cinelog.gif (3623 bytes) 2001.gif (2417 bytes)

FEBREIRO

progrot.gif (4021 bytes)
Ampliar a imaxe     Xoves, 1 de febreiro de 2001 • 20,30 e 23 h.
Salón de Actos da Casa da Cultura (Biblioteca Pública, rúa Concello 11)

LA VIUDA DE SAINT-PIERRE

La veuve de Saint-Pierre. Francia-Canadá, 2000. Cor, 112 min. • Director: Patrice Leconte • Guión: Claude Faraldo • Productores: Gilles Legrand, Fredéric Brillion (Epithète Films, France 2 Cinéma, France 3 Cinéma, Cinémaginaire Inc.) • Fotografía: Eduardo Serra • Música: Pascal Estève • Montaxe: Joëlle Hache • Intérpretes: Juliette Binoche (Madame La), Daniel Auteuil (o Capitán), Emir Kusturica (Neel Auguste), Michel Duchaussoy (gobernador), Philippe Magnan (presidente Venot), Christian Charmetant (o comisario de mariña), Philippe du Janerand (xefe da alfándega), Reynald Bouchard (Louis Ollivier), Ghyslain Tremblay (Monsieur Chevassus), Marc Béland (soldado Loïc) • Versión orixinal con subtítulos en castelán.

sitio oficial: www.laveuvedestpierre.com
f
otografías da película: www.cinema.com/gallery/item.phtml?ID=667

Festival de Cinema de Moscova: Premio da Crítica
Nomeada ao Globo de Ouro á mellor película de lingua estranxeira

En pleno século XIX, na pequena illa francesa de Saint-Pierre, un home é salvaxemente asasinado. O culpable, Neel August, é condenado a morrer guillotinado, pero como na illa non dispoñen de semellante artefacto (alcumado ‘a viúva’ polos presos), han de agardar a que chegue de París. Mentres tanto, o condenado converterase, gracias a Madame La, a muller do seu gardián, no home máis popular e indispensable da illa. Última película estreada en España do director de Monsieur Hire, El marido de la peluquera e Ridicule, e primeira incursión actoral do director Emir Kusturica.

 

     
Ampliar a imaxe Xoves, 8 de febreiro de 2001 • 20,30 e 23 h.
Salón de Actos da Casa da Cultura (Biblioteca Pública, rúa Concello 11)
DOCTOR AKAGI

Kanzo Sensei. Xapón-Francia, 1998. Cor, 129 min. • Dirección: Shohei Imamura • Guión: Shohei Imamura, Daisuke Tengan, segundo o libro Doctor Liver, de Ango Sakaguchi • Producción: Hisa Ino, Koji Matsuda (Imamura Productions, Toei Company Ltd., Catherine Dussart Productions, Comme Des Cinemas, Kadokawa Shoten) • Fotografía: Shigeru Komatsubara • Música: Yosuke Yamashita • Montaxe: Hajime Okayasu • Intérpretes: Akira Emoto (Dr. Akagi), Kumiko Aso (Sonoko), Jyuro Kara (Umemoto), Masanori Sera (Toriumi), Jacques Gamblin (Piet), Keiko Matsuzaka (Tomiko), Misa Shimizu (Gin), Yukiya Kitamura (Sankichi), Masato Yamada (Masuyo), Tomoro Taguchi (Nosaka), Masatô Ibu (Ikeda) • Data de estrea en España: 28/07/00 • Versión orixinal con subtítulos en castelán.

Sección oficial Festival de Cannes 1998,
Festival de Toronto 1998,
Festival de Nova York 1998

En 1945, en vésperas da rendición xaponesa, o Doutor Akagi, médico dunha aldea pesqueira nunha das illas xaponesas, está consternado pola cantidade de persoas que caen afectadas de hepatite, primeira causa de morte no desnutrido país. Ante esta situación, decide implicarse para salvar a súa integridade profesional. A última película do director de La balada de Narayama e La anguila, gañadoras de senllas Palmas de Ouro en Cannes.

