E DURAN ..................  E DURAN .................. E DURAN ..................

 

Moitas pilas que tiramos, por crer que xa non serven, aínda están cargadas. Nunha experiencia levada a cabo por alumnos de 3º curso de Técnicas de Laboratorio, se mediu a carga que presentaban as pilas recollidas no Instituto. Sorprendentemente, case un 40% das alcalinas (LR6) presentaban unha carga superior ao 70%; do mesmo xeito, atopáronse valores significativamente altos nas salinas, nos tres tamaños (R6, R14, R20).

    Os resultados están recollidos nas gráficas seguintes:

Antes de tirar unha pila procedente dun aparato de alto consumo (magnetofones, por exemplo), débese probar se poden seguir sendo útiles para outros aparatos que necesiten unha carga menor, como radios ou lanternas. E lembra que se utilizas moitas pilas, é moito máis rentable e ecolóxico utilizar pilas recargables de Ni/Cd, que supoñen un maior gasto inicial pero poden ser utilizadas ata unhas 1000 veces.

E DURAN ..................  E DURAN .................. E DURAN ..................
Hosted by www.Geocities.ws

1