XOVES 2 DE MARZO DE 2000
Dentro do programa da
IV Bienal da Caricatura de Ourense.

20,30 e 23 h. Casa da Cultura
(«Biblioteca Pública», Rúa Concello 11)

   
    Caricatura en Movemento
WALLACE & GROMIT... Y SUS AMIGOS

Nick Park e outros

Precedida das curtas 25 maneras de dejar de fumar (25 ways to quit smoking), de Bill Plympton, e Saltamontes (Cavallette), de Bruno Bozzetto

25 ways to quit smoking. EE.UU., 1989. Cor, 5 min. Director: Bill Plympton.
www.awn.com/plympton
Cavallette/Grasshoppers. Italia, 1990. 9 min. Director: Bruno Bozzetto.
www.mmstudio.com/bozzetto

Wallace & Gromit: A Close Shave. 76 min. Gran Bretaña, 1996. Composto polas curtametraxes La secuencia del título (The title sequence, Louis Cook e Dave Alex Riddett), El cerdo de Watt (Watt’s pig, Peter Lord), Madrugador (Early bird, Peter Lord e David Sproxton), «My baby just cares for me» (Peter Lord), Anuncios de calefacción eléctrica (Heat electric commercials, Peter Lord e Nick Park), No sin mi bolso (Not witout my handbag, Boris Kosmehl), Anuncios de calefacción eléctrica II (Heat electric commercials, Peter Lord e Nick Park), Historia de guerra (War story, Peter Lord), Pop (Sam Fell), Un esquilado apurado (A close shave, Nick Park). Versión orixinal con subtítulos en castelán.
www.aardman.com

  A close shave,
oscar 1996 á mellor película de animación
Cavallette,
nominada ao oscar 1991

Sinopse: Unha selección das curtametraxes de animación en plastilina dun dos mellores especialistas no mundo, os británicos Estudios Aardman —incluíndo a mediametraxe gañadora do oscar A close shave—, e antes delas, outras dúas de dous dos máis sobranceiros cartoonists do mundo: o norteamericano Bill Plympton e o italiano Bruno Bozzetto.

 
           
XOVES 9 DE MARZO DE 2000

20,30 e 23 h. Casa da Cultura

(«Biblioteca Pública», Rúa Concello 11)

   
    UNDER THE SUN

Colin Nutley.

Under the Sun. Suecia, 1999. Cor, 118 min. Scope. • Procucción e dirección: Colin Nutley • Guión: C. Nutley, Johanna Hald, David Neal, baseado no relato de H. E. Bates "The little farm" • Fotografía: Jens Fischer • Montaxe: Perry Schaffer • Dirección artística: Bengt Fröderberg • Vestiario: Camilla Thulin • Son: Bo Persson, Lasse Liljeholm • Xefa de producción: Maritha Nordstedt • Música: Paddy Moloney • Intérpretes: Rolf Lassgård, Helena Bergström, Johan Widerberg, Gunilla Röör, Jonas Falk, Linda Ulvaeus, Bergljot Arnadottir, Per Sandberg • Versión orixinal subtitulada en castelán.
Sitio oficial

  • Sección oficial no
Festival de San Sebastián 1999
Mención especial do xurado
• Nominada ao oscar 2000 á mellor película estranxeira

Sinopse: 1956. Olof vive só na granxa da súa familia despois da morte de súa nai. Sen saber ler nin escribir, e tendo que fiarse sempre dos demais, Olof depende moito do seu xove amigo Erik, que o axuda polas tardes. Olof pon un anuncio buscando "ama de casa", e aparece Ellen, de cidade e de clase media, que acaba facéndose dona da casa e do corazón de Olof. Baseado no relato "The little farm", de H. E. Bates.

