cinelog.gif (3623 bytes) 2001.gif (2417 bytes)

ABRIL

progrot.gif (4021 bytes)
   
>>CICLO «OS DEREITOS HUMANOS» (marzo e abril 2001)


en colaboración con Amnistía Internacional Ourense
Co patrocinio da Universidade de Vigo, Fundación Pedro Barrié de la Maza, Caixanova e Banco Pastor, a Concellería de Cultura do Concello de Ourense e mais Amnistía Internacional Ourense

 

Ampliar a imaxe >> Xoves, 5 de abril de 2001 • 20,30 e 23 h.
Salón de Actos da Casa da Cultura (Biblioteca Pública, rúa Concello 11)
EL CÍRCULO PERFECTO

Savrseni krug/Le circle parfait. Bosnia-Herzegovina/Francia, 1996. Cor, 110 min.• Dirección: Ademir Kenovic • Guión: Ademir Kenovic, Abdulah Sidran, Pjer Zalica • Producción: Sylvain Bursztejn, Dana Rotberg, Peter van Vogelpoel (Argus Film Produktie, Le Studio Canal +, Parnasse International, Sarajevo Dokument, Sept-Cinema, The National Center of Cinematography) • Música: Esad Arnautalic, Ranko Rihtman • Fotografía: Milenko Uherka • Montaxe: Christel Tanovic • Intérpretes: Mustafa Nadarevic (Hamza), Almedin Leleta (Adis), Almir Podgorica (Kerim), Jasna Diklic (Gospoda), Mirela Lambic (Miranda), Ljubica Lohajner-znidaric (muller vella), Josip Pejakovic • Versión orixinal con subtítulos en castelán.

Un poeta bosníaco, alcohólico, manda a sua muller e a sua filla fóra de Saraievo de forma que poidan evitar os problemas da guera. Sen embargo, é axiña atacado por un par de irmáns orfos. Os irmáns escaparan dunha masacre na súa vila e chegaran á capital bosníaca na procura dunha tía súa, da que había moito que non tiñan noticias. O poeta faise amigo dos rapaces e xuntos tratan de sobrevivir ao horror do asedio a Saraievo.

 

>> Xoves, 19 de abril de 2001 • 20,30 e 23 h.
Salón de Actos da Casa da Cultura (Biblioteca Pública, rúa Concello 11)
EL PROCESO

Le Procès/Der Prozess/Il Processo/The trial. Francia/R. F. Alemana/Italia, 1962. Branco e negro, 118 min. • Dirección: Orson Welles • Guión: Orson Welles, Pierre Cholot, segundo a novela de Franz Kafka • Producción: Yves Laplanche, Alexander e Michael Salkind (Paris-Europa Productions, Hisa-Films, Fi-C-It) • Música: Jean Ledrut, Tomaso Albinoni («Adagio en do») • Fotografía: Edmond Richard • Montaxe: Yvonne Martin, Frederick Muller, Orson Welles • Intérpretes: Anthony Perkins (Joseph K.), Arnoldo Foà (Inspector A), Jess Hahn (Subinspector 1), Billy Kearns (Subinspector 2), Madeleine Robinson (Sra. Grubach), Jeanne Moreau (srta. Burstner), Maurice Teynac (subdirector), Maydra Shore (Irmie, prima de Joseph K.), Suzanne Flon (Srta. Pittl), Raoul Delfosse (primeiro verdugo), Jean-Claude Rémoleux (un verdugo), Max Buchsbaum (Maxistrado examinador), Carl Studer (o home do látego), Max Haufler (o Tío Max), Romy Schneider (Leni, muller do avogado), Fernand Ledoux (o Secretario), Akim Tamiroff (Bloch, un cliente do avogado), Elsa Martinelli (Hilda, muller do ordenanza), Thomas Holtzmann (Bert, o estudiante de dereito), Wolfgang Reichmann (ordenanza), William Chappell (Titorelli), Michael Lonsdale (Sacerdote), Orson Welles (Avogado). • Versión orixinal con subtítulos en castelán

Josef K. acorda unha mañá e descobre que a policía está na súa habitación. Dinlle que vai ser xulgado, pero ninguén lle di de qué está acusado. Para poder enteirarse da razón da súa acusación e defender a súa inocencia, trata de ollar alén da fachada do sistema xudicial. Pero como resulta infructuoso, parece non haber oportunidade para escapar a este pesadelo kafkiano.

