cinelog.gif (3623 bytes)
MEMORIA DE ACTIVIDADES
ANO 2000

O ano 2000 foi para o Cineclube Padre Feijoo o da celebración do seu trixésimo aniversario. Con tal motivo, fíxose un esforzo especial na programación con varios ciclos, dando unha especial importancia aos clásicos —o exitoso ‘Clásicos de Ouro’ trouxo á cidade nomeadas películas consagradas que se recuperaron para a gran pantalla—, e sempre coa intención de aportar enfoques e temáticas distintos e orixinais para atraer a novos públicos. A fructífera colaboración con outras institucións, como a Universidade, non evitou sen embargo que a programación habitual seguise supoñendo grandes dificultades económicas para o Cineclube. Dificultades que se viron acrecentadas ante a perspectiva —finalmente solucionada polo momento— de non se atoparen máis repostos para o funcionamento dos vellos proxectores.

Por outra banda, este foi o ano da incorporación definitiva do Cineclube á internet, mediante o seu sitio web, de enderezo www.geocities.com/cineclubepfeijoo (ou cineclubepf.go.to), onde se accede a toda a información das actividades da entidade, cun servicio de noticias por correo electrónico. As novas tecnoloxías viñan sendo aplicadas xa para o envío de notas de prensa por e-mail a todos os medios e mais a todos os socios que así o solicitaren.

O Cineclube participou, finalmente, no Festival de Cine de Ourense na mesa redonda que co gallo do seu trinta aniversario se celebrou baixo o epígrafe de «O cineclubismo en Ourense», e que contou co actual presidente, Alberto Llorente, o anterior, Segismundo Bobillo, e o anterior tesoureiro, José Paz.

Ourense, xaneiro de 2001

 

PROXECCIÓNS ANO 2000

Salvo indicación en contra, as películas recibiron dúas proxeccións, sempre no salón de actos da Casa da Cultura («Biblioteca Pública», Rúa Concello 11)

Temporada 1999/2000

Programación semanal

Xaneiro 2000

Xoves 13 de xaneiro — EN EL CORAZÓN DE LA MENTIRA (Au coeur du mensonge. Francia, 1998), Claude Chabrol

Xoves 27 de xaneiro de 2000 — PECKER (Pecker. EE UU, 1998), John Waters

Febreiro 2000

Xoves 3 de febreiro — LA VENDEDORA DE ROSAS (La vendedora de rosas. Colombia, 1998), Víctor Gaviria

Xoves 10 de febreiro — ROSETTA (Rosetta. Bélxica-Francia, 1999), Luc e Jean-Pierre Dardenne

Xoves 17 de febreiro — EL AMOR ES EL DEMONIO (Love is the Devil. Gran Bretaña, 1998), John Maybury

Marzo 2000

Xoves 9 de marzo — UNDER THE SUN (Under Solen. Suecia, 1999), Colin Nutley.

Xoves 16 de marzo — THE WAR ZONE / LA ZONA OSCURA (The War Zone. Gran Bretaña, 1998), Tim Roth

Xoves 23 de marzo — EL VIENTO NOS LLEVARÁ (Bad ma ra khabad bord / Le vent nous emportera. Francia/Irán, 1999), Abbas Kiarostami

Abril 2000

Xoves 6 de abril — NADIE ESTÁ A SALVO DE SAM (SUMMER OF SAM) (Summer of Sam. EE UU, 1999), Spike Lee

 

Ciclo «Clásicos de Ouro»

Xoves 20 de xaneiro — FREAKS/LA PARADA DE LOS MONSTRUOS (Freaks. EE UU, 1932), Tod Browning
* precedida dunha selección de curtametraxes de Segundo de Chomón (Francia, 1907-1909) [Le Spectre Rouge (O espectro vermello, 1907), Electric Hotel (Hotel eléctrico, 1908), Les Vêtements Cascadeurs (Transformacións, 1908), Equilibristes japonais (Alarde equilibrista, 1908), Les Ki ri ki (Xogos chineses, 1908), Le Déménagement (Unha mudanza difícil, 1908), Une poursuite mouvementé (Unha persecución movida, 1909), Fantaisie (Fantasía, 1909), Voyage au planète Jupiter (Viaxe a Xúpiter, 1909)]

Xoves 24 de febreiro — LA GRAN ILUSIÓN (La grande illusion. Francia, 1937), Jean Renoir

Xoves 30 de marzo — DIES IRAE (Vredens Dag. Dinamarca, 1943), Carl Theodor Dreyer

Xoves 13 de abril [sesión única] — ROCCO Y SUS HERMANOS (Rocco e i suoi fratelli. Italia-Francia, 1960), Luchino Visconti

 

Ciclo «A Universidade co Cinema»

Coorganizado co Vicerrectorado de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, coa colaboración da Facultade de Ciencias Empresariais de Ourense.

