cinelog.gif (3623 bytes) FEBREIRO 2002
progrot.gif (4021 bytes)
Ampliar a imaxe     Xoves, 7 de febreiro de 2002 • 20,30 e 23 h.
Salón de Actos da Casa da Cultura (Biblioteca Pública, rúa Concello 11)
ESTREA EN OURENSE

PAN Y TULIPANES


Pane e tulipani
. Italia-Suíza, 2000. Cor, 105 min. • Dirección: Silvio Soldini • Guión: Doriana Leondeff, Silvio Soldini • Producción: Daniele Maggioni (Monogatari, Istitute Luce, Rai Cinema, en colaboración con Amka Films e TSI) • Fotografía: Luca Bigazzi • Música: Giovanni Venosta • Montaxe: Carlotta Cristiani • Intérpretes: Licia Maglietta, Bruno Ganz, Marina Massironi, Giuseppe Battiston, Felice Andreasi, Antonio Catania, Tatiana Lepore • Data de estrea en España: 05-10-2001 • Versión orixinal con subtítulos en castelán.

• Premios David di Donatello (Premios do Cinema Italiano) 2000: Mellor actor (Bruno Ganz), Mellor actriz (Licia Maglietta), Mellor Fotografía, Mellor Película, Mellor Guión, Mellor Son, Mellor actor secundario (Giuseppe Battiston), Mellor actriz secundaria (Marina Massironi)

• Web da distribuidora en EE UU: http://www.breadandtulipsthemovie.com

Durante unha excursión turística en autobús, Rosalba, unha ama de casa de Pescara, fica esquecida por descoido nunha área de servicio. Ofendida, en lugar de esperar a que o seu marido e fillos volvan a recollela, decide voltar á casa pola súa conta. Mais, de súpeto, encóntrase subida nun coche en dirección a Venecia, onde ela non estivo nunca antes. Así comeza a súa aventura. O que debía ser un día de liberdade convértese nunhas «pequenas vacacións», como ela mesma as define na carta que escribe á casa.

 

Ampliar imaxe Xoves, 14 de febreiro de 2002 • 20,30 e 23 h.
Salón de Actos da Casa da Cultura (Biblioteca Pública, rúa Concello 11)
ESTREA EN OURENSE

BAISE-MOI (Fóllame)


Baise-Moi. Francia, 2000. Cor, 76 min. • Dirección: Virginie Despentes, Coralie Trinh Thi • Guión: Virginie Despentes, Coralie Trinh Thi, a partir da novela escrita por Virginie Despentes • Producción: Philippe Godeau (Toute Premiere Fois, Take One, Pan Européenne, le Studio Canal Plus) • Fotografía: Benoît Chamaillard • Música: Varou Jan • Montaxe: Aïlo Auguste, Francine Lemaitre • Intérpretes: Raffaëla Anderson, Karen Lancaume, Delphine MacCarty, Lisa Marshall, Estelle Isaac, Hervé P. Gustave, Marc Rioufol • Data de estrea en España: 16-03-2001 • Versión orixinal con subtítulos en castelán.

Festival de Cine de Gijón 2000: sección oficial
• Festival de Locarno 2000: sección oficial
• Festival de Estocolmo 2000: sección oficial


• Webs oficiais: http://www.baisemoilesite.com , http://www.baisemoithemovie.com
Fotos da película

Nadine e Manu son dúas rapazas como as demais, pero cunha diferencia: cospen á cara as súas vidas, as súas frustracións, os seus fracasos, e forzan o destino para consumar a súa vontade, convencidas de que o que non as mate as fará máis fortes. De cometer pequenos atracos pasan a un vingativo baño de sangue, durante o que se van convertendo en insaciables depredadoras, sen escrúpulos, diseminando a súa infame traxectoria de brutais e destemperadas sentencias. Baseado no libro Fóllame, de Virginie Despentes (Grijalbo Mondadori, 1998).

 

Ampliar imaxe Xoves, 21 de febreiro de 2002 • 20,30 e 23 h.
Salón de Actos da Casa da Cultura (Biblioteca Pública, rúa Concello 11)
ESTREA EN OURENSE

LA BICICLETA DE PEKÍN


Shiqi sui de dan che.
China-Taiwán-Francia, 2001. Cor, 113 min. • Dirección: Wang Xiaoshuai • Guión: Wang Xiaoshuai, Tang Danian, Peggy Chiao, Hsu Hsiao-Ming • Producción: Peggy Chiao, Han Sanping, Hsu Hsiao-Ming (Beijing Film Studio, Asiatic Films, Arc Light Films, Pyramide Productions) • Fotografía: Liu Jie • Música: Wang Feng • Montaxe: Hsiao Ju-Kuan, Yang Hongyu • Intérpretes: Cui Lin, Li Bin, Xun Zhou, Gao Yuanyuan, Li Shuang, Zhao Yiwei • Data de estrea en España: 31-10-2001 • Versión orixinal con subtítulos en castelán.

• Festival de Berlín 2001: Oso de prata, Gran premio do xurado, Premio ao mellor xove actor
• Festival de San Sebastián 2001: sección Zabaltegi

• Web oficial: http://www.pyramidefilms.com/beijingbicycle

Xiao Gui é un rapaz que traballa nunha empresa de reparto de Pekín. Para el, a vida non é algo fácil, xa que debe dar parte do seu salario para pagar a bicicleta coa que traballa. Cando case ten rematado de facelo, róubanlla na rúa. Sen a súa bici, Gui non pode traballar. Desesperado, percorre todo Pekín para atopala. De súpeto, milagrosamente, o seu mellor amigo recoñece a bici montada por Jian, un estudiante que a mercou no rastro. A bici pertence, por tanto, aos dous... terán que aprender a compartila...

 

Xoves, 28 de febreiro de 2002 • 20,30 e 23 h.
Salón de Actos da Casa da Cultura (Biblioteca Pública, rúa Concello 11)
ESTREA EN OURENSE

PROXECCIÓN SUSPENDIDA
Debido á súa proxección nun cinema comercial da cidade esta mesma semana, sen que a distribuidora nos advertira de tal extremo, vímonos obrigados a suspender a proxección da película 'Kandahar'. Dada a premura de tempo, foi imposible substituíla por un título alternativo.


KANDAHAR


Safar é Ghandehar. Irán-Francia, 2001. Cor, 85 min. • Director: Mohsen Makhmalbaf • Producción: Mohsen Makhmalbaf (Makhmalbaf Productions, Bac Films) • Fotografía: Ebrahim Ghafouri • Música: Mohammad Reza Darvishi • Montaxe: Mohsen Makhmalbaf • Intérpretes: Niloufar Pazira, Hassan Tantai, Sadou Teymouri • Data de estrea en España: 23-11-2001• Versión orixinal con subtítulos en castelán.

• Festival de Cannes 2001: sección oficial
• Semana Internacional de Cine de Valladolid 2001: Sesión de Inauguración

• Web oficial: http://www.golem.es/kandahar

Nafas é unha xove periodista afgá refuxiada no Canadá. A súa irmá pequena vive en Afganistán e mándalle unha carta desesperada dicíndolle que decidiu quitarse a vida antes do eclipse de sol que se achega. Nafas fuxiu do seu país durante a guerra civil talibán pero, ante a noticia, decide voltar a Kandahar para axudar á súa irmá e tenta cruzar a fronteira entre Irán e Afganistán.

 

 

 

 

 

Programación realizada coa colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia e a Casa da Xuventude de Ourense

Voltar ao inicio

Hosted by www.Geocities.ws

1