cinelog.gif (3623 bytes) XANEIRO 2002
progrot.gif (4021 bytes)
Ampliar a imaxe     Xoves, 17 de xaneiro de 2002 • 20,30 e 23 h.
Salón de Actos da Casa da Cultura (Biblioteca Pública, rúa Concello 11)
ESTREA EN OURENSE

GRACIAS POR EL CHOCOLATE


Merci pour le chocolat
. Francia-Suíza, 2000. Cor, 99 min. • Dirección: Claude Chabrol • Producción: Marin Karmitz (CAB Productions, Suisse Succes Cinéma, YMC Productions, MK2 Productions, Le Studio Canal Plus, France 2 Cinéma) • Guión: Claude Chabrol e Caroline Eliacheff, a partir dunha novela de Charlotte Armstrong • Fotografía: Renato Berta • Música: Matthieu Chabrol • Montaxe: Monique Fardoulis • Intérpretes: Isabelle Huppert, Jacques Dutronc, Anna Mouglalis, Rodolphe Pauly, Brigitte Catillon, Michel Robin, Mathieu Simonet • Data de estrea en España: 30-03-2001 • Versión orixinal con subtítulos en castelán.

• Festival de Venecia 2000: sección oficial
• Montreal 2000: Mellor interpretación feminina

Unha poderosa muller, que está afeita a ter todo controlado ao seu redor, ve como unha ameaza para a estabilidade da súa familia a aparición dunha pianista nova de enorme talento á que o seu marido dá clases musicais.

 

theanniversm.jpg (25992 bytes) Xoves, 24 de xaneiro de 2002 • 20,30 e 23 h.
Salón de Actos da Casa da Cultura (Biblioteca Pública, rúa Concello 11)
ESTREA EN OURENSE

THE ANNIVERSARY PARTY

The Anniversary Party • EE UU, 2001 • Cor, 115 min. • Dirección: Alan Cumming, Jennifer Jason Leigh • Producción: Alan Cumming, Jennifer Jason Leigh, Joanne Sellar (Ghoulardi Film Company, Pas de Quoi, Fine Line Features) • Guión: Alan Cumming, Jennifer Jason Leigh • Fotografía: John Bailey • Música: Michael Penn • Montaxe: Carol Littleton, Suzanne Spangler • Intérpretes: Alan Cumming, Jennifer Jason Leigh, Gwyneth Paltrow, Kevin Kline, Phoebe Cates, Jane Adams, John C. Reilly, John Benjamin Hickey, Parker Posey • Data de estrea en España: 26-10-2001

• Festival de Cannes 2001: sección «Un certain regard»


Web oficial: http://w
ww.theanniversaryparty.com

Joe e Sally Therrian ofrecen unha festa para celebrar diversos acontecementos relacionados co seu matrimonio: o seu sexto aniversario de voda, a súa decisión de ter fillos e a súa reconciliación despois dunha separación dun ano. Convidaron os seus mellores amigos, aqueles que os tentaron no pasado e os tentan no presente, e tamén, co fin de evitar unha querela, os seus belicosos veciños. Un agasallo sorpresa fai que a reunión se lles vaia das mans e provoca unha serie de dolorosas confesións.

 

ampliar o debuxo Xoves, 31 de xaneiro de 2002 • 20,30 e 23 h.
Salón de Actos da Casa da Cultura (Biblioteca Pública, rúa Concello 11)
ESTREA EN OURENSE

UN PERRO LLAMADO DOLOR

Un perro llamado Dolor. España, 2001 • Cor, 94 min • Director: Luis Eduardo Aute • Producción: Jorge M. Reverte, Miguel Gómez (Story Board, Vailima, Iberautor) • Guión: Luis Eduardo Aute • Fotografía: Ignacio D’Olhaberriague, Sara Martín • Música: Silvio Rodríguez, Suso Sáiz, Moraíto Chico, Luis Eduardo Aute • Montaje: Javier Núñez • Data de estrea: 16-11-2001

• Presentada no Festival de San Sebastián 2001

web oficial: http://www.unperrollamadodolor.com

Película de animación escrita e realizada por Aute, que fixo os 4.000 debuxos a lapis dos que se compón o filme. A súa liña argumental, composta de sete historias ou retratos, é a da relación entre o artista e o seu modelo, cun fío conductor, que é o can Dolor, co-protagonista de case todos os episodios. Luis Eduardo Aute reinterpreta as relacións de pintores como Goya, Duchamp, Picasso, Sorolla, Romero de Torres, Frida Kahlo, Rivera, Dalí e Velázquez cos seus modelos, co seu contorno, coa súa historia.


 

 

Programación realizada coa colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia e a Casa da Xuventude de Ourense

Voltar ao inicio

Hosted by www.Geocities.ws

1