ANO 1990

 

O ESPANTALLO

PRIMEIRO PREMIO DO CIRCULO RECREATIVO CULTURAL

     Ahí, no medio dese campo de grelos e fresas, está colocado no seu sitio o espantallo, pra que non veñan os páxaros a comer o que eu plantéi.

     Pero cando paseaba po las rúas do Porriño, xa un pouco de noite, máis dalgún levóu un bo susto. Hasta a Cantudo, miña cadela, cabreouse  e estivo ladrando todo o tempo...

 

 

ANO 1990

¡¡TIA BUENA!!

 

 

     Puxen unha careta, pois a miña cara non iba co tipazo desta "jicha". De todalas maneiras houbo aproveitados que se puxeron a tope meténdome mano...

 

AÑO 1990

ENTERRO DA SARDIÑA

    De parexa con Aracelita no Enterro da Sardiña. Choramos basto, inda que pareza mentira, pois con esta rapaza e moito mais fácil mexarse de risa... Fixarse no diálogo que e moi interesante.

 

 

ANO 1990

MOURO VENDENDO ALFOMBRAS PERSAS EN PRAIA AMERICA

     

     Esta foi a primeira vez que anduven disfrazado por Praia América. Sucedéu que uns días antes mirei a un magrebí vendendo gafas, collares e outras cousas po la praia. Entón tuven a ocorrencia de que, pa meterme cos moitos porriñeses que viñan a esta praia, podía eu disfrazarme de mouro e tomarlles o pelo.

     O invento resultóu pois a xente do Porriño con quen me metín, en canto me coñeceron pasaronno en grande e reiron moito.

     Eu tamén o pasei ben, pero coa alfombra o lombo sudei a gota gorda...

    Dende aquela vez teño moita pena dos que andan a mercalas po la praia. E tiven sorte, pois si baixo un pouco o precio deixo sin alfombras a Mercería Carmiña.

 

 

ANO 1990

ALFOMBRA MAXICA

PRIMEIRA BAIXADA DA RISCA EN CARRO DE BOLAS

 

     Fun enriba dunha "alfombra máxica", e debido a velocidade que baixei, parece que voaba...

     A segunda foto e un primer plano do mismo de antes, pra que miredes que "juapo" baixaba eu po la carretera da Risca e pra que tamén apreciedes a calidade das alfombras de "Mercería Carmiña", a tenda da miña sogra.

 

 

ANO 1990

PAPA NOEL 

 Este digamos que e case o Papá Noel oficial do Porriño pois dende o ano 1981 alegro a vida dos nenos do Porriño. Ahí estou subindo po la rúa Antonio Palacios, coa iluminación festeira destes días.

     O fondo apreciase a casa de Cándido Pampillón e a da Hirmandade de Labradores, hoxe as duas desaparecidas po las obras de remodelacion da Casa Consistorial.

 

 

 

 

 

VOLVER A PAGINA DE INICIO

 

Hosted by www.Geocities.ws

1