cinelog.gif (3623 bytes)  

MARZO 2004

progrot.gif (4021 bytes)
   

>Mércores 3 de marzo de 2004 • 20.30 h (única sesión)
Salón de Actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11)
Dentro do programa da VII Bienal da Caricatura de Ourense

PUERTA DEL TIEMPO

Puerta del tiempo. España, 2002. Cor, 80 min • Dirección: Pedro Eugenio Delgado • Produción: Angel Blasco (Magic Films, Escuela de Artes Visuales) • Guión: Pedro Eugenio Delgado • Montaxe: Filmayer Producciones Audiovisuales • Música: Diego Navarro • Intérpretes (voces): Sandra Jara, Inma Gallego, Tina Sáinz, Javier Gurruchaga • Data de estrea en España: 05-09-2003.

Web oficial: http://www.treintaytantosmk.com/peliculas/puertatiempo/puertaTiempo.html

• Premios Goya 2003: candidata á mellor película de animación

Álvaro e Paloma son dous irmáns de 8 e 12 anos que fican fascinados polo enxeño dun vello reloxeiro inventor, amigo seu, que construíu unha máquina para poder ver nunha pantalla épocas pasadas e así ter unha visión máis próxima e real da historia. Porén, debido a unha travesura do máis pequeno, ambos acaban introducidos dentro do reloxo, o que lles permitirá coñecer distintas épocas e feitos históricos. Película de animación que conta coa dirección artística do humorista gráfico Antonio Mingote.

                

     
 

>Xoves 11 de marzo de 2004 • 20.30 h (única sesión)
Salón de Actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11)

¡HAY MOTIVO!

¡Hay motivo!. España, 2004. Cor, 100 min • Dirección: Joaquín Oristrell, Pere Portabella, Álvaro del Amo, David Trueba, Gracia Querejeta, Isabel Coixet, Jose Ángel Rebolledo, Sigfrid Monleón, Icíar Bollain, Chus Gutiérrez, Víctor Manuel, Pedro Olea, Yolanda García Serrano, Víctor García León, Ana Díez e Bernardo Belzunegui, José Luis Cuerda, Miguel Ángel Díez, Imanol Uribe, Fernando Colomo, Juan Diego Bofto, Alfonso Ungría, José Luis García Sánchez, Daniel Cebrián, Gran Wyoming, Manuel Gómez Pereira, Julio Medem, Mireia Lluch, Pere Joan Ventura, Manuel Rivas, Vicente Aranda, Mariano Barroso e Antonio Betancor. Intérpretes: Candela Peña, Luís Tosar, Pilar Bardem, Carmelo Gómez. Proxecto apoiado ademais por Pedro Almodóvar, Montxo Armendáriz, Alex de Ia Iglesia, Agustín Díaz Yanes, Víctor Erice, Juan Carlos Fresnadillo, Manuel Gutiérrez Aragón, Javier Maqua, Enrique Martínez Lázaro, Javier Rioyo, Joaquín Sabina, Fernando Trueba e Gerardo Vera.

• Web oficial: http://www.haymotivo.com

Trinta e tres curtametraxes sobre a realidade española, combinando documental e ficción. Foron producidas e rodadas nun mes polo colectivo «Hay Motivo».

 

     
>Ciclo de Cinema Clásico
Organizado co Vicerreitorado de Planificación e Desenvolvemento do Campus de Ourense da Universidade de Vigo
 

Xoves 25 de marzo de 2004 • 20.30 e 23 h.
Salón de Actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11)
À BOUT DE SOUFFLE (AL FINAL DE LA ESCAPADA)

À bout de souffle. Francia, 1960. B/N, 87 min. • Dirección: Jean-Luc Godard • Produción: Georges de Beauregard (Impéria, Les Films Georges de Beauregard, Société Nouvelle de Cinématographie) • Guión: François Truffaut, Jean-Luc Godard • Fotografía: Raoul CoutardMontaxe: Cécile Decugis, Lila HermanMúsica: Martial SolalIntérpretes: Jean-Paul Belmondo (Michel Poiccard alias Laszlo Kovacs), Jean Seberg (Patricia Franchini), Daniel Boulanger (inspector de policía), Jean-Pierre Melville (Parvulesco), Henri-Jacques Huet (Antonio Berrutti), Van Doude (o xornalista), Claude Mansard (Claudius Mansard), Jean-Luc Godard (un delator), Richard Balducci (Tolmatchoff), Roger Hanin (Cal Zombach), Jean-Louis Richard (un xornalista) • Reestrea en España: 2003 • Versión orixinal con subtítulos en castelán.

• Festival de Berlín 1960: Oso de Prata ao Mellor Director
• Premio Jean Vigo 1960
• Premio do Sindicato da Crítica Francesa 1961 á mellor longametraxe

Michel é un xove rateiro que se imaxina a si mesmo como Humphrey Bogart. Conducindo un coche roubado, Michel dispara e mata un policía. Coa policía atrás del, consegue que a súa moza americana Patricia lle dea acobillo mentres consegue diñeiro para fuxiren a Italia. • Como fixera o neorrealismo italiano, a ‘nouvelle vague’ francesa introduce novos modos de narrar. Godard é un dos máximos representantes deste movemento, e ‘À bout de souffle’, unha das súas obras indispensábeis. Nesta ocasión ofrécese a versión restaurada, estreada en 2003.

 

   
   
   

Programación realizada coa colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia e a Casa da Xuventude de Ourense.
Subvencionada parcialmente pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia.


Voltar ao inicio

Hosted by www.Geocities.ws

1