| Stephen Hawking | |
| Seguramente algunha vez oistes falar do famoso científico da silla de rodas. Stephen Hawking é considerado como o físico mais brilante do século XX despois de Albert Einstein. As súas ideas acerca dos buratos negros e a formación do universo revolucionaron o campo da física teórica. Ainda que as súas teorías son demasiado complexas para que eu as dea explicado, en xeral orientanse a explicala natureza do tempo e do espacio tendendo sempre a buscar unha teoria unificada que o explique todo. Na actualidade dispoñemos de teorías que explican os fenómenos a gran escala, como a relatividade de Eintein, e teorías que explican fenomenos a moi pequena escala como a cuantica. Estas teorias teñen conflictos entre elas e a teoría unificada na que Hawking traballa ten que ser valida en calquera contexto.
|
|
|
| Stephen Hawking tamen debate sobre a existencia de Deus, e dicir, se é necesaria a figura dun creador para explicala a existencia do universo. Se vos interesa o tema recomendovos o seu libro “Historia do tempo” do que actualmente se publicou unha versión ilustrada bastante menos complexa de entender. |