cinelog.gif (3623 bytes)
MEMORIA DE ACTIVIDADES
ANO 2001

O ano 2001 foi sen dúbida un ano de fructíferas colaboracións, tales como a do ciclo organizado co grupo local de Amnistía Internacional, ou as proxeccións realizadas con axuda de diferentes departamentos da Escola Oficial de Idiomas de Ourense. Novamente, porén, a programación semanal tivo que sufrir a carencia de axudas das institucións, o que provocou a práctica ausencia de clásicos na programación. Malia iso, o Cineclube organizou para o Concello de Ourense, gratuitamente e sen pedir máis que os custes materiais da actividade, as proxeccións de cinema ao ar libre nas Festas do Corpus de Ourense, recuperando así unha tradición perdida nos últimos anos, e dotándoa de toda a espectacularidade da pantalla grande e dun bo sistema de son.

Recuperouse tamén outro tipo de actividade complementaria ás proxeccións, a dos cursiños de iniciación, neste caso cun sobre a técnica do guión, impartido polo profesor Carlos Hervella.

En vistas a conseguir non só maior afluencia de público senón tamén unha maior ligazón cos socios e socias, reforzouse a figura do socio con dúas novas modalidades: a de socio/a colaborador/a (que paga a maiores das cuotas semanais 1.000 ptas [6 euros] e obtén diversos beneficios como participar en sorteos de carteis), e o de socio/a protector/a (que paga unha única cuota de 10.000 ptas [60 euros] e ten todos os beneficios dos socios/as colaboradores/as). Ademais, o servicio de envío de noticias da programación por correo electrónico a quen o solicita, así como a web www.cineclubepf.go.to, están a ter un éxito que garante que máis xente coñeza e se interese polas actividades do Cineclube.

Socios colaboradores/as do ano 2001: Fernanda Barros Rodríguez, Álvaro Pérez Rodríguez, Lucila Bravo Bosch, Fernando Varela González, Montserrat Rodríguez Álvarez, Cecilia Bello Rodríguez, Mª Jesús Justo Gómez, María Vergel Gómez

Socios/as protectores/as do ano 2001: Xesús Precedo Barbeito

 

Proxeccións ano 2001

Salvo indicación en contra, as películas recibiron dúas proxeccións, sempre no salón de actos da Casa da Cultura («Biblioteca Pública», Rúa Concello 11)

 

Temporada 2000/2001

Programación semanal

Xaneiro de 2001

Xoves 11 de xaneiro de 2001 — BOYS DON’T CRY (Boys Don’t Cry. EE UU, 1999), Kimberly Peirce. [120 espectadores]

Xoves, 18 de xaneiro de 2001— RKO 281 (RKO 281. EE UU, 1999), Benjamin Ross [58 espectadores]

Mércores, 24 de xaneiro de 2001 — LA PERDICIÓN DE LOS HOMBRES (La perdición de los hombres. México-España, 2000), Arturo Ripstein [135 espectadores]

Febreiro de 2001

Xoves, 1 de febreiro de 2001 — LA VIUDA DE SAINT-PIERRE (La veuve de Saint-Pierre. Francia-Canadá, 2000), Patrice Leconte [101 espectadores]

Xoves, 8 de febreiro de 2001 — DOCTOR AKAGI (Kanzo Sensei. Xapón-Francia, 1998), Shohei Imamura [87 espectadores]

Xoves, 15 de febreiro de 2001 — THE RING (EL CÍRCULO) (Ringu. Xapón, 1998), Hideo Nakata [72 espectadores]

Xoves, 22 de febreiro de 2001 — NACIONAL 7 (Nationale 7. Francia, 2000), Jean-Pierre Sinapi [120 espectadores]

Marzo de 2001

Xoves, 1 de marzo de 2001— ¡QUÉ PASADA! (Purely Belter. Reino Unido, 2000), Mark Herman [116 espectadores]

Maio de 2001

Xoves, 10 de maio de 2001 — INFIEL (Trolösa. Suecia, 2000), Liv Ullmann [116 espectadores]

Xoves, 31 de maio de 2001 — HARRY, UN AMIGO QUE OS QUIERE (Harry, un ami qui vous veut du bien. Francia, 2000), Dominik Moll [98 espectadores]

• Proxeccións especiais

Celebración do Saint Patrick’s Day
En colaboración co departamento de inglés da Escola de Idiomas de Ourense

Mércores 14 e xoves 15 de marzo de 2001 — DESPERTANDO A NED (Waking Ned [EE UU: Waking Ned Devine]. Irlanda, 1998), Kirk Jones [97 + 138 espectadores]

CICLO «OS DEREITOS HUMANOS»
En colaboración con Amnistía Internacional Ourense
Co patrocinio da Universidade de Vigo, Fundación Pedro Barrié de la Maza, Caixanova e Banco Pastor, a Concellería de Cultura do Concello de Ourense e mais Amnistía Internacional Ourense

