| A maxia da vida |
|
Calquera persoa que me coñeza un mínimo sabe de sobra que a maxia é unha das miñas grandes paixóns. A arte da maxia como o seu nome indica é unha arte e non unha mera forma de entretemento. É a habilidade de facer que unha persoa cuestione a súa propia razón. A finalidade da maxia é que a persoa contemple fenomenos que contradigan a sua propia lóxica. A persoa que vive a experiencia máxica sucumbe ante a innegable veracidade de feitos que a razón di que son imposibles. Durante a experiencia, a persoa sinte que non o sabe todo, que non todo é o que a razón impón, quizais exista algo mais. Este sentimento de asombro ante algo imposible vai unido a propia natureza humana e á propia vida. O ser humano é consciente dos seus sentimentos e emocións e sabe que non e unha simple máquina biolóxica. A diferencia entre unha máquina tan complexa que sexa capaz de actuar exactamente igual ca un ser humano e o propio ser humano, e que o ser humano é un ser vivo. Non unha mera máquina composta de músculos e órganos. Ten algo mais. Algo que non se poderá explicar nunca mediante razón. Ese algo habita dentro de nós e se faltase, seriamos seres frios e mortos. As persoas tenden cada vez mais a creer que o saben todo e que existe unha explicación científica para calquera fenómeno. Xa non teñen cabida os vellos mitos de trasnos e fadas. Xa nadie cree que o universo se fixo en sete días. A humanidade síntese o ser mais poderoso e nada escapa o seu control. A idea de Deus e tan absurda como a dos espiritos e as pantasmas. Os seres mitolóxicos e os heroes que salvan o mundo son demasiado ridículos para calquera persoa con dous dedos de frente. E seguindo cos dous dedos de frente, ¿como se pode chegar a creer que tres reis magos reparten xoguetes a todo o mundo nunha soa noite? A infancia é a época mais doce da vida precisamente porque non se teñen "dous dedos de frente". Que bonito era cando cada día soñabas que de maior ias a ser astronauta ou que ias a salvalo mundo. ¿Acaso non era maravilloso ter cada día esa ilusión? Benvida sexa a inocencia aínda que non nos leve demasiado lonxe. A realidade é que se todos fósemos tan ilusos iamos a ter moitos problemas porque sempre hai xente que se aprobeitaria de nós. Cantas veces pensamos que esa rapaza que tanto amamos volverá algún día e todo será perfecto. O inevitable final é que nos damos conta de que a rapaza nunca volverá e lamentaremonos de haber sido tan inocentes. A fría realidade imponse sempre! A inocencia fainos sufrir e ao mesmo tempo fainos soñar. Unha persoa que sofre é unha persoa que sinte. O sufrimento é un sentimento que delata o humanos que somos. Non é de tontos ilusionarse cun imposible, é de humanos. Cada vez que caemos na trampa da inocencia e cremos que as cousas son como desexamos que sexan, autoenganandonos, estamos condeados a que chegue un día no que nos demos conta de todo e sintamonos parvos. Se houbesemos actuado con mais intelixencia todo haberia sido mellor. A intelixencia acaba por volverse sinónimo de frialdade e de prevalencia da lóxica por enriba dos sentimentos. Se todos fosemos intelixentes non nos levariamos chascos. Teriamos unha vida sen sobresaltos na que nunca ocorrese nada que non estuvese dentro da lóxica e do sentido común. Seríamos seres tan sumamente fríos e deshumanizados que apenas sentiríamos nada. Os sentimento nunca entran dentro da lóxica. Os sentimentos hacia unha persoa non poden estar condicionados a intereses propios. Non podemos querer a unha persoa so porque nos coveña, estariamos sendo falsos. Se fósemos intelixentes non terían cabida nas nosas vidas cousas como o amor ou a amizade. Non sufriríamos pero tampouco sentiríamos nada bon, estariamos mortos. Para ser feliz hai que sentir e eso implica sufrir. Se queremos sentirnos vivos temos que abandoar o sentido común como a guía que rixe a nosa vida. A inocencia que tanto despreciamos e en realidade a esencia da propia vida. Vale a pena arriscarse a pasalo mal para lograr algo que nos encha de verdade. A amizade ou o amor son apostas moi arriscadas que nos poden levar a perdición pero merece a pena arriscarse e vivilas. Non podemos creer que o sabemos todo porque senon non tería sentido algún continuar vivindo. Cada vez que fago un xogo de maxia a alguén busco que esa persoa vexa como se rompe a lóxica. Que por un momento aparte de diante eses dous dedos de frente e volva a sentirse como un neno que ve como ocorren cousas que solo estaban nas súas fantasias. Lograr que a persoa teña esta experiencia é a meta de todo mago que entenda a maxia como unha arte. Creedeme que vale a pena sentirse neno de vez en cando. A medida que medramos e "maduramos" vamos morrendo asta que chega o final... Vivamos unha vez mais por favor! |