 
           
XOVES 16 DE MARZO DE 2000

20,30 e 23 h. Casa da Cultura

(«Biblioteca Pública», Rúa Concello 11)

   
    THE WAR ZONE / LA ZONA
OSCURA

Tim Roth

The war zone. Gran Bretaña, 1998. Cor, 99 min. Scope. Dirección: Tim Roth • Guión: Alexander Stuart, baseado na súa novela homónima • Productores: Sarah Radclyffe, Dixie Linder • Productor executivo: Eric Abraham • Fotografía: Seamus McGarvey • Dirección artística: Michael Carlin • Montaxe: Trevor Waite • Música: Simon Boswell • Vestiario: Mary Jane Reyner • Maquillaxe: Ivana Primorac • Casting: Jina Jay, Sharon Howard-Field • Intérpretes: Ray Winston (o pai), Lara Belmont (Jessie), Freddie Cunlife (Tom), Tilda Swinton (a nai), Kate Ashfield (Lucy), Aisling O’Sullivan (Carol) • Versión orixinal subtitulada en castelán.

  Espiga de prata no
Festival de Valladolid 99

Sinopse: Para Tom, de quince anos, a súa aparentemente feliz familia de clase media é un territorio no que se libran as batallas máis insospeitadas. Aburrido e solitario na súa nova casa de Devon, a onde a súa familia se trasladou, Tom descobre o terrible segredo que comparten seu pai e a súa irmá Jessie, de 18 anos. A crítica descubriuse ante este filme, a notabilísima primeira incursión do actor Tim Roth na dirección.

 
           
XOVES 23 DE MARZO DE 2000

20,30 e 23 h. Casa da Cultura

(«Biblioteca Pública», Rúa Concello 11)

   
    EL VIENTO NOS LLEVARÁ

Abbas Kiarostami

Bad ma ra khabad bord / Le vent nous emportera. Francia/Irán, 1999. Cor, 115 min. • Dirección, guión e montaxe: Abbas Kiarostami • Baseada nunha idea de Mahmoud Ayedin • Fotografía: Mahmoud Kalari • Son: Jahangir Mishekari • Axudante de dirección: Bahman Ghobadi • Música: Peyman Yazdanian • Intérpretes: Behzad Dourani, habitantes de Siah Dareh. Versión orixinal subtitulada en castelán.

  56º Mostra de Venecia: Gran Premio Especial do Xurado

Sinopse: Un grupo de xente chega desde Teherán a Siah Dareh, unha aldea do Kurdistán iraniano, para unha rodaxe. Os habitantes do lugar descoñecen o motivo polo que se atopan alí. Os recén chegados andan polo cemiterio, o que orixina que a xente da aldea pense que están a buscar un tesouro. A medio camiño entre a comedia e o documental, o afamado director iraniano fai un novo poema fílmico arredor das contradiccións entre vida rural e vida urbana nun país como Irán.

 
           
XOVES 30 DE MARZO DE 2000

20,30 e 23 h. Casa da Cultura

(«Biblioteca Pública», Rúa Concello 11)

 
    DIES IRAE

Carl Theodor Dreyer

Vredens dag. Dinamarca, 1943. B/N, 110 min. • Dirección:Carl Theodor Dreyer • Guión: C. T. Dreyer, Poul Knudsen, Paul La Cour, Mogens Skot-Hansen, baseado na novela Anne Pedersdotter de Hans Wiers-Jenssens • Música: Poul Schierbeck • Fotografía: Karl Andersson • Montaxe: Anne Marie Petersen, Edith Schlüssel • Dirección artística:Erik Aaes • Son: Erik Rasmussen • Intérpretes: Thorkild Roose (Absalon Pedersson), Lisbeth Movin (Anne Pedersdotter, a súa dona), Sigrid Neiiendam (Meret Preben), Lerdorff Rye (Martin), Anna Svierkier (Herlofs Marte), Abert Høeberg (o bispo), Olaf Ussing (Laurentius), Kirsten Andreasen, Sigurd Berg, Harald Holst, Sophie Knudsen, Preben Neergaard, Emilie Nielsen. Versión orixinal subtitulada en castelán.

  Sinopse: Baseándose en feitos históricos sobre a caza de bruxas no século XVII, Dies Irae narra unha historia na que unha muller condenada á fogueira por bruxería, botando unha maldición á familia do pastor da vila. Película de perfección estética só equiparable á súa meticulosa elaboración psicolóxica.  

Voltar ao inicio

Hosted by www.Geocities.ws

1