HISTORICO 2003
Actividade |
Data |
Comentarios |
Participación |
|
|---|---|---|---|---|
17 |
Filgueira.
Circular |
25/1 do 03 |
A ida moi interesante, a volta
non ten interés. Perdéronse algúns pero iso xa vai
sendo normal. Moitas fontes no camiño. Moi doada de facer. Viño
e licor café na casa do Corbacho en Guillade. |
14 |
18 |
Vide- A Franqueira |
15/2 do 03 |
Ben, un día luminoso.
Algo durrilla. Ao fin o personal non quixo subir ao monte da Franqueira.
Avería do coche de Sera. |
17 |
19 |
Pazos de Borbén,
Fraga do Barragán, Santo Aparecido. Circular |
15/3 do 03 |
O Santo Aparecido tardou algo
en aparecer, houbo que subi-la costiña antes. Baño na Fraga
do Barragán. Duas baixas. |
19 |
20 |
Paramos-Parderrubias-Caldelas
II, Primavera |
5/4 do 03 |
De tarde. Dia soleado. Parada
no chiringo de Caldelas. Cea no S. Caetano, café no Rousseau. Houbo
algún cruce de río con certa emoción. |
24 |
21 |
O Pindo |
24/5 do 03 |
Algo curta. Subimos á
Moa e non fumos ao Penafiel. Encontramos outros pateadores en grandes
cantidades. O Pindo estaba precioso. Despois fomos ve-la fervenza que
non hai en Ézaro e as calustras que hai en Carnota e Lira. |
14 |
22 |
Rouças - Outeiro
Maior |
21/6 do 03 |
Helios poderoso comeunos a
figura. Pero nós, arre que non. Fomos quen de chegar ao foxo do
lobo. Moita calor, moitas costas, pouca sombra, pero chegamos. Até
algúns subiron ao Outeiro Maior. Probablemente a pateada mais dura
das que levamos feito. Descuberta da Fonte do Carrizo. |
15 |
23 |
Carregal - Tui |
19/7 do 03 |
Todo moi ben. Sombra e auga
para compensa-la anterior. Pancho estivo un cruzador de rios inmenso,
coa axuda de Victor. Case perdemos a Rosa Farto. Baño na Areeira,
cea no Rousseau. |
12 |
24 |
Viveiro (FS) |
22 a 24/8 do 03 |
Pateada o sábado. O
domingo turismo. Eucaliptos da Retorta. Poza da Ferida con baño.
Visita ao Naseiro. Dormida perto da praia da Abrela. Iniciación
de Carme como sherpa. |
8 |
25 |
Nocturna Budiño.
2º Aniversario. Circular |
12/9 do 03 |
Noite calurosa. Visita ao San
Cibrán, Faro de Budiño e Castelo de Cans. Pateada estupenda
sin ningunha incidencia. No faro de Budiño daban ganas de quedarse
alí a pasa-la noite. Alta participación. Seis novos e varios
case novos. |
23 |
26 |
Castro Leboreiro. Circular |
11/10 do 03 |
Óptima, foi todo tan
ben que non hai nada que dicir. Ao resto orballou un pouco. Non se subiu
ao castelo. Comida na Sra de Numão baixo a Pena de Anamán.
Erea convértese en secretaria da asociación. |
17 |
| 27 | Calvos - Fornelos de
Montes - Portela do Foxo |
1/11 do 03 | Aínda que algúns non foron
por medo á chuvia (a estas alturas aínda con iso) non choveu
nada e estivo un día óptimo. Nieves foi algo arrastrada
de sono. Era o día de defuntos e fixémo-lo roteiro dos camposantos.
Comida na porta da igrexa de Fornelos. Juan Carlos arriscou o físico
para nos surtir de mazás. Bonita e moi fácil de facer. |
11 |
| 28 | Serra de San Mamede
(FS) |
28 a 30/11 do 03 |
Moita neboa. 75% de baixas no alto de
San Mamede. Visita ao Teixedo. Salto de alambradas. Pernocta no albergue
de Amigos de Terra en O Coudillo. Cumple de Jose Carlos. |
20 |
29 |
Pena Corneira |
21/12 do 03 |
O ir subindo fomos deixando
atrás ás néboas do val de Leiro. Paisaxe de grandes
penas e árbores cheos de carriza. Xantar no miradoiro. Chegada
ó cumio da Pena Corneira. Presentación dun novo can montañeiro:
Pancho II ou Panchiño. |
17 |
Inicio | Normas
| Plans | Histórico
| Asistencias | Fotos
| O
Tempo | Enlaces | Foro
de discusión
© Congostra - 2003