cinelog.gif (3623 bytes)
MEMORIA DE ACTIVIDADES
ANO 1999

 

O Cineclube Padre Feijoo seguiu tendo que facer fronte en 1999 aos mesmos problemas que os últimos anos: insuficiencia orzamentaria —que provoca que a Sociedade dependa practicamente en exclusiva das cuotas dos seus socios e socias, estando sempre en perigo de endebedarse por calquera pequeno tropezo— e precariedade material —que obriga a facer as proxeccións no salón de actos da Casa da Cultura, de equipamento hoxe por hoxe realmente inaxeitado e do que mesmo durante dous meses tivemos que prescindir ante a súa cesión a un grupo de teatro—. O apoio da media dun centenar de espectadores e espectadoras que con regularidade asisten ás proxeccións é o verdadeiro acicate para seguir adiante, sobre todo agora que o Cineclube está a punto de cumprir o trinta aniversario; sen embargo, faise indubidablemente necesaria unha axuda seria e regularizada por parte das institucións. A veteranía do Padre Feijoo, xa non só no panorama cultural da cidade de Ourense, senón tamén no de Galicia, merece unha maior atención da que recibe.

Por mor desta falta de atención, este ano puidemos ofrecer poucas sesións dedicadas aos clásicos —que paradoxalmente resultan moito máis caros que as estreas—, pero a programación seguiu resultando suculenta para todo o público afeccionado. O Cineclube seguiu apostando polo cinema menos comercial, o máis esquecido polo mainstream, abrindo o seu espacio ás cinematografías menos coñecidas e ás películas independentes dos países máis habituais nas carteleiras da nosa cidade.

Como novidade, e para paliar dalgún xeito a dependencia de que os medios de comunicación publiquen adecuadamente as proxeccións, o Cineclube entrou este ano na rede, cun enderezo de correo electrónico ([email protected]), gracias ao que se serven noticias a todos os interesados, e unha páxina web (www.geocities.com/cineclubepfeijoo), desde a que se pode acceder a toda a programación.

 

• Proxeccións

Temporada 1998-1999

Sesións semanais:

Marzo de 1999

17/3/99 — THE BRAVE (EE UU, 1997), Johnny Depp

25/3/99 — ALICE Y MARTIN (Alice et Martin, Francia-España, 1998), André Téchiné

Abril de 1999

8/4/99 — GATO NEGRO, GATO BLANCO (Chat noir, chat blanc / Black cat, white cat, Francia-Alemaña-Iugoslavia, 1998), Emir Kusturica

Marzo de 1999

13/5/99 — EL NIÑO DE MÂCON (The Baby of Mâcon, Holanda-Francia-Gran Bretaña-Alemaña, 1993), Peter Greenaway

6/5/99 — CUBE (Canadá, 1997), Vincenzo Natali

20/5/99 — HAPPINESS (EE UU, 1998), Todd Solondz

Sesións especiais:

«Ciclo Cinema e Política». Coorganizado co Clube Cultural Alexandre Bóveda.

3/3/99 — LA MADRE (Mat, URSS, 1926), Vsievolod Pudovkin; curtametraxe Día de liberdade (Tag der Freiheit, Alemaña, 1935), Leni Riefenstahl

4/3/99 — CRISTO SE PARÓ EN EBOLI (Cristo si e fermato en Eboli, Italia-Francia, 1978), Francesco Rosi

10/3/99 — SIERRA DE TERUEL (L’Espoir, España-Francia, 1939), André Malraux

11/3/99 — EL TAMBOR DE HOJALATA (Die Blechtrommel, Alemaña-Francia-Iugoslavia-Polonia, 1978), Volker Schlöndorff

 

Temporada 1999-2000

— Sesións semanais:

Outubro de 1999

14/10/99 — CUENTO DE OTOÑO (Conte d’Automne, Francia, 1998), Eric Rohmer

21/10/99 — PRÓXIMA PARADA, WONDERLAND (Next Stop Wonderland, EE UU, 1998), Brad Anderson

28/10/99 — MIEDO Y ASCO EN LAS VEGAS (Fear and Loathing in Las Vegas, EE UU, 1998), Terry Gilliam

Novembro de 1999

18/11/99 — LOS HEREDEROS (The Inheritors/Die Siebtelbauern, Austria, 1998), Stefan Ruzowitzky

25/11/99 — CELEBRACIÓN (Festen – Dogme #1, Dinamarca, 1998), Thomas Vinterberg

2/12/99 — BULWORTH (EE UU, 1998), Warren Beatty

 

— Sesións especiais:

«Curtametraxes Latinoamericanas Inéditas no Estado Español», dentro das V Xornadas Contra o Racismo e a Xenofobia.

23/9/99 — LA SELVA OSCURA (Colombia, 1994), Carlos Eduardo Santa García; ¡RATAS! (Arxentina, 1996), Dieguillo Fernández e Diego M. Sabanés; REMOTO (Venezuela, 1993), Carlos Villegas; HISTÓRIAS DE AVÁ – O POVO INVISÍVEL (Brasil, 1998), Bernardo Palmeiro; ELLA (Venezuela, 1998), Alejandra Szeplaki; JOGOS (Brasil, 1995), Mariangela Grando.

«Cinema e Banda deseñada», dentro das XI Xornadas de Banda Deseñada de Ourense

5/10/99 — 70 anos de Tintín.
TINTÍN EN EL TEMPLO DEL SOL (Tintin et le Temple du Soleil, Bélxica-Francia-Suíza, 1969), Eddie Lateste [16 mm]; EL MISTERIO DE LAS NARANJAS AZULES (Tintin et les oranges bleues, Francia-España, 1964), Philippe Condroyer [16 mm].

6/10/99 — Curtametraxes de animación:
LAS AVENTURAS DE PUMBY: «POLO NORTE» (España, 1998), Fernando Carrión; «MICROFILMES» (España, 1999); O REI QUINTÍN (Galicia, 1999), Estudio Tangaraño [vídeo]
• Comiqueiros no cinema (curtametraxes):
AMOR DE MADRE (España, 1998), Koldo Serra; P (Galicia, 1999), David Rubín [vídeo]
• 70 anos de Popeye (curtametraxes)
POPEYE CONSTRUCTOR DE PUENTES (Bridge Ahoy!, EE UU, 1936), Dave Fleisher; POPEYE EN LA PISCINA (I wanna be a Lifeguard, EE.UU., 1936), Dave Fleisher; POPEYE Y EL BILLETE DE LOTERÍA (Olive’s Sweepstake Ticket, EE.UU., 1941), Dave Fleisher [16 mm]

7/10/99 — JESUITA JOE (Jesuit Joe, Canadá, 1990), Olivier Austen

 

• Outras actividades:

Curso de Efectos especiais
Do 31 de maio ao 4 de xuño.
Curso teórico-práctico, impartido polo técnico especialista Ricardo Spencer, cunha duración de 20 horas, nos locais da Casa da Xuventude de Ourense. De prazas limitadas, asistiron ao mesmo dezaseis persoas.

   
    


Voltar ao inicio

Hosted by www.Geocities.ws

1