 

>> Xoves, 26 de abril de 2001 • 20,30 e 23 h.
Salón de Actos da Casa da Cultura (Biblioteca Pública, rúa Concello 11)
Z

Z. Alxeria/Francia, 1969. Cor, 127 min. • Dirección: Costa-Gavras • Guión: Jorge Semprún, Costa-Gavras, segundo a novela de Vassilis Vassilikos • Producción: Jacques Perrin, Ahmed Rachedi, Eric Schlumberger, Philippe d'Argila (Office National pour le Commerce et l'Industrie Cinématographique, Reggane Films, Valoria Films) • Música: Mikis Theodorakis • Fotografía: Raoul Coutard • Montaxe: Françoise Bonnot • Intérpretes:Yves Montand (o Deputado), Irene Papas (Helene, a muller do Deputado), Jean-Louis Trintignant (o xuíz instructor), François Périer (Fiscal), Jacques Perrin (Fotoxornalista), Charles Denner (Manuel), Pierre Dux (o Xeneral), Georges Géret (Nick), Bernard Fresson (Matt), Marcel Bozzuffi (Vago), Julien Guiomar (o Coronel), Magali Noël (irmá de Nick), Renato Salvatori (Yago), Habib Reda, Clotilde Joano (Shoula), Maurice Baquet (o home calvo), Sid Ahmed Agoumi, Allel El Mouhib, Hassan Hassani (o Chofer do Xeneral), Gérard Darrieu (Baron), Jean Bouise (Georges Pirou), Jean-Pierre Miquel (Pierre), Van Doude (o Director do Hospital), Jean Dasté (Coste), Jean-François Gobbi (Jimmy o boxeador), Guy Mairesse (Dumas), Andrée Tainsy (nai de Nick), Eva Simonet (Niki) • Versión orixinal con subtítulos en castelán.


• Cannes 1969: Premio do Xurado, Premio ao mellor actor (Jean-Louis Trintignant)
• Oscar á mellor película de fala non inglesa — Oscar á mellor montaxe 1970
• Globo de ouro á mellor película de fala non inglesa 1970

Costa-Gavras fai unha crónica da caída do goberno democrático en Grecia. Cando un político liberal é asasinado nun ataque durante unha demostración pacífica, as figuras da dereita establecida no exército e na policía non só tratan de ocultar a súa participación no asunto, senón que ademais tamén encobren o crime. O fiscal deberá actuar como detective para traspasar o encubrimento. Historicamente precisa, a película está asemade contada como unha combinación de filme de misterio e thriller.


Proxeccións especiais
      
Ampliar a imaxe Mércores 25 de abril de 2001 • Única sesión ás 20,30 h.
Salón de actos da Casa da Cultura (Biblioteca Pública, Concello 11)
Dentro das actividades de conmemoración do Aniversario da II República
organizadas pola Asociación de Amigos da República

GALICIA Y BUENOS AIRES
Presentada polo historiador Manolo González

Galicia y Buenos Aires. España-Arxentina, 1931. Branco e negro, 40 min. aprox. • Dirección: José GilProducción: Galicia Cinegráfica (Vigo) para Sociedad Progresista Hijos de Fornelos y Anexos (Buenos Aires) • Rótulos: Saturnino Piñeiro • Restauración: Arquivo da Emigración Galega e Centro Galego de Artes da Imaxe (1999) • Muda, con intertítulos en castelán.

Película documental de grande valor etnográfico e testemuña histórica —neste caso, a inauguración da sede do Sindicato Agrícola de Fornelos—, realizada para os galegos na emigración. Copia atopada en Buenos Aires polos historiadores Xosé Manuel Núñez Seixas e Afonso Vázquez-Monxardín.

 

Ampliar a imaxe

Venres 27 de abril de 2001 • Única sesión ás 20,30 h.
Dentro do programa da 6ª MITEU

Curtametraxes hondureñas en vídeo
LAS CUATRO TABLAS e LIMPIANDO CHAQUETA
Coa presencia dos seus directores

Las cuatro tablas.
Honduras, 2001. Cor, 22 min. • Dirección e guión: Daniel Serrano • Producción: Luis Griffin, Marisela Bustillo (Programa Atención Menores, Dir. Gral. Policía Preventiva) • Fotografía: Roberto Redondo • Dirección artística: Douglas Alonzo • Montaxe: Gerardo Armando Aguilar • Versión orixinal.

Átomo, pandillero adolescente, quere cambiar a súa situación para levar unha vida digna. Por riba de mil perigos, decide abandonar a mala sorte que o ten atrapado como a tantos xoves hondureños. Este é o día do calendario en que se enfronta ao seu destino.

Limpiando Chaqueta.
Honduras, 2001. Cor, 22 min. • Dirección e guión: Mario Jaén • Producción: Luis Griffin, Marisela Bustillo (Programa Atención Menores, Dir. Gral. Policía Preventiva) • Fotografía: Roberto Redondo • Dirección artística: Douglas Alonzo • Montaxe: Selvin Aguilar • Versión orixinal.

‘La Chunga’, unha xove pandillera, cometeu unha falta grave en contra das regras da banda e como única alternativa ten que «limpiar chaqueta»: ‘La Mona’ é a víctima escollida para este traballo, porque o honor e a honra só con sangue se lavan.

 

Programación realizada coa colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia e a Casa da Xuventude de Ourense

Voltar ao inicio

Hosted by www.Geocities.ws

1