ANO 1987

 

 

BARATO, BARATO

    

 Non vendín nada das trapalladas que levaba, e inda enriba na porta do Círculo, as tres da mañán, paséi un frío de carallo...

 

 

ANO 1987

COMPARSA "OS BERBERECHOS"

 

    

 

 Reanudación do desfile das comparsas do Porriño po las rúas, despóis de cincuenta anos sin facelo. O elixir o disfrace foi complicadísimo. Nos xuntábamos na casa de Xulián Freiría, en Pontellas, con bos xerros de viño e "pìnchitos". Primeiro quedamos en ir de romanos; dous días despóis de árabes; a semana seguinte de piratas,e non sei que mais, hasta co día anterior o desfile, algún de nos tivo unha idea xenial: "Cada un que vaia do que lle pete a gana..."

     E así apareceron batas de casa, albornoces, camisóns, pixamas..., de todo o mais bello que cada un atopaba na súa casa.

NOTA. O Policía Municipal que parece asediado polos "berberechos", non e ningún disfrace, é, efectivamente, o señor Porto. (Este ano foi cando se puxo de moda aquilo de "Porto, Porto, me escuchas...?"

 

 

ANO 1987

ENTERRO DA SARDIÑA

     Esta foto e outra do ano 1991 (na que fago o mesmo comentario) son en recordo e homenaxe daquel bo porriñés e gran impulsor e participante dos Entroidos do Porriño, Pepe Diz (que aparece na foto con careta) o cal sempre me prestóu algunha cousa para meus disfraces.

     Nos días do Entroido, cando eu ande disfrazado polas rúas da vila, fixareime nos disfraces..., mirarei de reollo para a súa ferretería..., espiarei detrás das columnas dos soportales... por que estou seguro co espírito de Pepe Diz andará entre nós.

     E se no Enterro da Sardiña vexo algún capuchón que me recorde a súa forma inconfundible de andar, acercareime e direille:

Espírito que asombras miña razón,

tesme atenazado o corazón...;

¡suplícocho...!, ¡fala...!, ¡dí...!

meu primo, Pepe Diz,

¿eres tí?

 

 

 

 

 

VOLVER A PAGINA DE INICIO

 

Hosted by www.Geocities.ws

1