O Instituto

 

Solucións

A cousa máís encantadora

que poidas no mundo achar

é, sen dúbida ningunha,

o Instituto Concepción Arenal.

O seus floridos xardíns

teñen un título gañado:

son os que máis merda teñen

por centímetro cuadrado.

A xente fuma dentro do instituto

sen ningunha consideración

a aqueles que non queremos morrer

de fulminante cancro de pulmón.

As fiestras, deste gran instituto

son as únicas de tódaa comarca

utilizadas como papeleira

porque as antes citadas faltan.

O máis entrañable de todo,

con notable diferencia,

é o encanto dos alumnos

con esa elevada deferencia,

esa corrección nos modais

que provoca sen vacilación

que traten con tan grande aprecio

ao instituto do seu corazón.

E, gracias a todos nós,

o Masculino converteuse,

sen posible competidor,

no instituto máis porco

da mancomunidade de Ferrol.

O mundo está feito un noxo

e todos, en realidade, o sabemos,

pero é moito máis fácil pechar os ollos

 e finxir que non o vemos

¿Impórtanos realmente o mar?

témolo feito unha cloaca,

sen pensar que os nosos netos

chorarán a berros a súa falta.

¿Poderán pescar nun río

ou terán que ir a unha enciclopedia

a ver fotos dun peixe

que hai anos que o río non leva?

Os nenos seguen morrendo de fame,

¿Como lles imos explicar

Que as súas bocas famentas

nunca poderemos saciar?

Sigamos co noso consumismo

pechemos os ollos á realidade,

¿que importa o que pasa frío?

¿que importan o que pasa fame?

Só nós podemos arranxar

este mundo aloucado

que xira e xira sen parar

e non nos leva a ningún lado.

Só nós podemos repoboar

os bosques que onte morreron s

ó nós podemos encher

os ríos que esmoreceron.

 
	
Versos en verde

								de Elena Montero
 
Hosted by www.Geocities.ws

1