«Como todas as películas anteriores de Imamura que tiven a sorte de ver, Doctor Akagi reta a miña concepción do mundo que nos rodea, así como a miña forma de interpretar ese mundo no meu propio traballo. Este desafío constitúe unha fonte de inspiración. Véñenme ganas de rodar máis películas e creo que incitará á xente nova a dirixir e así espremer o seu propio punto de vista. Non hai ningunha dúbida, é un auténtico mestre»
Martin Scorsese

 

   
Ampliar a imaxe Xoves, 15 de febreiro de 2001 • 20,30 e 23 h.
Salón de Actos da Casa da Cultura (Biblioteca Pública, rúa Concello 11)
THE RING (EL CÍRCULO)

Ringu. Xapón, 1998. Cor, 95 min. • Dirección: Hideo Nakata • Guión: Hiroshi Takahashi, segundo a novela de Kôji Suzuki • Producción: Shinya Kawai, Takashige Ichise, Takenori Sento (Kadokawa Shoten Publishing Company, Ltd.) • Producción executiva: Masato Hara • Fotografía: Junichirô Hayashi • Música: Kenji Kawai • Montaxe: Nobuyuki Takahashi • Intérpretes: Nanako Matsushima (Reiko Asakawa), Hiroyuki Sanada (Ryuji Takayama), Miki Nakatani (Mai Takano), Yuko Takeuchi (Tomoko Oishi), Hitomi Sato (Masami Kurahashi), Yoichi Numata (Takashi Yamamura), Yutaka Matsushige (Yoshino) Katsumi Muramatsu (Koichi Asakawa), Rikiya Otaka (Yoichi Asakawa), Masako (Shizuko Yamamura), Daisuke Ban (Doutor Heihachiro Ikuma), Kiyoshi Risho (Omiya, o cámara), Masahiko Ono (Okazaki), Yôko Ôshima (a tía de Reiko), Kiriko Shimizu (Ryomi Oishi) • Data de estrea en España: 24/11/00 • Versión orixinal con subtítulos en castelán.

Dúas fotos da película

• Festival de Cinema Fastástico de Bruxelas 1999: mellor película
• Festival de Sitges 1999: mellor película,  mellores efectos especiais


Reiko é unha reporteira televisiva que comeza a investigar unha estraña historia sobre unha cinta de vídeo que provoca a morte a todo aquel que a ve, unha semana máis tarde e despois de recibir unha misteriosa chamada. O malo é que a seguinte víctima pode ser ela, porque chega a conseguir a cinta en cuestión.

Baseada nun libro de Koji Suzuki, un mestre do terror no país asiático, este humilde filme xaponés arrasou no Festival de Sitges de 1999 levándose o premio á mellor película e ao mellor director; obtivo tamén outros premios como o Golden Raven do Festival Internacional de Bruxelas. Un título cuxo éxito en Xapón superou a cintas como
Matrix e El sexto sentido, chegando a ser un auténtico fenómeno social. Trátase dunha cinta de auténtico terror, lonxe do acostumado festín de casquerías ao que nos teñen afeitos as produccións hollywoodienses deste xénero, e isto lógrao cunha historia bastante simple que arrinca dunha cinta de vídeo maldita, sospeitosa de provocar a morte de quen a ve, unha historia capaz de manter a tensión durante case toda a metraxe.

 

Ampliar a imaxe

 

Xoves, 22 de febreiro de 2001 • 20,30 e 23 h.
Salón de Actos da Casa da Cultura (Biblioteca Pública, rúa Concello 11)
NACIONAL 7

Nationale 7. Francia, 2000. Cor, 90 min. • Dirección: Jean-Pierre Sinapi • Guión: Anne Marie Catois, Jean-Pierre Sinapi • Producción: Jacques Fansten (Télécip Productions, Arte France Cinéma, La Sept-Arte) • Fotografía: Jean-Paul Meurisse • Montaxe: Catherine Schwartz • Intérpretes: Nadia Kaci (Julie), Olivier Gourmet (René), Lionel Abelanski (Roland), Chantal Neuwirth (Sandrine), Gérald Thomassin (Jean-Louis), Saïd Taghmaoui (Rabah), Nadine Marcovici (Florèle), Julien Boisselier (o psicólogo), Isabelle Mazin (Solange), Jean-Claude Frissung (director), François Sinapi (padre Gilbert), Franck Desmaroux (François), Manuela Gourary (prostituta 2), Gilia Pallas (muller enfadada), Jacques Bondoux (Christian) • Data da estrea en España: 15/12/00 • Versión orixinal con subtítulos en castelán.

• Festival de Berlín 2000: Premio do público
• Festival de San Sebastián 2000: Premio do público
• Festival de Londres 2000: Premio Fipresci da crítica internacional


Cartel orixinal (Francia)
Fotos da película


René padece unha enfermidade muscular dexenerativa que o volveu insoportable. Cando o seu coidado lle é confiado a unha nova enfermeira, o enfermo confésalle que unha das causas do seu mal humor constante é que hai tempo que non se deita con ningunha muller. Sen pensalo dúas veces, ela porase a buscar unha prostituta entre as caravanas próximas á Nacional 7 que acepte compracer ao discapacitado.

Programación realizada coa colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia e a Casa da Xuventude de Ourense

Voltar ao inicio

Hosted by www.Geocities.ws

1