cinelog.gif (3623 bytes) MARZO 2002
progrot.gif (4021 bytes)
Ampliar imaxe     Xoves, 7 de marzo de 2002 • 20,30 e 23 h.
Salón de Actos da Casa da Cultura (Biblioteca Pública, rúa Concello 11)
ESTREA EN OURENSE

HEDWIG AND THE ANGRY INCH


Hedwig and the Angry Inch
. EE UU, 2001. Cor, 95 min. • Director: John Cameron Mitchell • Producción: Pamela Koffler, Katie Roumel, Christine Vachon (Killer Films, New Line Cinema) • Guión: John Cameron Mitchell, a partir da súa obra teatral • Fotografía: Frank G. DeMarco • Música: Stephen Trask • Montaxe: Andrew Marcus • Intérpretes: John Cameron Mitchell, Michael Pitt, Miriam Shor, Stephen Trask, Theodore Liscinski, Rob Campbell, Michael Aranov, Andrea Martin • Data de estrea en España: 14-12-2001 • Versión orixinal con subtítulos en castelán.

• Festival de Sundance 2001: Premio do Público, Premio ao Mellor Director
• Festival de Berlín 2001: Premio Teddy á mellor Película
• Festival de cinema americano de Deauville 2001: Gran Premio Especial, Premio da Crítica, premio CinéLive
• Festival Internacional de Cinema de San Francisco 2001: Premio do Público
• Festival de Cinema Gai e Lésbico de San Francisco 2001: Mellor Opera Prima
• Festival de Estocolmo 2001: Mención de Honra
• Nomeado ao Globo de Ouro 2002 ao mellor actor (John Cameron Mitchell)

• Webs oficiais: http://www.aurum.es   http://www.hedwigmovie.com

Adaptación do célebre musical rock do ‘off Broadway’, a película conta a historia do transexual Hedwig Schmidt que, de mala gana, se someteu a un cambio de sexo que lle permitiu casar cun soldado americano e alcanzar a liberdade ao outro lado do muro de Berlín. Tras divorciarse, decide formar un grupo de rock e namórase dun xove que lle rouba as súas cancións e triunfa por todo o alto. Acompañada do seu grupo paneslavo, The Angry Inch, Hedwig, aflixida pero divertida, segue a Tommy na súa xira de masas, tocando en restaurantes medio baleiros ante clientes desconcertantes e uns cantos fans incondicionais.

 

imarriedm.jpg (24458 bytes) Xoves, 14 de marzo de 2002 • 20,30 e 23 h.
Salón de Actos da Casa da Cultura (Biblioteca Pública, rúa Concello 11)
Dentro do programa da VI Bienal da Caricatura de Ourense
ESTREA EN OURENSE

ME CASÉ CON UN EXTRAÑO


I Married a Strange Person. EE UU, 1997. Cor, 76 min. • Dirección: Bill Plympton • Producción: Bill Plympton (Italtoons) • Guión: Bill Plympton, P. C. Vey • Fotografía: John Donnelly • Música: Maureen McElheron • Montaxe: Anthony Arcidi • Intérpretes (voces): Charis Michaelson (Keri Boyer), Tom Larson (Grant Boyer), Richard Spore (Larson P. Giles), Chris Cooke (Coronel Ferguson), Ruth Ray (nai de Keri) J. B. Adams (pai de Keri), John A. Russo (Bud Sweeny), Jennifer Senko (Smiley), Etta Valeska (modelo) • Data de estrea en España: 29-06-2001 • Versión orixinal con subtítulos en castelán.

Festival de Sundance 1998: sección oficial
• Fantasporto 1999: sección oficial
• Festival de Long Island 1998: Mellor filme de animación
• World Animation Celebration 1998: Mellor filme en longametraxe


• Webs oficiais: http://www.plymptoons.com , http://www.awn.com/plympton

Un recén casado sofre unha descarga enerxética da antena parabólica da súa casa; esta prodúcelle un vulto na parte de atrás do seu pescozo que lle permite converter calquera desexo en realidade, incluídas as fantasías sexuais da parella. Pero un magnate dos medios de comunicación quere ter o vulto para controlar as audiencias e os efectos dos medios. Dirixindo o seu exército atópase o coronel Ferguson, que tamén quere o vulto para si.

 

Ampliar a imaxe Xoves, 21 de marzo de 2002 • 20,30 e 23 h.
Salón de Actos da Casa da Cultura (Biblioteca Pública, rúa Concello 11)
ESTREA EN OURENSE

REQUIEM POR UN SUEÑO


Requiem for a Dream
. EE UU, 2000. Cor, 102 min. • Dirección: Darren Aronofsky • Producción: Palmer West, Eric Watson, Scott Vogel, Jonah Smith, Randy Simon, Scott Franklin (Requiem for a Dream LLC, Protozoa Pictures, Sibling Productions, Thousand Words, Truth and Soul Pictures, Bandeira Entertainment, Industry Entertainment, Artisan Entertainment) • Guión: Hubert Selby Jr. e Darren Aronofsky, a partir dunha novela do primeiro • Fotografía: Matthew Libatique • Música: Clint Mansell • Montaxe: Jay Rabinowitz • Intérpretes: Ellen Burstyn (Sara Goldfarb), Jared Leto (Harry Goldfarb), Jennifer Connelly (Marion Silver), Marlon Wayans (Tyrone C. Love), Christopher McDonald (Tappy Tibbons), Louise Lasser (Ada), Keith David (Big Tim), Sean Gullette (Arnold) • Data de estrea en España: 23-03-2001 • Versión orixinal con subtítulos en castelán

• Festival de Valladolid 2000: Espiga de Ouro
• Festival de Cannes 2000: Sección Oficial
• Festival de Deauville 2000: Sección Panorama
• Festival de Estocolmo 2000: Mellor actriz (Ellen Burstyn)
• Nomeada ao Oscar 2001 á mellor actriz (Ellen Burstyn)
• Nomeada ao Globo de Ouro 2001 á mellor actriz (Ellen Burstyn)
• Independent Spirit Awards 2001: mellor actriz (Ellen Burstyn), mellor fotografía

• Web oficial: http://www.requiemforadream.com

Nun apartamento de Coney Island, a solitaria Sara, estimulada pola posibilidade de aparecer nun concurso televisivo, iniciou unha perigosa dieta de adelgazamento. Mentres tanto, o seu fillo Harry quere axudar á súa noiva Marion a montar unha tenda na que poida vender os seus propios deseños de roupa. Para iso, lánzase xunto ao seu amigo Tyron ao negocio da venda de drogas.

 

 

 

 

Programación realizada coa colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia e a Casa da Xuventude de Ourense

Voltar ao inicio

Hosted by www.Geocities.ws

1