D.Xosé López Gay y Dna. María Jesús Gil Castro, Concelleiros do Bloque Nacionalista Galego (BNG) na Corporación Municipal de O Páramo, en base á lexislación vixente presenta a seguinte

 

Moción sobre O AUMENTO E A MELLORA DOS PUNTOS DE INFORMACIÓN NO CONCELLO.

 

Exposición de motivos.-

                Consideramos que a comunicación entre o concello e os veciños ós que representa é fundamental, non só porque este ten obriga de manternos ó corrente de tódolos temas que nos afecten, senón tamén porque isto motivaría unha maior participación dos cidadáns na  vida política da localidade, e entendemos por “vida política” tódalas actividades orientadas ó desenrolo económico, social e cultural de O Páramo.

            Para que a información chegue a todos, pensamos que é necesario mellorar as formas de transmisión, os soportes da información e habilitar novos espacios que faciliten o acceso ás comunicacións do concello.   

                Ante esto o BNG, somete á consideración do Pleno a toma do seguinte

 

Acordo.-

 

  1. Colocación de tablóns de anuncións en tódolos sitios donde se poñen os bandos do concello tradicionalmente (por exemplo, nos arredores das igrexas). Estes tablóns deben estar debidamente protexidos para asegurar a permanenza da información durante o tempo necesario e deben estar feitos de materiais que se amolden estéticamente ó entorno no que se encontren.

 

  1.  Habilitar puntos de información en zonas estratéxicas, é dicir, zonas de paso obrigado para unha parte importante da poboación do Páramo.

 

  1. Utilización de novos canles  de transmisión, como pode ser a páxina web do concello. Moitos dos veciños do Páramo teñen acceso a internet desde o seu posto de traballo ou desde a súa vivenda, polo tanto a práctica de colocar a información do concello na súa páxina debe empezar a ser habitual e obrigada.

 

 

 

O Páramo, 4 de maio de 2004

 

 

 

 

 

Asdo.: ________________________                               Asdo.:__________________________              

Concelleiro-portavoz do BNG                                                          Concelleira do BNG 

 

 

 

 

 

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE O PÁRAMO.

_______________________________

 

 

 

 

 

 

 

 

D. Xosé López Gay e Dna. María Jesús Gil Castro, Concelleiros do Bloque Nacionalista Galego (BNG) na Corporación Municipal de O Páramo, en base á lexislación vixente apresenta a seguinte

 

Moción sobre o estudio de NOVAS ALTERNATIVAS PARA ABASTECER DE AUGA ÁS ZONAS MÁIS NECESITADAS DO CONCELLO.

 

Exposición de motivos.-

               Neste concello lévanse realizando obras de traída de auga desde fai polo menos dez anos, e hasta agora só dúas pequenas zonas do Páramo dispoñen deste servicio, e nunhas condicións que non son as máis óptimas.

1

Hosted by www.Geocities.ws