(NOTA: Esta carta nunca foi respostada  polo Alcalde nin ningunha outra que se lle enviara  desde Vilarmosteiro, a pesares de  constar toda a documentación presentada no rexistro de entrada do Concello )

 

 

 

 

Sr.Alcalde do Páramo                             

Concello do Páramo                                      

Santa Comba

San Martiño de Torre

E-27363 O PÁRAMO .

 

 

                                                                     Vilarmosteiro  Venres a 26 de xullo do 2002

 

 

 

 

                Apreciado Sr. Alcalde :

 

 

 

 Dirixome a vostede coa intención de informalo sobre pequenas carencias e necesidades que temos os veciños da Parroquia de Vilarmosteiro .

Como digo , non pasan de ser pequenos detalles en apariencia pero moi importantes para os que vivimos no día a día de Vilarmosteiro .

 

O lugar de Vilarmosteiro :

 

Saiba vostede que nos últimos anos no nucleo de Vilarmosteiro temos  máis nenos pequenos , por sorte , e que os fins de semana  xuntanse ás veces en número maior de 10 nenos , e nunca inferior a 7 nenos , todos eles teñen como lugar de xogos e encontros o Curral de Vilarmosteiro .Ahora no veran , teñen máis tempo , todo-los días baixan o carteiro  o, panadeiro, as veces o  camión do lixo ,máis o trafico de coches do lugar e familiares,ou coches que van ó cementereiro ou igrexa  .  Na curva coa casa de Cacharreiro e a palleira de Lucas , non hai ningunha visibilidade para os coches que baixan polo camiño abaixo .E xa varias veces nos temos levado uns bos sustos , que por ahora non pasaron de ser só  sustos .

Todos os do lugar vemos moi necesario colocar un espello cóncavo nesa esquina , para que os coches que suban e baixan se poidan ver mutuamente e tamén ós nenos  que sempre alí xogan .

Ademais  deso  agradeceriamoslle moito que ó ser zona residencial se puxeran unhas sinais de prohibido ir a máis de 20 km./h   pola pista abaixo antes de entrar nas casas  , e a curva así o aconsella e   un  ceda o paso para os que suben pola pista que ven do fondo do Campo da Feira .

Ademais diso a xente do lado da Encomienda que vai cara o Centro Médico , Banco , etc., e non teñen os seus coches conforme a legalidade acostuman a atallar polo camiño de Vigodefondo para eludir a posibilidade da Guardia Civil que ten por costume poñerse en Castaboada ou na pista que leva a Pacios .Polo que unha sinal ó acabarse a casa de Vigodefondo camiño de Vilarmosteiro e outra en Vilarmosteiro camiño de Vigodefondo  de “Prohibido o uso de vehiculos a motor.So  autorizado  maquinaria agricola “ poderia axudar a que non pasaran estes coches que ó non ter seguro ou ir conforme a legalidade no caso dun accidente sería un verdadeiro problema para o afectado  .O concello do Corgo colocou fai pouco estes indicadores en varios lugares (un deles nas entradas á Fervenza polo lado da Veiga de Cerceda )con grande resultado.

De paso , non estaría de máis inaugurar estas sinais de paso que se inaugura o novo camiño , que por culpa dun penedo leva anos inutilizado , casualmente , moitas maquinarias da diputación traballan alí ó lado , e so seria cousa de unha pouca pólvora e unha pala  .

 

 

Campo da Feira :

 

Gustaríanos que o Concello instase á Diputación que é a competente de estradas nas vías que cruzan a Feira , que se solicitasen para o entorno do Campo da Feira ,sinais de limitación de velocidade a 50 km./h como mínimo , dado que ó decir do Código  actualmente un choche poderia circular a 90 km./h sen ningún problema .

No Pico en Paredes puxeronse sianis a 50 km./h  , parecenos ben , pero creemos que o Campo da Feira por todo o que ali hai (nenos , centro médico ,farmacia , etc. )necesita prioritariamente sinais de 50 km./h como mínima velocidade permitida .

Sinais de Perigo nenos , a altura da “casa da Sr. Amelia” por mor do Colexo ,e o Parque dos nenos  .

E tamén sinais de” Perigo nenos” nas pistas que sube e baixa  de O Agro a o Campo da Feira , así como aconsellable sería tamén na baixada da pista a Vilarmosteiro , debido o grande numero de nenos que alí se xuntan .

