| Pensamentos dun dia triste |
|
Como me pasa moitas veces hoxe e un día triste e apagado para min e unha vez mais preguntome o porque. É difícil explicar o que é a felicidade pero cando nos falta as súas consecuencias fanse patentes. Intento razoar sobre a finalidade pola cal eu hoxe estou aquí escribindo isto. Non dou sacado mais conclusión que a de que o mundo estase a destruir a si mesmo. O ser humano non naceu coa meta de ser un traballador productivo desta sociedade. A razón pola que cada persoa está aquí é algo que deberá descubrir cada un. Quizais a vida sexa a búsqueda desa resposta. Lamentablemente a especie humana evolocionou o suficiente como para non ter unicamente a necesidade de alimentarse e reproducirse. A persoa humana o longo da súa existencia plantexase outras metas que desembocan en novas necesidades. Para satisfacer esas necesidades as persoas organizaronse en complexas sociedades nas que cada un desenrola un papel que debe cumprir para gozar de éxito e polo tanto ver cumpridas esas necesidades. Ser un membro productivo da sociedade non é mais que un camiño para lograr satisfacer as nosas metas, e decir, traballamos para vivir, non vivimos para traballar. O ser humano corrempeuse de tal forma que perdeu a conciencia de cales son as súas verdadeiras metas. Se os cartos e os bens materiais debían ser unha vía pola que alcanzala felicidade, a ansia de lograr eses bens materiais acabou ocupando a maior parte das preocupacions do ser humano. Os medios para conseguilas metas, acabaronse convertindo en metas. A obsesión por acaparalo máximo fíxose tal, que desembocou nunha feroz competencia entre as persoas por satisfacer os seus intereses. Así mesmo esta competencia fixo que cada persoa intentara ter ventaxa sobre os seus inimigos. Esto é, que cada persoa persigue ser o mais poderoso posible ante o resto da xente para asegurarse a superioridade. Outra vez se repite o de que as vías para lograr unha meta, acaban convertindose en metas. O poder, que é unha vía para satisfacer os intereses persoais, convirtese nun interes mais. A persoa de hoxe persigue ante todo o poder. Os bens materiais non son mais que unha expresión de poder ante os demais. Unha ostentación da capacidade dunha persoa para controlar ós seus inferiores. O poder buscase a calquera precio. E un xogo sen reglas, xa que as reglas ponas o que mais poder ten, o ganador do xogo. Cada vez olvidasenos mais que a vida non é unha competición e que a demais xente non son os rivais. O resto da xente non conspira contra nós, e se conspira contra nós, non é por outra causa que a de que tamén pensa que nós conspiramos contra eles. Para lograr unha meta non é necesario destruilos obstáculos do camiño, se non sortealos con estilo. Se queres ganar unha carreira, non intentes que os demais corran menos, corre ti mais. Esta brutal deshumanizacion do xénero humano é a causa de tódolos males do mundo. Este materialismo e estas ansias de poder son as causantes das diferencias entre culturas que tanto dano fan o noso planeta. O capitalismo é un método eficaz de obtención de beneficios materiais, e polo tanto, un método eficaz de olvidarnos de porque estamos aquí. O sistema de mercado é un autoengano co que obtemos os beneficios que nos roubamos a nos mesmos. Buscamola riqueza a base de crear novas necesidades que non necesitamos e acabamos caendo na nosa propia trampa. A relixión deixou de ser un medio para a realizacion como persoas para ser un método de control de masas. A política en vez de ser unha forma de garantila libertade, pasou a ser un soporte o capitalismo extremo que nos debora como seres humanos e se extende polo mundo como un cáncer mediante a globalización. Gustariame que algún día se poidera decir que a maioría da xente é consciente deste problema, que é a causa de todolos problemas. A resposta á pregunta de que si a xente é consciente disto tela no número de persoas que se molestaron en leer ata aquí.
|