JavaScript Kit

O SAN VITORIO (UNHA ROMERIA CON MÁIS DE 100 ANOS DE HISTORIA )           Don Juán Benito Quiroga , cura párroco da feligresia de Vilarmosteiro  , a finais do século XIX   crea as festas do San Victorio.Chegou a superar en auxe ó Santo Cristo de Goian .

       A Romería do San Victorio , foi creada a finais do século XIX polo mesmo sacerdote que promoveu a  creación do altar pequeno onde se situou ó San Victorio grande que aparece na foto , anque tamén existe o San Victorio pequeno , reproducción fideligna do anterior , que servía para santificar ós fieles que se achegaban en días sinalados hasta o templo .É curioso que Vilarmosteiro sexa unha das poucas parroquias de Galicia que non adoita celebrar a festa do Patrón con música de campo e verbena , É  a festa do San Victorio a maís importante , tradición que se conserva desde o século  XIX , desde que Don Juán Benito Quiroga  a instaurara en Vilarmosteiro .

     

Na foto superior vemos a procesión do San Victorio a principios dos anos cincuenta , , nesta antiga foto se nos fixamos podemos contemplar tódo-los santos da igrexa en procesión .En primeiro lugar un home levando a cruz , logo as mulleres coa Santa Eufemia , a continuación tamén as mulleres coa Virxe das Victorias el logo os demais santos entre os que se encontra o San Victorio .                                         

AS MOZAS DA PARROQUIA SEMPRE LEVAN  AS SANTAS E OS HOMES OS SANTOS 

 

 

Nos anos setenta xa podemos ver as primeiras imaxes en cor, estamos na era moderna , na era da cor , na etapa da emigración .Na foto podemos ver ás mozas de Vilarmosteiro por diante da  procesión en  Vilarmosteiro levando á Virxe das Victorias a principios dos anos setenta .Na igrexa hai duas Santas Eufemias existente .A primeira é moito anterior e está tamén sostendo unha espanada no cimo do altar maior . A santa eufemia grande foi feita por o cura de Mundín a principios do século XX .O pelo desta santa é natural , foi donado por unha muller da parroquia naquel momento .

Unha das tradicións máis curiosas é que as mozas sempre levan á Santa Eufemia e ós homes o  San Victorio .

 

 

     Nos  anos sesenta e setenta  a romeria perde vigor .

 

Era o San Vitorio un lugar onde as familias traian as suas merendas ó campo da feira que se enchía toda de romeiros .

Hoxe en día segue habendo xente con fe  que vén desde distintos lugares da parroquia , moi coñecidos no lugar son os veciños de San Xoan do Campo de Guntín de Pallares .

Vilarmosteiro é unha das poucas parroquias que tendo por patrona desde fai máis de mil anos a Santa Eufemia  celebra a festa do San Victorio .

A FESTA DE NOITE :

Poucas orquestas de Galicia son descoñecedoras do Campo da Feira do Páramo , é sorprendente como unha parroquía tan pequena , con tan poucas casas , e tan pouca xente foi capaz de acoller a orquestas que se empezaron a facer famosas nas terras de Lugo , gracias a esta festa .A orquesta Compostela , que hoxe é coñecida sobradamente en Galicia , tivo o seu momento de auxe e de fama gracias ó San Victorio e ós mesmos ramistas que trouxeron anos máis tarde a Sito Mariño .Ademaís cando os artistas son contratados para o San Victorio acostuman a preferir este lugar ainda a menos cartos pola grade fama que lles reporta .

A festa celébrase con dous ramistas  ou tres tódolos anos no Campo da Feira do Páramo en torno ó día 27 de cada mes .O ano 1998 representou unha grande afluencia de público , gracias a  chegada do cantante  Sito Mariño , e á grande promoción que se lle deu pegando carteles por toda a comarca .

Calqueira pode vir e aparcar gratis , disfrutar da festa ou da sesión vermouth , e ver a procesión  con historia .

.      Sexa como   sexa   o San Victorio seguirá por moitos anos 

.

 

  Volver            á               páxina                      de                     portada        .

 

 

 

 

 

 ..                                                  

                

                                         

Contador
Hosted by www.Geocities.ws

1