Feliz Falsedad
 

Xa esta aquí o nadal.
Unhas datas verdadeiramente entrañables. As familias que durante todo o ano estan separadas, xuntanse nestas festas nunha atmosfera de felicidade e boas intencións.
Os nenos rebosantes de ilusión apenas logran pegar ollo á espera de que unha mañá, atopen nas súas casas ese xoguete que tanto desexaban e que un máxico persoaxe lles regala por ser bos.
¿Acaso non é maravilloso? Os dias mais fríos do ano son contrarestados polo calor human das persoas rebosantes de alegría.
Que sería das nosas vidas sen a navidade. Embárgame a felicidade con cada SMS que recibo desexándome bo nadal. Está ben que se acorden de un, si señor, e con todo o meu agradecemento devolvo os quince SMS que me mandaron desexando tamén a maior das alegrías.
A miña avoa sae ó mercado a mercala cea de noiteboa e atópase con que os prezos estan polas nubes, pero que mais da, estamos en navidades e un día e un día!
Non pode faltar en noiteboa o marisco, nin por suposto o turrón, nin os polvoróns, nin a gula do norte, nin o caba... debe ser que co frío do inverno entranos mais fame.
Miña avoa chega a casa cargada de bolsas e coa mellor das intencións disponse a pasar toda a tarde preparando a cea.
Mentras tanto os nenos xogan pola casa disfrutando das súas vacacións. Pasan o tempo montando a nova árbore de plástico que acaban de mercarlles os pais no Corte Inglés. Despois montaran tamen o belén de figuras de porcelana cortesía tamén do Corte Inglés e cando acaben ainda poderan pasar o tempo en decorar con luces a casa, colocar as figuriñas de papa noel, os calcetíns na chimenea...
A medida que pasa o tempo comezan a chegar a casa todolos membros da familia e sentanse a mesa para cear nunha mesa repleta de bandexas con comida que ao final da cea terminará en gran parte no cubo da basura.
Ó dia seguinte os nenos recibirán os regalos de papa noel que fai anos non se dignaba a repartir regalos por estas terras pero que gracias a televisión e a Coca Cola agora si que ven.
Como se lle pode negar unha ilusión a un neno. Como negarlle o dereito a ter ese Scalextrix de 90 euros que será a envexa dos seus amigos e que acabará acumulando polvo nunha caixa pasadas unhas semanas.
E como negarlle esa consola de 250 euros que tantas horas de atontamento lle vai proporcionar con cada xogo de 60 euros que lle van regalar. Verdadeiramente son unhas datas entrañables.
Despois chega o ano novo e como debe ser, volvo mandar os quince SMS desexando bo ano a todo o mundo o mesmo tempo que recibo outros quince.
Disfruto dunha espectacular noite de ano novo lucindo o meu traxe de 100 euros que comprei para a ocasión e pillo a borracheira do ano a base de garrafón. É probable que vomite a cea de noite vella de marisco carísimo,pero non pasara nada porque estamos no nadal.
Dende logo os 60 euros da entrada son unha boa inversión a cambio dunha boa resaca ó día seguinte.
E unha vez mais as tendas abren as suas portas invitando a difrutala navidade. Os escaparates énchense de todo tipo de productos que a televisión se esmera en anunciar.
Perfumes, xoguetes, discos, xoias e demais agardan impacientes a que unha masa de xente contaxiada pola navidade os merque.
Os nenos que fai uns días recibiron os regalos de papa noel xa estan coa vista posta nos reis magos. Escriben con esmero a carta cos regalos que queren para logo entregarlla a un fulano cunha barba postiza e unha coroa de plástico. Que mais da o que custe os regalos, total, os reis magos podeno todo. O importante é a ilusion do neno, é o que nos dia a tele.
Os centros comerciais estan a rebosar de xente cargada de bolsas. As canción de nadal soan en todos os lados e podense atopar papa noeis e reis magos en cada esquina.
Acaso non son unhas datas entrañables?
Non olvidedes nunca que nestes dias hai que ser xeneroso asique a derrochar!
Bo nadal do "Corte Ingles © " a todo o mundo!!


 

Espacio patrocinado por:

.


 

 

Hosted by www.Geocities.ws

1