|
CORPO
HABITADO: AUGA E AIRE
Corpo de auga, gaiolas de aire.
O aire: silencio, minúsculas estrelas de vento. Medos e anhelos engarzados cun
fío de cobre. Os paxaros, as súas ás, membranas do meu subsconscente, abrigo da
alma libre.
Os pes salgados, descalzos camiñando pola area. Os pes lixeiros, furtivos, o
vento, ár de novo que, vixía da noite, eleva as miñas dedas por riba da cidade.
O ar, exilio dunha alma ausente.
Nun cenote profundo o amor durme abrigado polas cálidas vísceras dun paxaro
incandescente.
A alma dos paxaros, a miña psique, os meus anhelos, o teu soño, abren as rexas e
saen libres cara, de novo, ao vento. O paxaro da alma engaiolado nun corpo de
cristal, nun corpo de auga.
Corpo de auga, gaiolas de aire.
Un baile de homes vai mudar o destino, Hainuwele vai esmorecendo en nove
círculos, os seus brazos bérranlle ao vento. Círculos concéntricos, o lento
afondar no centro do laberinto. Hainuwele ofrece soños a cambio de morte.
Un rostro perdido no tempo, nunha mirada inqueda que garda o seu misterio tralas
pálpebras pechadas do inconsciente.
Es tona, as túas arterias fúndense coa savia, Amanda, a dona do bosque, tanxe as
cordas da árbore coas túas máns de vento.
Corpo de auga, gaiolas de aire.
A auga: as verbas, veloces astros azuis. O mar lambendo o tempo, limpando peles
douradas, enfrentando corpos de crebas, peiteando cabelos salgados. Máns
líquidas escurrindo o temor, deixando esvarar dos dedos a escuma do alén do mar.
O ventre cheo de area dourada, as ondas salvaxes empuxando a vida, a lúa
roubando a calma e, despois, de novo, o vento con ourizos de estrelas.
Peixes náufragos da fame, peixes de prata de óleo e de sal, saltan leves entre
as redes do limbo. Érguense sobre as ondas baixo a mirada esquiva da lúa.
Achéganse ás redes cos ollos inquedos dos olvidados. Un mar que engaiola, que
achega e separa vidas, un mar que divide o mundo. Un mar fermoso, batendo no
ventre da area. Auga brava.
Outra realidade tralo faro. Pel azul, flúe o xazmín entre as luces que bañan as
dovelas de cor. As súas babuchas vermellas, o cabelo envolvendo o mar.
Un barco baleiro se achega ao fin dos tempos, atravesa o horizonte, na orilla
énchese de area de sonos e regresa cargado para comezar de novo o mundo.
|