Mércores 12 de abril — Cinema e Historia: LA GUERRA HA TERMINADO (La guerre est finie. Francia-Suecia, 1966), Alain Resnais

Xoves 13 de abril [sesión única] — Clásicos de Ouro: ROCCO Y SUS HERMANOS (Rocco e i suoi fratelli. Italia-Francia, 1960), Luchino Visconti

Xoves 18 de maio — Novas correntes cinematográficas: MIFUNE (Dogma #3) (Mifune (Dogme III). Dinamarca, 1999), Søren Kragh-Jacobsen

Xoves 25 de maio Un Cinema Matemático: PI (Pi. EE UU, 1998. Branco e negro, 85 min), Darren Aronofski

 

Ciclo «Cinema e Alimentación»

Coorganizado coa Facultade de Ciencias de Ourense, co apoio de Caixavigo e Ourense, Caixa Galicia e a Universidade de Vigo.

Mércores 26 de abril — TAMPOPO (Tampopo. Xapón, 1986), Juzo Itami

Xoves 27 de abril — LA VIDA ES DULCE (Life is Sweet. Gran Bretaña, 1990), Mike Leigh

Mércores 3 de maio — EL CHEF ENAMORADO (1001 retsept iz menyu vlyublyonnogo povara/A chef in love. Francia-Rusia/Xeorxia, 1996), Nana Djordjadze

Xoves 4 de maio — COMER, BEBER, AMAR (Yinshi nan un. Taiwan, 1994), Ang Lee

Mércores 10 de maio — UNA GRAN NOCHE (Big Night. EE UU, 1996), Campbell Scott e Stanley Tucci

Xoves 11 de maio — AMERICAN CUISINE (Cuisine américaine. Francia, 1998), Jean-Yves Pitoun

 

Temporada 2000/2001

Programación semanal

Outubro 2000

Xoves 19 de outubro — EL VIAJE DE FELICIA (Felicia’s Journey. Reino Unido-Canadá, 1999), Atom Egoyan

Novembro 2000

Xoves 30 de novembro — LOS CINCO SENTIDOS (THE FIVE SENSES) (The Five Senses. Canadá, 1999), Jeremy Podeswa

Decembro 2000

Mércores 13 de decembro — LA DUCHA (Xizao. China, 1999), Zhang Yang

 

Sesións Especiais

«Caricatura en Movemento»
Dentro do programa da IV Bienal da Caricatura de Ourense

Xoves 2 de marzoWALLACE & GROMIT... Y SUS AMIGOS (The Aardman Collection II. Gran Bretaña, 1996), Nick Park e outros [Composta polas curtametraxes La secuencia del título (The title sequence, Louis Cook e Dave Alex Riddett), El cerdo de Watt (Watt’s pig, Peter Lord), Madrugador (Early bird, Peter Lord e David Sproxton), «My baby just cares for me» (Peter Lord), Anuncios de calefacción eléctrica (Heat electric commercials, Peter Lord e Nick Park), No sin mi bolso (Not witout my handbag, Boris Kosmehl), Anuncios de calefacción eléctrica II (Heat electric commercials, Peter Lord e Nick Park), Historia de guerra (War story, Peter Lord), Pop (Sam Fell), Un esquilado apurado (A close shave, Nick Park)]
*Precedida das curtametraxes
25 maneras de dejar de fumar (25 Ways to Quit Smoking. EE.UU., 1989), Bill Plympton; Saltamontes (Cavallette/Grasshoppers. Italia, 1990), de Bruno Bozzetto

«Cinema e B.D.»
Dentro do programa das XII Xornadas de Banda Deseñada de Ourense

Xoves 5 de outubro de 2000 — PERFECT BLUE (Perfect Blue. Xapón, 1997), Satoshi Kon
* Precedida da curtametraxe Supermaño en la feria (Supermaño en la feria. España, 2000), Carlos Faemino

   
    


Voltar ao inicio

Hosted by www.Geocities.ws

1