cinelog.gif (3623 bytes)  

ABRIL 2003

progrot.gif (4021 bytes)
   
Ampliar a imaxe — ATENCIÓN: DOUS DÍAS E DOUS LUGARES DE PROXECCIÓN —
Mércores 2 de abril de 2003. Salón de Actos Biblioteca Pública, 20.30 h. (sesión única)
Xoves 3 de abril de 2003. Teatro Principal, 20.30 h. (sesión única)

Coa colaboración do Vicerrectorado de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo
ESTREA EN OURENSE
SALVOCONDUCTO


Laissez-Passer
. Francia-España-Alemaña, 2001. Cor, 170 min. • Director: Bertrand Tavernier • Producción: Alain Sarde, Frédéric Bourboulon (Little Bear, Les Films Alain Sarde, France 3 Cinéma, France 2 Cinéma, Vértigo Films, KC Medien AG) • Guión: Bertrand Tavernier, Jean Cosmos, a partir do libro de Jean-Devaivre • Fotografía: Alain Choquart • Montaje: Sophie Brunet • Música: Antoine Duhamel • Intérpretes: Jacques Gamblin, Denis Podalydès, Charlotte Kady, Marie Desgranges, Maria Pitarresi, Marie Gillain • Data de estrea en España: 27-09-2002 • Versión orixinal con subtítulos en castelán.

• Web oficial: www.laissezpasser-lefilm.com

• Berlín 2002: Sección oficial. Oso de Prata ao mellor actor (Jacques Gamblin) e á mellor música (Antoine Duhamel)
• Ft. Lauderdale 2002: Mellor director, mellor película, mellor guión e mellor actor secundario (Denis Podalydès)

París, 3 de marzo de 1942. A Continental, empresa cinematográfica alemana dirixida polo doutor Greven e productora de películas francesas desde 1940, simboliza a trampa en que se atopa xa atrapado o país enteiro: ¿pode un seguir traballando como se non hubese pasado nada ou ten un que negarse a colaborar e marcharse? Ao fío das lembranzas, a película segue a traxectoria de dous homes cuxos destinos se cruzan: un axudante de dirección que entra na Continental pensando en camuflar a súa acción clandestina por conta da Resistencia, e un guionista decididamente anti-nazi.
 

 

Ampliar a imaxe >> CICLO DE CINEMA CLÁSICO
Obradoiros de Extensión Universitaria

(Vicerrectorado de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo)

Xoves, 10 de abril de
2003 • 20,30 e 23 h.

Salón de Actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11)
IMITACIÓN A LA VIDA

Imitation of Life. EE UU, 1959. Cor, 125 min. • Dirección: Douglas Sirk • Producción: Ross Hunter (Universal International Pictures) • Guión: Eleanore Griffin, Allan Scott, segundo a novela de Fannie Hurst • Fotografía: Russell Metty • Montaxe: Milton Carruth • Música: Frank Skinner, Sammy Fain, Henry Mancini • Lana Turner (Lora Meredith), John Gavin (Steve Archer), Sandra Dee (Susie, de rapaza), Robert Alda (Allen Loomis), Susan Kohner (Sarah Jane, de rapaza), Dan O’Herlihy (David Edwards), Juanita Moore (Annie Johnson), Karin Dicker (Sarah Jane, de nena), Terry Burnham (Susie, de nena), John Vivyan (rapaz), Lee Goodman (fotógrafo), Ann Robinson (rapaza), Troy Donahue (Frankie), Sandra Gould (Annette, a recepcionista), David Tomack (Sr. McKenney, o leiteiro), Joel Fluellen (pastor), Jack Weston (Tom), Billy House (home gordo), Maida Severn (mestra), Than Wyenn (Romano), Peg Shirley (Fay), Mahalia Jackson (solista do coro) • Versión orixinal con subtítulos en castelán

• Globo de Ouro 1960 á mellor actriz secundaria (Susan Kohner)


En 1947, en Conney Island, Lora Meredith, unha actriz vida a menos, e a súa filla Susie coñecen a Annie Johnson e a súa filla Sarah Jane, mulleres de raza negra. Annie está desesperada por ter un lugar para vivir e ofrécese a traballar como ama de chaves de Lora, a cambio de comida e aloxamento. A sorte de Lora comeza a cambiar a partir deste encontro, e as súas dúas historias se desenvolven durante anos. Sen embargo, os problemas de Annie comezan cando Sarah Jane trata de facerse pasar por branca. Segundo Fassbinder, a obra mestra de Sirk, «unha grande e enlouquecida película sobre a vida e a morte. E sobre América».

 

dueloaltm.jpg (33086 bytes) >> CICLO DE CINEMA CLÁSICO
Obradoiros de Extensión Universitaria

(Vicerrectorado de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo)

Xoves, 24 de abril de 2003 • 20,30 e 23 h.

Salón de Actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11)
DUELO EN LA ALTA SIERRA


Ride the High Country
. EE UU, 1962. Cor, 92 min. Scope • Dirección: Sam Peckinpah • Producción: Richard E. Lyons (Metro-Goldwyn-Mayer) • Guión: N. B. Stone, Robert Creighton Williams, Sam Peckinpah • Fotografía: Lucien Ballard • Montaxe: Frank Santillo • Música: George Bassman • Intérpretes: Joel McCrea (Steve Judd), Randolph Scott (Gil Westrum), Mariette Hartley (Elsa Knudsen), Ron Starr (Heck Longtree), Edgar Buchanan (xuíz Tolliver), R. G. Armstrong (Joshua Knudsen), Jenie Jackson (Kate), James Drury (Billy Hammond), L. Q. Jones (Sylvus Hammond), John Anderson (Elder Hammond), John Davis Chandler (Jimmy Hammond), Warren Oates (Henry Hammond) • Versión orixinal con subtítulos en castelán.

O vello ex shérif Steve Judd é contratado por un banco para transportar un cargamento a través dun territorio perigoso. El contrata á súa vez un vello compañeiro, Gil Westrum, e o seu protexido Heck para axudalo. Steve non sabe, porén, que Gil e Heck planexan roubar o ouro, con ou sen a súa axuda. No camiño, os tres vense enredados no desexo dunha rapaza de escapar, primeiro do seu pai e logo do seu prometido e dos seus perigosos e psicóticos irmáns.
 
      

Programación realizada coa colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia e a Casa da Xuventude de Ourense

Voltar ao inicio

Hosted by www.Geocities.ws

1