Recuperación

dos xardíns

do Instituto

Xa hai dous anos proxectamos a renovación dos xardíns do Instituto. Comenzamos polo axeitamento do xardín interior situado ao Noroeste. Este ano aproveitamos a nosa participación no proxecto "Voz Natura" para iniciar a recuperación do xardín principal situado na fachada. A aportación económica deste proxecto, 125.000 ptas serviunos para mercar, fundamentalmente, ferramentas, terra vexetal e plantas. Esta recuperación, na súa primeira fase, consistiu en talar aquelas especies de arbustos e árbores que se atopaban en mal estado, como ocorría na maior parte dos rosais e das tuias. Ademais, recuperáronse especies de arbustos realizando transplantes, podas e tratamentos fitosanitarios. Iniciamos unha sustitución de árbores de folla perenne non moi axeitados á zona (tuias, camecíparis, etc) por outros caducifolios e cun maior colorido (maceiras e cerdeiras de flor, magnolias) ademais de plantar arbustos de flor como rododendros, camelias, azaleas, leptospermun ou brezo. Por outra parte, plantáronse bidueiros e freixos na explanada situada diante, xunto aos campos de deporte, co fin de crear unha nova zona de recreo. Esperamos que siga medrando nos vindeiros anos. Ao realizar estes labores, atopámonos coa dificultade de traballar uns terreos que levaban moitos anos sen remover e nalgunas zonas formados por rocas arxilosas polo que é necesario empregar maquinaria máis pesada da que dispoñemos. No xardín interior, ademais de plantar novos exemplares de fentos, montamos un leito onde as lombrigas transforman materiais de desfeito, procedentes do xardín e máis da cafeteria, en "compost". Deste proceso se fala noutra sección da revista.

Hosted by www.Geocities.ws

1