HIMNO GALEGO


Que din os rumososos
Na costa verdecente
O raio trasparente
Do prácido luar.
Que dín as altas copas
De escuro arume arpado
Co seu ben compasado
Monótono fungar.
Do teu verdor cinguido
E de benignos astro
Confín dos verdes castro
E valeiroso chan
Non des a esquencemento
Da inxuria o rudo encono
Desperta do teu sono
Fogar de Breogan.
Os bós e xenerosos
A nosa voz entenden
E con arroubo atenden
A nos rouco son
Mais soo os iñorante
E féridos e duros,
Imbéciles, escuros
Non os entenden, non.
Os tempos son chegados
Dos bardos das edades
Que as vosas vaguedades
Cumprido fin terán
Pois donde quer xigante
A nosa voz pregoa
A redenzón da boa
Nazón de Breogán.
Teus fillos vagorosos
En que honor soo late
A intrépido combate
Dispondo a peito van.
Sé por ti mesma libre
De indigna sevidume
E de oprobioso alcume
Rexión de Breogán.
A nobre Lusitania
Os brazos tende amigos
Os eidos ben antigos
Con un punxente afán
E cumpre as vaguedades
Dos teus soantes pinos
Dusn máxicos destinos
Oh grei de Breogán
Amor da terra verda
Da verde terra nosa
Acende a raza briosa
De Ousinde e de Froxan
Que aló nos seus garridos
Xustillos, mal constreitos
Os doce e albos peitos
Das fillas de Breogan.
Que a nobre prole insinen
Fortísimos acentos
Non molidos concentos
Que a virxes so ben están
Mais os robustos ecos
Que oh Patria, ben recordas
Das sonorosas cordas
Das arpas de Breogán.
Estima non se alcanza
Cun vil xemido brando
Calquer requer rogando
Con voz que esquecerán
Mais cun rumor xigante
Subrime e parecido
Ao intrépido sonido
Das armas de Breogán.
Galegos sede fortes
Pronto a grandes feitos
Aparellade os peitos
A glorioso afán
Dillos dos nobres celtas
Fortes e peregrinos
Luitade polos destino
Dos eidos de Breogán.
Letra: Eduardo Pondal
Música: Pascual Veiga

 

Volver al inicio de la página Ferrolanadas

Hosted by www.Geocities.ws

1