cinelog.gif (3623 bytes)  

FEBREIRO 2004

progrot.gif (4021 bytes)
Ampliar a imaxe    

Xoves 5 de febreiro de 2004 • 20.30 e 23 h.
Salón de Actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11)
EL ÚLTIMO GOLPE (HEIST)

Heist. EE UU-Canadá, 2001. Cor, 111 min • Dirección e guión: David Mamet • Produción: Art Linson, Elie Samaha, Andrew Stevens (Heightened Productions, Indelible Pictures, Morgan Creek Productions, Franchise Pictures, Warner Bros, Stolen Film Productions) • Fotografía: Robert Elswit • Montaxe: Barbara Tulliver • Música: Theodore Shapiro • Intérpretes: Gene Hackman, Danny DeVito, Delroy Lindo, Sam Rockwell, Rebecca Pidgeon, Ricky Jay, Patty Lupone • Data de estrea en España: 11-04-2003 • Versión orixinal con subtítulos en castelán.

Web oficial: http://www.mangafilms.es/elultimogolpe
Web oficial (inglés): http://www.heist-movie.com

Joe Moore ten como esposa unha muller nova e atractiva, varias persoas débenlle diñeiro, e ademais ten un traballo que lle encanta. É ladrón. A súa vida vese trastocada cando unha inoportuna cámara de vídeo de seguridade o filma en pleno choio. O seu encubridor e comprador de obxectos roubados, Bergman, négase a pagarlle o diñeiro que lle debe, e é probábel que a súa esposa estea enganándoo co xove lugartenente de dito perista. Moore e o seu colega habitual, Bobby Blane, así como o seu cómplice Pinky Pincus, encóntranse de súpeto na ruína, traizoados e chantaxeados. Moore vese obrigado a xuntar de novo o seu equipo coa intención de dar un último golpe para Bergman.

                

Ampliar a imaxe Xoves 12 de febreiro de 2004 • 20.30 e 23 h.
Salón de Actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11)
BEFORE THE STORM (ANTES DE LA TORMENTA)

Före stormen. Suecia, 2000. Cor, 102 min • Dirección: Reza Parsa • Produción: Johan Fälemark, Peter Hiltunen (Felicia Film AB, Film i Väst, Ilusion Film AB, Nork Film A/S, Per Holst Film A/S, SVT Drama, TV1000, MTV3, RUV) • Guión: Reza Parsa, Mikael Bengtsson • Fotografía: Eigil Bryld • Montaxe: Louise Brattberg • Música: Peter Lundbäck • Intérpretes: Per Graffman, Maria Lundqvist, Sasha Becker, Anni Ececioglu, Emil Odepark, Tintin Anderzon, Christer Fant • Data de estrea en España: 14-08-2003 • Versión orixinal con subtítulos en castelán.

• Festival de San Sebastián 2000: Cuncha de Prata ao Mellor Director, Premio da Xuventude
• Festival de Seattle 2001: Premio Especial do Xurado

Ali é un home de orixe árabe que traballa como taxista en Suecia, onde vive coa súa esposa sueca e as súas dúas fillas adolescentes. Porén, o seu pasado como terrorista non deixará que siga coa su tranquila vida, xa que os seus ex compañeiros lle piden que cometa un asasinato. Os problemas de Leo, un estudante de 12 anos namorado dunha das fillas de Ali, non son menores, xa que un estudante maior ca el o ameaza constantemente. O rapaz malinterpretará un consello que lle dá o taxista árabe e, coa arma regulamentaria da súa nai, unha policía, disparará ao agresor.

 

Ampliar a imaxe Xoves 19 de febreiro de 2004 • 20.30 e 23 h.
Salón de Actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11)
RESPIRO

Respiro. Italia-Francia, 2002. Cor, 100 min • Dirección e guión: Emanuele Crialese • Produción: Domenico Procacci (Fandango, Les Films des Tournelles, Roissy Films, en colaboración con Medusa Film, Tele+) • Fotografía: Fabio Zamarion • Montaxe: Didier Ranz • Música: John Surman • Intérpretes: Valeria Golino, Vincenzo Amato, Francesco Casisa, Veronica D’Agostino, Filippo Pucillo, Emma Loffredo, Elio Germano • Data de estrea en España: 29-08-2003 • Versión orixinal con subtítulos en castelán.

• Festival Cannes 2002: Premio do Público, Premio da Crítica Xove, Gran Premio da Semana da Crítica
• Festival de Bratislava 2002: Mención especial do xurado
• Festival de Cinema Xove de Castellinaria 2002: Premio do Xurado Xove
• Premio David de Donatello 2002: Mellor produtor (Domenico Procacci)
• Premios da Crítica Cinematográfica Italiana 2002: Premio de Prata á Mellor Actriz (Valeria Golino)
• Festival de Mons 2003: Premio do Público, Mellor actriz (Valeria Golino)

Web oficial: http://www.respiro-lefilm.com

A vida transcorre tranquila e sufocante, cándida e cruel, en Lampedusa, unha illa perdida ao sur de Sicilia que está poboada por unha comunidade de pescadores. Alí vive Grazia, unha rapaza que é esposa dun pescador e nai de dous adolescentes e un neno. Soñadora, afectuosa e ansiosa de liberdade, a personalidade de Grazia acomódase mal ás convencións do resto dos veciños, que non acaban de aceptala.

 

   
Xoves 26 de febreiro de 2004 • 20.30 e 23 h.
Salón de Actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11)
FLORES DE SANGRE

Fleurs de sang. Suíza-Francia-España, 2002. Cor, 100 min • Dirección: Myriam Mézières, Alain Tanner • Produción: Alain Tanner, Paulo Branco, Marta Esteban (Filmograph, Gémini Films, Messidor Films) • Guión: Myriam Mézières • Fotografía: Denis Jutzeler • Montaxe: Monica Goux • Música: Matthew Russell • Intérpretes: Myriam Mézières, Tess Barthes, Louise Szpindel, Bruno Todeschini, Anne Fassio, Fellag, Diego Peláez, Tomás Aragay, David Selvas • Data de estrea en España: 13-06-2003 • Versión orixinal con subtítulos en castelán.

Web oficial: http://www.altafilms.com/detalle.php?idpelicula=552

Lily e a súa filla Pam forman unha peculiar parella neste filme de trazos autobiográficos escrito pola propia Mézières. As súas vidas transcorren entre abandonos de amantes, fuxidas de hoteis e espectáculos de cabaré. Pam non sabe quen é o seu pai nin pisou unha escola pero, con só nove anos, converteuse na protectora da súa nai. Porén, Lily perde a súa custodia e así comeza o seu descenso aos infernos. Cando, despois de cinco anos, Pam volve visitar a súa nai, encóntrase cunha muller rota e decide volver acompañala nas súas saídas nocturnas. Así coñece a Clemente, un xove fotógrafo a quen traslada a súa necesidade de amor e protección.

 

Programación realizada coa colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia e a Casa da Xuventude de Ourense.
Subvencionada parcialmente pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia.


Voltar ao inicio

Hosted by www.Geocities.ws

1