BENVIDO AS FESTAS DA GUADALUPE

    Outra volta as Festas da Guadalupe veñen ser tempo de diversión para a xuntanaza común e ledicia colectiba. Aquí de novo, estes días máxicos de setembro son reto senlleiro que pon a proba a hospitalidade ben recoñecida dos rianxeiros e rianxeiras quen, un ano máis, farán gala e presencia de ánimo para dar grata acollida a aqueles visitantes que teñan feliz idea de achegarse a Rianxo.

   A música e a grata compaña, as comidas familiares e as sesións vermouths, os cochitos dos nenos e o estoupido das bombas de palenque... todo o entramado festeiro está a piques de inicia-la súa andaina. É preciso pois aparella-lo ánimo e prepara-lo corpo para a sana troula e o merecido descanso, decididos a vivir cada instante desta Festa coa paixón, e tamén coa harmonía, que se merece.

   Rianxo, nestes días máxicos, lembra tamén ós amigos e veciños ausentes. Nestas datas, nas que as familias cobran unha dimensión fundamental, pois adoitan moitas delas reunirse despois de longos periodos de separación, os rianxeiros que se atopan lonxe están ben presentes na nosa memoria, desexando que o vindeiro ano sexa aquel do reecontro.

   En fin, as Festas da Guadalupe están aquí e, co desexo de que incluso o tempo harmonice con esta convocatoria de ledicia e diversión, animo a tódolos rianxeiros e rianxeiras a que, un ano máis, disfruten a esgalla, amosen a fermosura da súa vila e deixen sutantiva lembranza na súa memoria colectiva de tan esperados días, só superados, se Dios o quere, pola Guadalupe do vindeiro ano.

Comisión de Festas de Guadalupe

   Chegadas son as Festas de Guadalupe e, con elas, o tempo da diversión, da familia, dos amigos, do Rianxo engalanado e galano.

   A Comisión de Festas, como outros anos, esforzouse todo o que puído por acada-la mellor oferta lúcida posible, e esto tendo en conta que cada vez máis síntese esa funesta crise que non da desaparecido. Quizás por esto o mérito dos rianxeiros e rianxeiras, que nunha inmensa maioría apoiaron e apoian ás Festas, é doblemente maior e, polo tanto, doblemente de agradecer.

   Asemade, a sona e dimensión desta celebración, das máis importantes de Galicia, permintíunos acada-la súa declaración como Festa de Interese Turístico e Cultural na Comunidade Autonómica; e o concello está a realiza-las xestións oportunas para ver de que sexa recoñecida de Interese Turístico Nacional dende o Goberno do Estado.

   En difinitiva, os días da Festa están xa aquí un ano máis, e a Comisión quere desexar a tódolos rianxeiros e rianxeiras, así como a tódolos visitantes que nos honran coa súa presencia, que pasen unhas xornadas agradables e cheas de ledicia. Quere tamén mandar un agarimoso saúdo a tódolos amigos e amigas, veciños e veciñas que, contra o seu desexo, non poden estar presentes en Rianxo, ainda que, sabémolo ben, celebran tamén a Guadalupe alá onde se atopan.

¡¡¡Saúde e felicidade a todos!!!

 

Diseñada e creada por vaRon® ( [email protected]  )

Guadalupe 2001©

Hosted by www.Geocities.ws

1