ANO 1985

 

 

PANADEIRA DO PORRIÑO

 

  

   Esta e unha das famosas panadeiras do Porriño que  ían no tranvía das cinco da mañán a vendelo pan a Vigo, pregoando polas rúas do Príncipe, Colón, Rosalía Castro  e  outras máis: "¡Teño pan fresquiño do Porriño...!"

     ¡Que cheiro máis rico deixaban naqueles vagóns tan porcos do tranvía...!  

     Dábanme unha careta pra poñela tapando o bigote,  pero eu díxenlles que coa que levaba  posta xa iba de lado, ademáis había algunha panadeira que tamén tiña bigote...

 

 

 

VOLVER A PAGINA DE INICIO

 

Hosted by www.Geocities.ws

1