cinelog.gif (3623 bytes)  

MAIO 2003

progrot.gif (4021 bytes)
   
nochescm.jpg (20728 bytes) >> CICLO DE CINEMA CLÁSICO
Obradoiros de Extensión Universitaria
(Vicerrectorado de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo)

Xoves 8 de maio de 2003 • 20.30 e 23 h.

Salón de Actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11)
LAS NOCHES DE CABIRIA

Le notti di Cabiria.
Italia-Francia, 1956. B/N, 110 min. • Dirección: Federico Fellini • Producción: Dino de Laurentiis (Dino de Laurentiis Cinematografica) • Guión: Federico Fellini, Ennio Flaiano, Tullio Pinelli, Pier Paolo Pasolini • Fotografía: Aldo Tonti, Otello Martelli • Montaxe: Leo Cattozzo • Música: Nino Rota, Ludwig van Beethoven • Intérpretes: Giulietta Masina (Cabiria), François Périer (Oscar D’Onofrio, Accountant), Amedeo Nazzari (Alberto Lazzari), Aldo Silvani (hipnotizador), Franca Marzi (Wanda), Dorian Gray (Jessy), Mario Passante (lisiado), Pina Gualandri (Matilda, a prostituta), Polidor (o monxe), Ennio Girolami, Christian Tassou, Jean Mollier, Riccardo Fellini, María Luisa Rolando (Marisa), Amedeo Girardi, Loretta Capitoli (Rosy), Mimmo Poli, Giovanna Gattinoni • Versión orixinal con subtítulos en castelán.

• Óscar 1958 á mellor película de fala non inglesa
• Cannes 1957: Premio á mellor actriz (Giulietta Masina); Mención especial do Premio OCIC á mellor dirección
• Premio David de Donatello 1957 á mellor producción
• San Sebastián 1957: Premio Zulueta

Cabiria é unha inxenua nena abandonada, unha prostituta de rúa que vive nun barrio pobre de Roma, onde ten a súa casa e soña cun milagre. Seguimos as súas noites e días: un noivo róuballe 40.000 liras e por pouco a afoga; unha estrela do cinema recóllea na Via Veneto e lévaa á súa casa; é cortexada por un contable no que cre ver unha nova esperanza...

 

Ampliar a imaxe >> CICLO DE CINEMA CLÁSICO
Obradoiros de Extensión Universitaria

(Vicerrectorado de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo)

Xoves, 15 de maio de
2003 • 20,30 e 23 h.

Salón de Actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11)
CABEZA BORRADORA

Eraserhead. EE UU, 1977. B/N, 90 min. • Dirección e guión: David Lynch • Producción: David Lynch (American Film Institute) • Fotografía: Herbert Cardwell, Frederick Elmes • Montaxe: David Lynch • Música: Peter Ivers, David Lynch, Fats Waller • Intérpretes: Jack Nance (Henry Spencer), Charlotte Stewart (Mary X), Allen Joseph (Sr. X), Jeanne Bates (Sra. X), Judith Anna Roberts (rapaza no corredor), Laurel Near (señora do radiador), V. Phipps-Wilson (caseira), Jack Fisk (home no planeta), Jean Lange (avoa), Thomas Coulson (o rapaz), John Monez (Bum), Darwin Joston (Paul), Neil Moran (o xefe), Hal Landon Jr. (operador da máquina de lapis), Brad Keeler (neno), Peggy Lynch (persoa que cava na canella), Doddie Keeler (persoa que cava na canella), Gill Dennis (home do cigarro), Toby Keeler (home loitando), Raymond Walsh (Sr. Roundheels) • Versión orixinal con subtítulos en castelán.

• Fantasporto 1982: Sección oficial

Nunha cidade industrial na que máquinas xigantes están constantemente funcionando, arroxando fume e facendo ruído, Henry Spencer vive nun edificio que, como todos os demais, parece estar abandonado. Henry ten unha moza, Mary X, que ten frecuentes ataques espasmódicos. Mary dá a luz o fillo de Henry, un mutante de aspecto estremecedor.

 

Ampliar a imaxe — ATENCIÓN AO LOCAL E AO  HORARIO —
Mércores, 21 de maio de
2003 • 20,30 h.

Coa colaboración do Centro Iris-Amigos da Terra e o Vicerrectorado de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo
Teatro Principal (rúa da Paz) • Equipado con Dolby SR
NÓMADAS DEL VIENTO


Le peuple migrateur
. Francia-España-Italia-Alemaña-Suíza, 2001. Cor, 90 min. • Dirección: Jacques Perrin, Jacques Cluzaud, Michel Debats • Producción: Jacques Perrin, Christophe Barratier (Galatée Films, Bac Films, Les Productions de la Guéville, France 2 Cinéma, France 3 Cinéma, Wanda Visión, Eyescreen, Pandora Filmproduktion GmbH, Les Productions JMH) • Guión: Stéphane Durand, Jacques Perrin, Francis Roux, a partir dunha idea de Valentine Perrin • Fotografía: Mathieu Simonet e outros • Música: Bruno Coulais • Montaxe: Marie-Josèphe Yoyotte • Data de estrea en España: 27-09-2002 • Versión orixinal con subtítulos en castelán.

• Web oficial: http://www.nomadasdelviento.com

• César 2002 á mellor montaxe
• San Sebastián 2002: sección Anoeta


O mundo redescuberto a vista de paxaro. O filme recréase nas aves migratorias, que emprenden viaxes de miles de quilómetros inzados de perigos, sobrepasan as montañas máis altas, os vastos océanos e os ardentes desertos, para responder a unha necesidade: sobrevivir.

 

happytimesm.jpg (23437 bytes) Xoves, 29 de maio de 2003 • 20,30 e 23 h.
Salón de Actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11)
HAPPY TIMES

Xingfu shiguang
. China, 2000. Cor, 95 min. • Dirección e guión: Zhang Yimou • Producción: Yang Qinglong, Zhang Weiping, Zhao Yu (Guangxi Film Studio, Zhuhai Zhenrong Co.) • Fotografía: Hou Yong • Montaxe: Zhai Ru • Música: San Bao • Intérpretes: Zhao Benshan, Dong Jie, Dong Lihua, Fu Biao, Li Xuejian, Leng Qibin • Data de estrea en España: 08-11-2002 • Versión orixinal con subtítulos en castelán.

• Web oficial (inglés): http://www.sonyclassics.com/happy

• Berlín 2002: fóra de competición
• Seminci Valladolid: Espiga de Prata, Premio á mellor actriz (Dong Jie), Premio Fipresci


Zhao é un vello solteiro que cre que por fin encontrou a muller dos seus soños. Porén, para non perdela, ha de simular que ten moito diñeiro. Para conseguilo, non se lle ocorre outra cousa que reconverter un autobús abandonado nos seus terreos nunha casa de citas. Sen embargo, o plano funciona a duras penas, xa que Zhao é demasiado puritano, e por iso pide aos clientes que deixen a porta aberta. Mentres, a súa prometida preséntalle o seu fillo e a súa fillastra. Para librarse desta última, pídelle que lle dea traballo. Axiña, entre ambos irá xurdindo a amizade.

 

      

Programación realizada coa colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia e a Casa da Xuventude de Ourense

Voltar ao inicio

Hosted by www.Geocities.ws

1