cabecera de cospesnaterra

INICIO
COIRO
PIROGRABADO
OBRADOIRO
ESTIVEMOS EN
IMOS ESTAR
LIGAZONS

 

METODOLOXIA E TECNICAS DE TRABALLO

Partindo dunha pel de poldro curtida, o primeiro paso é escoller a cor co que queremos traballar. A primeira opción é deixar a pel co seu ton natural, de forma que co uso e o paso do tempo irá collendo a súa cor característica.

TINXIDO:

A segunda opción é escoller unha cor e tinxir a peza. Existen tinxiduras á auga e ao alcol e diversidade de cores. Nós empregamos tinxidura ao alcol en tons nogueira, carballo e caoba.

Para tinxir con alcol hai que mesturar a anilina ( produto en po) con alcol metílico, ata obter a cor desexada. A continuación coamos a mestura a través dunha gasa a un frasco con peche hermético para que se conserve.
A continuación tinxiremos, por inmersión, ou aplicando a tinxidura cunha bonequiña sobre a peza que desexamos tinxir.

DESEÑO:

Unha vez que a pel ten o ton co que desexamos traballar, o seguinte paso é o deseño da peza.

Realizámolo en cartulina ou cartón, dando forma ao proxecto que queremos facer: bolsos, carteiras, colares, ... e marcando de forma milimétrica os puntos de costura no patrón de forma que coincidan en todas as pezas que formasen o proxecto final.
A plantilla non a utilizamos só de guía para cortar, senón tamén para comprobar a viabilidade do deseño na práctica, así como para corrixir posibles erros do mesmo antes de traballar directamente co coiro.

Unha vez realizada a plantilla marcarémola no coiro, axudándonos dun buril de punta fina, e dispondo os cadros o máis preto posible para aproveitar a pel; o gran de todas as pezas ha de ir sempre na mesma dirección.

CORTE:

O corte realizarase cunha tesoiras ou coitela ben afiadas.

PERFORADO:

Para o perforado utilizamos o sacabocados, xirando o aro rotatorio ata que o tamaño electo queda enfrontado ao disco, entón, unha vez centrado sobre a marca efectuada no coiro apertamos os mangos da ferramenta realizando un corte limpo.
Así mesmo empregamos a punta de espada para perforar cando o cosido se realiza con fío encerado.

COSTURA ou unión das pezas de coiro:

Para traballar con cordón de coiro córtase un círculo na pel e se bordea coas tesoiras, de maneira que se realiza cordón do grosor que escollamos aproveitando a pel ao máximo.
O cosido tamén o realizamos con fío encerado de dous, tres e catro cabos, cor marrón, laranxa e multicolor; empregando para iso agullas de gornicioneira do grosor adecuado ao coiro e ao fío.
Os cosidos que realizamos son moi variados: punto a cabalo, punto español, costura redondeada, espigas, trenzados, ...

DECORACIÓN:

Unha forma decorativa é o tinxido da pel, explicada anteriormente.
A través de cosidos que realizan debuxos, embellecemos as pezas.
Tamén engastallamos cunchas ou cristais aos nosos traballos, mediante o pegado con cola de contacto e posterior reforzo cun cosido. Agora estamos a innovar engastallando cobre esmaltado, adquirido da compra a uns artesáns da nosa comunidade.
O gravado de debuxos é a outra técnica decorativa que empregamos; técnica que consiste en crear unha impresión na superficie do coiro. En papel vexetal, calcamos o motivo que desexamos gravar na nosa peza. Despois humedecemos a pel e suxeitando o papel vexetal repasamos as liñas cun buril, deixándoas sinaladas na superficie da pel, nos cercioramos de que todas as liñas foron trasferidas e a continuación, retirando o papel vexetal, traballamos sobre esas liñas dando forma e profundidade a ese detalle que queremos gravar.

[email protected]

Hosted by www.Geocities.ws

1