Xoves, 22 de marzo de 2001 — LA VIDA Y NADA MÁS (La vie et rien d’autre. Fracia, 1989), Bertrand Tavernier [140 espectadores]

Xoves, 29 de marzo de 2001 — LA ESPALDA DEL MUNDO (La espalda del mundo/Back of the world. España, 2000), Javier Corcuera [153 espectadores]

Xoves, 5 de abril de 2001 — EL CÍRCULO PERFECTO (Savrseni krug/Le circle parfait. Bosnia-Herzegovina/Francia, 1996), Ademir Kenovic [101 espectadores]

Xoves, 19 de abril de 2001 — EL PROCESO (Le Procès/Der Prozess/Il Processo/The trial. Francia/R. F. Alemana/Italia, 1962), Orson Welles [105 espectadores]

Xoves, 26 de abril de 2001 — Z (Z. Alxeria/Francia, 1969), Costa-Gavras [88 espectadores]


Aniversario da II República
Dentro das actividades de conmemoración do Aniversario da II República
organizadas pola Asociación de Amigos da República

Mércores 25 de abril de 2001 • Única sesión — GALICIA Y BUENOS AIRES. Presentada polo historiador Manolo González (España-Arxentina, 1931), José Gil [15 espectadores]


Curtametraxes hondureñas en vídeo
Dentro do programa da 6ª MITEU
Venres 27 de abril de 2001 • Única sesión — LAS CUATRO TABLAS e LIMPIANDO CHAQUETA Coa presencia dos seus directores (Las cuatro tablas. Honduras, 2001), Daniel Serrano; (Limpiando Chaqueta. Honduras, 2001), Mario Jaén [60 espectadores]


Especial Lusofonia – Cinema em Português
En colaboración co departamento de Lingua Portuguesa da Escola Oficial de Idiomas
Dentro da programación do ‘Maio Xove’ da Casa da Xuventude

Xoves, 3 de maio de 2001 — ESTACIÓN CENTRAL DE BRASIL (Central do Brasil. Brasil/Francia, 1998), Walter Salles [112 espectadores]


Cinema en alemán
En colaboración co departamento de Alemán da Escola oficial de Idiomas

Xoves, 24 de maio de 2001 — WINTER SLEEPERS (Soñadores) (Winterschläfer. Alemaña, 1997), Tom Tykwer [67 espectadores]


Cinema ao aire libre — «Cinema en pantalla grande»
Ciclo de proxeccións para as Festas do Corpus 2001
Para a Concellería de Cultura do Concello de Ourense | Proxeccións no Parque Barbaña — sesións ás 23 h.

Luns 11 de xuño de 2001 — LA TRAMPA (Entrapment, EE UU, 1999), Jon Amiel [máis de 300 espectadores]

Martes 12 de xuño de 2001 — LA VIDA ES BELLA (La vita è bella, Italia, 1997), Roberto Benigni [máis de 300 espectadores]

Xoves 14 de xuño de 2001 — SPACE COWBOYS (Space Cowboys, 2000), Clint Eastwood [máis de 300 espectadores]

Venres 15 de xuño de 2001 — LA MOMIA (The Mummy, 1999), Stephen Sommers [máis de 300 espectadores]

 

Temporada 2001/2002

• Programación semanal

Novembro de 2001

Xoves, 22 de novembro de 2001 — ¡AL ATAQUE! (À l'attaque! Francia, 2000), Robert Guédiguian [91 espectadores]

Xoves, 29 de novembro de 2001 — TUVALU (Tuvalu. Alemaña, 1999. Branco e negro coloreado en negativo), Veit Helmer [33 espectadores]

Decembro de 2001

Xoves, 13 de decembro de 2001 — COMIDA RÁPIDA, MUJERES ACTIVAS (Fast Food, Fast Women. Francia-Italia-EE.UU., 2000), Amos Kollek [ espectadores]

 

• Proxeccións especiais

Cinema e Banda deseñada
Dentro das XIII Xornadas de Banda Deseñada de Ourense. En colaboración coa Casa da Xuventude de Ourense
No Teatro Principal

Martes 9 de outubro, única sesión — LA PRINCESA MONONOKE (Mononoke Hime. Xapón, 1998), Hayao Miyazaki [32 espectadores]

Mércores 10 de outubro, única sesión — MARCO ANTONIO. RESCATE EN HONG KONG (Marco Antonio. Rescate en Hong Kong, España-Canadá, 2000), Carlos Varela e Manuel J. García (guión e personaxes de Mique Beltrán) [15 espectadores]

 

• Outras actividades

Curso de guións cinematográficos
10, 17, 24 de novembro e 1 e 7 de decembro
Na Casa da Xuventude de Ourense. 20 horas, impartido por Carlos Hervella (profesor titular da Escola de Imaxe de Son de Vigo, EISV).

   
    


Voltar ao inicio

Hosted by www.Geocities.ws

1