|
UNHA PLANTA DE COMPOSTAXE CON LOMBRIGAS |
|
|
|
Paula
Pita García
Este curso, como moitos de vós xa notariades, instalouse no xardín interior unha zona na que se están a botar: ovos, cartón, restos de café, herba,... Aínda que non o pareza, é unha pequena planta de compostaxe. Alí unhas lombrigas, chamadas "lombrigas vermellas de California", transforman a materia orgánica en descomposición, en "vermicompost". Pero, imos ir por partes. |
| ¥
¿Que é o "compost"?
A palabra compost provén do latín «componere», que significa xuntar. A técnica da compostaxe atribúese ao inglés Albert Howard, que a utilizou a gran escala na India durante a primeira metade deste século. Non é máis que unha imitación do proceso que se desenvolve continuamente no chan dos nosos bosques. Polo tanto o compost é a reunión dun conxunto de restos orgánicos que sofre un proceso de fermentación e orixina un producto de cor marrón escura, con olor a humus. Non é propiamente un abono senón un producto, hixiénico, que mellora as condicións físicas (capacidade de retención da auga, porosidade, aireación, ...) e bioquímicas do solo (elementos minerais e soporte da flora microbiana). Utilízase como un rexenerador orgánico do solo. Dende sempre a terra foi fermentada con restos orgánicos, pero nas últimas décadas proliferou o uso de abonos químicos e estase comprobando que non dan o resultado que era esperado. Estes abonos están facendo desaparecer a materia orgánica da terra que é moi necesaria. E mentres tanto, miles de toneladas de residuos orgánicos van contaminar o entorno. Por iso é preciso reutilizar esta materia, converténdoa en compost. |
|
| ¥
O proceso de compostaxe
A separación da materia orgánica do resto do lixo pode facerse antes ou despois do proceso de fermentación.
|
|
| ¥
A fermentación
Os procesos de fermentación poden ser de dous tipos: os realizados ao aire libre (lentos) e os realizados en cámaras cerradas (acelerados). Son preferibles os métodos estáticos en montóns fronte aos acelerados xa que produce unha mellor calidade de compost e menores custes. Tamén existe a fermentación de lixo mesturado con lodos de depuradoras, producto rico en nitróxeno e capaz de dar un bo abono. Na descomposición natural da terra interveveñen as lombrigas, que contribúen a liberar os elementos esenciais e poñelos de novo a disposición das plantas. Cavando as galerías, mesturan a terra mineral coa orgánica e, despois de pasar polo seu intestino, devolvéndoa á superficie. As lombrigas cumpren tres funcións principalmente: • Metabólica: Degradan restos vexetais liberando: N, P,Ca, Mg,..., enriquecendo o solo. • Mecánica: Airean a terra. Mesturan materia mineral e a materia orgánica, sacada de restos vexetais, e despois a fan pasar polo seu intestino. • Biótica: Estimulan a microflora do solo e o número de microorganismos gracias ás dúas actividades anteriores. |
Na olvidada planta de Mougá (Ferrol), producíase o compost (sen madurar) en 24 h, mediante un proceso de fermentación acelerada (Método DANO)
Características da "Eisenia Foetida" que é a lombriga máis común das utilizadas para facer "compost".
|
| ¥
As lombrigas
Algunhas especies de lombrigas son idóneas para o tratamento de lixos. Son coñecidas co nome xenérico de «lombriga vermella de california» (as que temos no xardín). Estase estudiando o comportamento das especies autóctonas nun leito de residuos. En condicións idóneas, unha lombriga pode comer nun día unha cantidade igual ao seu peso. Pero o máis importante é que excreta un «esterco» de alta calidade como fertilizante e mellorante das terras. Non precisa ningún tratamento posterior. A súa calidade depende do alimento dado á lombriga: non é o mesmo que coma esterco de coello que os lodos dunha depuradora. A producción de compost con lombrigas ("vermicompost") non está aínda moi estudiado, pero calquera método que axude a proporcionar materia orgánica á terra é digno de ter en conta. |
|