O SOL DA FELIZ PRIMAVEIRA

(Alborada)

 

Rompe o dia feiticeiro

E o ventiño brincadeiro

Funga xá no piñeiral.

 

Os catores

Reiseñores

Cantan ledos pólo val.

 

As fontiñas e regueiros

Marmurando mainos van,

Non hai néboa nos outeiros

Nin nas corgas, nin no chan.

 

Xá o orballo centilea

Nas folliñas da herba mol:

¡Ou, rapaces, vinde logo!

Vinde a ver nacer o sol.

 

¡ Ou rapaces, vinde logo!

Que xa nace como fogo,

Que xá brila e alumea

Com moi viva craridá...

 

¡Ou, rapaces desta aldea!

Vinde o ver que naceu xá.

 

Cantemos, cantemos todos

Cantigas da nosa terra:

O sol da verde Galicia

Moita fartura alumea.

 

Xá dá o sol na frondente ladeira

Onde están os pomares em frol.

 

¡Ai! O sol da feliz primaveira,

¡qué prácido sol!

 

O sol da nosa aldeã

Bendito sea

Que cubre os ceos de azul color,

e-henche corgas e vales e montes

e regueiros e regos e fontes

de ventura, de vida e-amor.

 

Letra: M. Lago González/Arz. de Santiago

Música: J. Torres Creo

 

Volver al inicio de la página Ferrolanadas

Hosted by www.Geocities.ws

1