TALLER DE MEDIOAMBIENTE

Actividades 97-98

Neste curso, o Taller está formado por 47 alumnos, dos que 21 corresponden a cursos da ESO, outros 21 son de 1º de BUP, e o resto pertenecen a 3º e COU. Destaca a presencia de xente máis nova que pode servir de canteira para o desenvolvemento de actividades de Medioambiente nos vindeiros cursos. Debido á participación do Taller no proxecto "Voz Natura", a maior parte do tempo estivemos ocupados coas labouras de xardinería. ademais, fixemos a montaxe de dúas exposicións, unha adicada a Voz Natura e outra sobre cunchas galegas. Por último, realizamos unha excursión á Coruña onde visitamos a Casa das Ciencias / Casa do Home e paticipamos na actividade final de Voz Natura, nun parque nas immediacións da Coruña.

Esta gaceta está editada e confeccionada integramente polo Taller de Medioambiente "O Galileo Verde" 97/98 do I.B. "Concepción Arenal" de Ferrol. / Revisión do galego: MªLuisa Rodríguez Sánchez

Somos:Rafael Argüelles García,Irene Fernández López, Laura Fernández Rego, Raúl Bastida Bouza, Roberto Amado Pazos, Javier Hermida LLanos, Iria Dopico Lugrís, Jacobo Pérz Castiñeiras, Xulio Dobarro,Juan Pedro Barbadillo Echevarría, Ana Lamas Villar, Araceli Montes Prieto,, Javier Seoane Fernández, Juan Manuel Sánchez Macia, Laura López Rey, Paula Talavero González, Raquel Suárez Rodríguez,, Carlos Alonso Cid, David Permuy Bustabad, Javier Montero Manso, Javier Novo Rodríguez, Ana Mª Mira López, David Rico Pereira,Irene Santamarina Piñon, Lucía Regueira Martínez, Pedro Angel Rodríguez Varela, Carlos Teijeiro Barjas, David Suárez Traba, Enrique Valencia Montero, Inés Sevilla Santiago, Iván Vázquez Pajomov, José Manuel Suárez Rodríguez, José Vázquez Gentil, Mª Mercedes Varela Alonso, Mónica Veiga Gómez, Roberto Soto Santiago, Teresa Sellero Hernández, Xosé Alfonso Vilariño Candal, Elena Montero, Lidia López Serra, Paula López Serra, Paula Pita García,Donalbai García González., e máis, Antonio Fernández Barros, Francisco Gallego Fouz, MªJosé Leira Ambrós.

Proxecto "COASTWATCH"

Como xa ocurrera o ano pasado, participamos no proxecto Coastwatch. O 5 de Novembro fixemos a inspección do estado no que se atopa o tramo de costa que abarca dende a Punta de S.Xurxo ata Punta Cela, que inclúe as praias de S.Xurxo, Esmelle, a Fragata, o Vilar e Covas. Participaron 50 alumnos distribuidos en 5 grupos, percorrendo cada un 1 km, aproximadamente. Tamén outro grupo do Instituto inspeccionou a zona de Sta Comba. No rexistro realizado non se atoparon grandes diferencias co ano anterior no que se refire á flora e fauna; sen embargo, a cantidade de lixo presente foi moito menor, posiblemente debido a que por aquelas datas tivo lugar o desprendemento do vertedeiro de bens. De tódolos xeitos segue chamando a atención a presencia de gran número de vertedeiros incontrolados.

Hosted by www.Geocities.ws

1