LONXE DA TERRIÑA
Lonxe da terriña ,
lonxe do meu lar,
qué morriña teño,
qué angustias me dan.
Non che nego a bonitura
ceiño desta terriña,
ceiño de terra allea,
quen che me dera na miña.
Ai meu a-la-la,
cando te oiréi?
Chousas e searas,
cando vos veréi?
Son as rosas destes campos
olentes e bonitiñas.
¡A! quen aló che me dera,
anque deitado en ortigas!
Lonxe da terriña,
qué angustias me dan,
os que vais pra ela
con vos me levai.
Letra: A.J. Pereira
Música:Juan Montes
Armon. B. del Río