0 m¿QUEN É PEOR?

 

Vista a Marea Negra que azota todo o país  pola neglixencia do noso Goberno “amigo”, ¿quen é peor? ¿Fraga, Presidente da Xanta de Galicia, por ir de caza cando o petroleiro afunde e aparecer ós oito días do sinistro? ¿o Presidente Aznar por negar sistematicamente o que todos vemos? ¿o Vicepresidente Rajoy por facer un exercicio de demagoxia de taberna minimizando o alcance dunha Marea Negra que el denomina “verquido” e que afecta a toda a Beira Atlántica? ¿O Ministro de Medio Ambiente, Jaume Matas, por falar dun verquido e ós dous días, vendo por fin o que todos viamos antes, cambiar de descurso e falar da maior catástrofe da Historia, ademais do cal ameaza con que o Goberno seguirá actuando como ata agora? ¿López Veiga, Conselleiro de Pesca, por te-lo descurso de Matas en versión galega e logo de minimiza-lo alcance do desastre advertirnos para o peor cando xa o tiñamos encima? ¿Federico Trillo, Ministro de Defensa, por primeiro querer xogar ós avionciños co barco naufraxiado e logo por non mandar ó Exército a limpa-las costas afectadas? ¿o Ministro de Agricultura e Pesca, Arias Cañete, por dicir que o verquido estivo sempre baixo control e que non afecta á pesca? ¿Loyola de Palacio, Vicepresidenta da Comisión Europea e exministra deste Goberno, polas súas “afortunadas” declaracións? ¿o Conselleiro de Medio Ambiente, Carlos del Álamo, polo seu descurso demagóxico e contradictorio? ¿El-Rei por vir de “papaostias” alabando a actuación do Goberno na catástrofe e censurando á oposición? ¿o Delegado do Goberno en Galiza, Arsenio Fernández de Mesa, pola súa ineptitude e gomina?

 

Vendo este desolador panorama, que é o dos nosos gobernantes, podemos facer rapidamente tres observacións:

 

-         se esto nolo fai un Goberno “amigo”, ¿qué nos fará un Goberno “inimigo”?

-          a pesares deste espectáculo dantesco, de tres semanas de bochorno e dun país arrasado NON DIMITIU NADIE!!!!

-         ¿non era mellor, como aconsellaban os técnicos, meter o barco siniestrado nunha ría, nun porto, para descargalo en vez de pasealo no medio dun temporal para rematar por contaminar todo o país? Recordemos que o Porto da Coruña ten terminal de petroleiros. Era preferible sacrificar unha ría a todo o país, a non ser que o Goberno tivese algún interese oculto coa Marea Negra (¿tal vez a estocada definitiva a Galiza, rematando co marisqueo,.tras desmantelar a agricultura, a gandeiría e a pesca?).

 

 

 

AZNAR E FRAGA, XENOCIDAS, DIMITIDE

Este fue el primer colaborador en escribir en la pagina, y ahora vuelve a la carga. Gracias Enrique

Hosted by www.Geocities.ws

1