The german zeppelin hindenburg  came to o Páramo in 1936 , the hindenburg was the most famous zeppelin on the earth  , the disaster of  the hindenburg was in New Jersey  in 1937  , only one year later of coming to our  country .                                        O zeppelin alemán Hindenburg atravesou o Páramo ,no ano 1936 , ardería en chamas na cidade de Nova Jersey tan só un ano máis tarde .Solo era comparable o seu tamaño e luxosidade co Titanic .

 

                " O Hindenburg riba da Barreira "

No ano 1936 o Sr Antonio da Barreira , que vivía no lugar da Barreira , en San Martiño de Torre , estaba de conversación co Sr Domingo , que gardaba as vacas no "Prado da Pena ".Cal sería a súa sorpresa que ante eles viron aparcer nun intre aquel  artefacto . " - Grande , como unha casa no aire con ventanas , podíanse ver as ventanas do aparato desde A Barreira "(diría máis tarde o Sr Domingo ). - Ese é o Conde Zeppelín (díxo o Sr. Antonio ) naquel mesmo momento , advertido como estaba da prensa , e é que o Sr . Antonio , a pesares de estar na Barreira , (unha casa illada no medio dunha grande carballeira ) , estaba ó tanto de todo o que acontecía no mundo gracias a que lía a prensa diaria .Aquel testimonio foi de boca en boca , había máis xente que tamén o vira , co paso do tempo un bon día  a televisión falou do Hindenburg , entonces aquel día contrastando aquel testimonio co relato da pantalla soubemos que polo Páramo , pasara nin máis ninn menos que o mesmísimo zeppelín Hindenburg ,o zeppelín  máis famoso de tódolos tempos , só  comparable en luxo e dimensións ó Titanic .Era a xoia do  Terceiro Reich    , e sen dúbida un dos elementos propagandísticos  máis relevante do réxime nazi . 

                                                                                     

Fixo a súa aparición nos xogos olímpicos de Berlín , máis tarde , faría vos regulares entre Europa e Estados Unidos cunha duración de tan só doús días .O mesmo Empire State Building de Nova Jork foi diseñado no seu cimo como porta de entrada dos zeppelins a Estados Unidos .A antena que se colocou neste edificio , estaba diseñada para servir de atraque ós zeppelíns .Pero unha vez que ocorreu o seu desastre , os seus custos e os perigosos gases inflamables que este requería , fixeron inviable a construcción de artefactos similares a partires da Segunda Guerra Mundial  .

A súa traxedía  , traxedía tamén comparable á do Titanic  ocorrería  ó ano seguinte  de pasar por riba dos carballos do Campo da  Feira  do Páramo , na cidade estadounidense de Nova Jersey  limítrofe con Nova York .Sempre quedará o misterio de se o seu desastre ocorreu  accidentalmente ou foi provocado .

A visión que o Sr Antonio da Barreira e o Sr Domingo puideron ter aquel día do aparato de seguro se podería aproximar moito á desta foto  real  do  Hindenburg   sacada por esas datas  desde algunha cidade de Europa .Os alemáns fixeron diferentes carteis propagandísticos nas imaxes aparecía xunto ó Empire Estate Building.Nota:(Non podemos asegurar que o que avistaran o Señor Antonio e o señor Domingo fose o Hindenburg ,de non o ser puido ser un dos xemelos que se construiron antes e despois do Hindenburg , estamos esperando confirmación dos planes de vo do ministerio de fomento , do departamento de aviación civil para poder asegurar con rotundidade que o Hindenburg voou sobre O Páramo ).

 

Máis información sobre o Hindenburg

Volver  á  páxina  principal

     

 

  

 

 

 

 

 

         

Contador
Hosted by www.Geocities.ws

1