Creemos que en canto ó Campo da Feira faise necesaria incluso unha ou duas sinais de limite a  50 luminosas como as que hai en Oural ou á entrada de Sarria que se encenden cando detectan superior velocidade .

 

En dirección a Lamacemón :

 

Vótase moito de menos para os que baixan ó Felipe ou a Lamacemon outro espello na curva que baixa cara a Ciguñeira ó ser esta tan pechada  que impide saber se hai coches ou non á hora de coller cara o Felipe .Máis abaixo en dirección a Seoane , a pista de Seoane deberia ter preferencia á de Lamacemón polo seu maior  tráfico e poñer a esta última un sinal de “Ceda o paso” para ceder  ós  que suben e baixan cara Seoane

 

Igrexa de Vilarmosteiro :

 

Felicitamos ó  concello polos fermosos  indicadores  de madeira que se puxeron no Campo da Feira , co escudo do Páramo taiado nel .Botamos en falta tan só un similar  que indique  a dirección cara a” Igrexa Románica de Vilarmosteiro”  a cal poderíamola datar no século XII con unha seguridade do 90%. Xa que hai documentación de antes do 1229. O retablo é do Século dezaoito ou finais do dezasete Un bon letreiro poderia dicir “Igrexa Románica s.XII .Retablo Barroco”.

Anque arquitectónicamente a Igrexa de Friolfe ten máis valor , o retablo da nosa revaloriza o seu interior e conxunto ,polo que todas aquelas medidas que axuden a conservar un templo así con  un  retablo barroco forrado en Ouro e non comparable a ningún outro de toda a  comarca e moito de agradecer para nos .

 

Biblioteca e Fondo Bibliográfico :

 

É unha magoa pensar que no Páramo non temos unha biblioteca municipal con sala de estudio .O mellor non tería moito uso , sen embargo anque a  biblioteca estivera pechada moito tempo , non impediria que puidesemos dispoñer dun fondo bibliográfico en depósito pensando no futuro .Ademaís  este fondo bibliográfico é gratuito .A xunta de Galicia pola constitución e apertura dunha biblioteca municipal concede un fondo de libros enorme en galego de forma gratuita , ademáis outras institucións como o Estado ou Diputacións , Unión Europea , conceden fondos de libros e revistas de forma gratuita .Os nenos do colexo poderian dispoñer deste fondo de libros ,enciclopedias , etc., que tan so hai que solicitar .

 

 

 

 

 

Lexislación :

 

A lexislacíon que nos sirve de base para solicitar do Concello do Páramo estas carencias é a :

Ley 7/1985 de 2 de abril Reguladora das Bases de Réxime Local .

Que no seu  artigo 25. 1.    di que : O concello  para a xestión dos seus intereses e no  ámbito das súas competencias pode promover  toda clase de de actividades e prestar cantos servicios  públicos contribuan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade veciñal .

2.O concello  exercerá en todo caso , competencias , nos termos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas nas seguintes materias .

 

a)Seguridade en lugares públicos .

b)Ordenación do Tráfico de vehículos e personas nas vias urbanas .

e)Patrimonio histórico-artistico .

k)Prestación de servicios sociais

m)actividades e instalacións culturais e deportivas .

 

Consideramos que todas as nosas peticións se axustan ás competencias que o Concello do Páramo debe cumprir ós seus cidadans conforme á Leí .

Tamén lle recordamos que as advertencías sobre perigosidade , nas que así se deixe constancia , poden ser probas xudiciais  , e sentan precedente , xa que os perigos advertidos e documentados invitan ás administracións públicas para a súa solución .

 

 

 

 

 

Agradecementos :

 

Agradecemoslle desde aquí o ternos cambiado o contenedor de lixo por outro máis grande no lugar de Vilarmosteiro  ,dado que facía moita falla  .

Tamén lle agradecemos que por fin se iniciara algunha solicitude para relousar  a Igrexa .

 

 

 

 

 

                     

 

                      Reciba un cordial saudo desde Vilarmosteiro .

 

 

                                        

 

                                                     

 

 

 

                                           

 

O que abaixo asina , é conforme coas medidas que se solicitan ó Concello , no referente á necesidade  dos  sinais de tráfico requeridos  para a  parroquia de Vilarmosteiro , e demaís medidas  para o cal adxunta a súa firma e datos ós desta solicitude .

 

 

(Este documento foi enviado ó señor Alcalde , xunto con 50 firmas dos veciños sen resposta ningunha )

Hosted by www.Geocities.ws

1