HIMNO A ROSALIA CASTRO

 

 

Nosa virxen do consolo.

Rosalía, doce nai.

ao redor da tua imaxen

os teus filliños están.

Tranche nas almas acesas

a dozura de un amor

nas mans. as rosas a feixes

nos beizos unha oración.

Como nun berce de frores

veñen pár no teu altar,

o amor a sua santiña,

o amor ao galego chan.

Dalles en pago u~ha folla

da máis milagreira fror,

da rosiña de cen follas

que tiñas no corazón.

 

Letra: Ramón Cabanillas

Música: Manuel Valverde

 

Volver al inicio de la página Ferrolanadas

Hosted by www.Geocities.ws

1