas, inda levou.

 

 

ANO 1991

BOTANDO O BANDO

     O 26 de Febrero de 1948, cando entréi de Botones a traballar no Concello do Porriño, un dos meus cometidos era bota-lo Bando por todo o pobo.

     O chegar os sitios sinalados, pegaba uns redobles de tambor para que acudira a xente a escoita-lo Bando do racionamiento, que eu leía en alta voz cun lixeiriño tono.  Naqueles momentos eu sentíame importantísimo, pois non empezaba a le-lo Bando mentras a xente non calaba. Para iso, decíalles eu todo serio: "Si ustedes no callan, yo no leo..."

     O primeiro que leín foi o día 20 do Marzal do ano 1948. E o último o 6 do Abril do 1952, e decía así:

     "El Sr. Alcalde Presidente del Ayuntamiento de Porriño, hace saber: Que a partir del día de mañana, todos los vecinos de este término pueden pasar por sus respectivos establecimientos de ultramarinos para retirar las siguientes mercancías, previo pago de su importe:

1 kilo de patatas: 1,15

     1/4 litro de aceite: 2,10 ptas.

     100 gramos de arroz: 0,70 ptas.

      100 gramos de azúcar: 0,65 ptas.

      150 gramos de harina: 0,90 ptas.

     100 gramos de garbanzos: 0,75 ptas.  

Lo que se hace público para general conocimiento y cumplimiento.

Porriño, 6 de Abril de 1952

EL ALCALDE

Fdo.   "

   

 

ENTERRO DA SARDIÑA

     Esta foto e outra do ano 1987 (na que fago o mesmo comentario) son en recordo e homenaxe daquel bo porriñés e gran impulsor e participante dos Entroidos do Porriño, Pepe Diz (que aparece na foto disfrazado de Anxel) o cal sempre me prestóu algunha cousa para meus disfraces.

     Nos días do Entroido, cando eu ande disfrazado polas rúas da vila, fixareime nos disfraces..., mirarei de reollo para a súa ferretería..., espiarei detrás das columnas dos soportais... por que estou seguro co espírito de Pepe Diz andará entre nós.

     E se no Enterro da Sardiña vexo algún capuchón que me recorde a súa forma inconfundible de andar, acercareime e direille:

Espírito que asombras miña razón,

tesme atenazado o corazón...;

¡suplícocho...!, ¡fala...!, ¡dí...!

meu primo, Pepe Diz,

¿eres tí?

 

 

ANO 1991

ENTERRO DA SARDIÑA

 

   

 

  O Enterro da Sardiña de este ano foi apoteósico:

     1º. Houbo xente que co door da morte da señora sardiña dábanlle ataques epilépticos (¿ou etílicos?) e caian desmalladas, como esta "viuda" que teño eu nos meus brazos e que tardóu moito tempo en "recuperarse"...

 

 

 

2º. Tamén algúns adedicábanse a beillar, mentras os soldados romanos que levaban a sardiña descansaban un pouco do esforzo que supoña levala a hombros po las rùas do Porriño...

 

 

AÑO 1991

3º. E outros (cunha vestimenta de luto riguroso moi apropiada para o caso), aproveitaban a ocasión para meterse co Xefe da Policía Municipal do Porriño, nhun claro acoso sexual...

 

 

ANO 1991

BIDE PORTATIL

SEGUNDA BAIXADA DA RISCA EN CARRO DE BOLAS

 

     O bidé ía cheo de auga mesturada con zotal, e de vez en cando soltaba unha "bombita" de esas que cheiran que mete medo.

     Menudo perfume deixéi pola Risca abaixo...

 

 

 

ANO 1991

NADAL

O Papa Noel do Porriño, por unha das rúas da vila, repartindo caramelos, alegría e, si tamén pode, felicidade...

 

 

 

VOLVER A PAGINA DE INICIO

 

 

Hosted by www.Geocities.ws

1