ANO 1988

 

OS PIRATAS DO CARIBE

 

 

     ¡A que armamos este ano...!

     Como os bos piratas, acabamos co ron que había no "Celtiña", na "Cueva",e nas demáis tascas que atopamos no recorrido. Por iso o escándalo que armamos no palco cando cantamos as coplas foi maiúsculo. Eu, cando miraba para meus compañeiros de comparsa -o digo de corazón e sen querer molestar a ninguén- sentía verdadeira vergoña, pois estábamos impresentables e algúns casi caian (¿ou caiamos?) pra os lados; pero logo, cando miraba pra xente que enchía a praza e que se esmendrellaba de risa, collía moral e seguía cantando...

     Ainda agora, cando nos acordamos de aquilo, partímonos de risa.

 

 

 

ANO 1988

DESCENSO DE CARABELAS POLAS RUAS DO PORRIÑO

    

Empezóu ben o descenso polas rúas do pobo e houbo moitas carabelas, pero a nosa, coa "tempestade" reinante, naufragóu na rúa Ramón González, entre os comercios de "Mercería Carmiña" e "D'Geles".

 

 

 

ANO 1988

A LEITEIRA DA CUEVA

 

  Esta é a leiteira que durante moitos anos levaba tódalas mañáns a leite á "Cueva", para que Isabelita ou Julito nos fixeran  aqueles cafés con leite tan ricos...

 

 

 

 

 

 

VOLVER A PAGINA DE INICIO

 

Hosted by www.Geocities.ws

1