Artesáns galegos do coiro / Pontevedra

Miro Magariños
.........................................

Polifacético artista: mestre de coiro, actor de teatro e televisión, cesteiro,...

«Non me imaxinaba que tanta xente se interesaría polo curso»

31/08/2004 | Pontevedra | La Voz de Galicia
En dous minutos | Celia Fernández

Quizais o nome de Miro Magariños non suscite ningunha impresión. Sen embargo, o demo que hai uns días causou pánico entre os nenos de Pontevedra e que leva catro anos realizando este cometido resulte máis coñecido. Magariños combina a súa faceta de actor coa de «mestre do coiro» dende hai vintecinco años. O 11 de setembro comenzará a impartir as súas clases na Casa da Luz durante dous meses, e asegura que «todos aprenderán a de-senvolverse con soltura». Este sábado realizouse, con éxito, a súa presentación.

-¿En que consistirán exactamente as clases que vai impartir?
-Vou impartir historia dos curtidos, teoría dos curtidos e a súa evolución ó longo da historia. Isto é no que respecta á parte teórica. Logo, a inmensa maioría das horas, son de taller, realizando pezas nas que basicamente os alumnos poderán aprender patronaxe, corte, despece, costura e acabado de pezas.
-¿Que tipo de pezas?
-As súas primeiras pezas, que son fixas, son propostas case obligatorias miñas. Serán cousas moi sinxelas, un chaveiro de tres pezas e un monedeiro-billeteiro. A partir de aí vou permitir que cada un faga unha proposta concreta do que queira. Sempre terá que realizar, loxicamente o patronaxe, facer un pequeno boceto previo en papel. Logo farase o despezado, o patronaxe e realización posterior da peza.

imprimir esta entrevista en PDF

 

 
 
 
   

 

¡Ti tamén podes estar nesta páxina!

Comunícanos os teus datos, amósanos o teu traballo, e terás un sitio nesta web.
Hosted by www.Geocities.ws

1