Itziar Urdiáin Mediero
Violoncello
![]()
Itziar
Urdiáin Mediero naceu na capital da provincia galega da Coruña, en Maio de
1986.
Foi ó
trasladarse, en 1995, a Ponteareas, cando empezou os seus estudios musicais.
Entón tiña nove anos.
A pesar
de tocar en varios concertos nos seus primeiros anos de aprendizaxe, debemos
destacar o que ofreceu no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas co gallo
do festival de fin de curso do ano 1997.
A súa
primeira profesora de violoncello foi a letona Margarita Joukova, coa que
estivo traballando ata principios do ano 2000. Despois estivo traballando con
Rosa Cedrón, e actualmente a súa profesora é Emma Urango Muelas, coa que
empezou no presente curso escolar.
A súa
primeira experiencia orquestal prodúxose co seu ingreso na "Orquesta de
Cámara do Conservatorio Reveriano Soutullo", baixo a dirección de
Ruta Pozniakova. Agora está coa Orquesta Sinfónica "Reveriano Soutullo",
dirixida por Cándido Fernández Chedas, y coa que tivo a oportunidade de actuar
en lugares como Santiago de Compostela, Vigo, Madrid, Ponteareas, Ourense,...
Participou
nun cursillo de violoncello no Conservatorio Profesional de Ourense, impartido
por D. José Enrique Bouche, do 18 ó 21 de Maio do 2000, durante o que traballou
nun concerto de J. Jordan.
Estivo tamén
nun encontro da Orquesta Sinfónica "Reveriano Soutullo" no mes de agosto do
2000.
En abril do 2001 acode ó IV Curso de Música Internacional "Manuel Quiroga" celebrado na cidade de Pontevedra, onde recibiu clases de Serguei Mesropian.
Estudia
tamén no II Curso de técnica e interpretación de corda e o I Curso de
instumentos de corda e música de cámara, impartidos ambos polo cellista Viguen
Sarkissov en Vegadeo e Badaxoz.
Actualmente
está cursando os seus estudios de 6º de Grado Medio no Conservatorio Profesional
de Música "Reveriano Soutullo" de Ponteareas.