ANO 1989

 

 

PATAS PA RIBA - PATAS PA BAIXO

PRIMEIRO PREMIO DO CIRCULO RECREATIVO CULTURAL

     (AVISO: Non te poñas boca abaixo ca foto está ben colocada)

 

 

     Para presentarme o concurso de disfraces do C.R.C., axudóume a por o disfraz a muña muller, nunha dependencia da Sociedade. Pero xa me avisóu  que estaba cansa de vestirme e desnudarme durante todo o entroido, e que buscara outra persoa para quitarme o disfraz. Por iso faléi co meu primo Chito Maquieira, que ainda que andaba un pouco "alumbrado", podía servir, e díxenlle que me axudara a quitar o disfraz; e él, agachándose e pondo a sua cabeza a altura da cabeza do maniquí que levaba eu entre as pernas, díxome que ben. 

Expliqueille que o primeiro que tiña que facer era desabrocharme o pantalón que levaba metido polos brazos. El, mirando para a cara do maniquí, díxome que antes de nada tíñame que por de pé, e agarroume da cintura para darme a volta...     

"Pero Chito, se eu xa estóu de pé", repliqueille;pero él, agachándose e dirixíndose á cabeza que eu levaba entre as pernas, insistiu en que tiña que darme a volta, se non non podía desabrocharme o pantalón, "ou te pos de pè, ou non te axudo", gritaba Maquieira xa cabreado, no oido do maniquí...

     E por moito que lle expliquei como era o disfrace, e que a cabeza a tiña no meu sitio, empezamos a pelexar, él para darme a volta, e eu intentado quedar de pé. Na loita caimos os dous o chan e, con trastazo que levamos, a cabeza do maniquí rodou polo chan...

     Foi todo un espectáculo mirar a Chito Maquieira, coas mans na cabeza, gritando: "¡Meu Deus, Meu Deus, o que fixen: decapitei o meu primo...!"

 

 

ANO 1989

MORO VENDENDO TROZOS DO MURO DE BERLIN

 

     Aproveitando que facía un par de meses que tiraran o "Muro de Berlín", foi todo un negocio pra min vender varios ladrillos, pedras, cascotes, cachos de cemento, etc., como procedentes do tal derribo. O que non sabían os papanatas que mos compraron era que eu habíanos recollido na Risca, nun galpón que habían tirado abaixo.

     Hata a Policía Municipal do Porriño quixo cobrarme o puesto que puxen entre as columnas do Axuntamento...

 

 

ANO 1989

ENTERRO DA SARDIÑA

     O terrible door que nos produxo a morte e o enterro da Señora Sardiña, houbo que afogalo con unhas cerveixas.

     Ademáis coas caras bonitas da camarera e a monaguilla que as sirven, ¿quen se pode negar a tomar un bo trago?

 

 

 

 

VOLVER A PAGINA DE INICIO

 

Hosted by www.Geocities.ws

1