cinelog.gif (3623 bytes)
MEMORIA DE ACTIVIDADES
ANO 1998

O que parecía ser a solución ós males que aqueixaban o Cineclube, a proxección nunha sala ben equipada como o Teatro Principal, truncouse finalmente co final da Temporada 97-98. O cambio de actitude da xerencia do Teatro obrigou a voltar á sala da rúa Concello, na Casa da Cultura, salvo excepcións. Isto supuxo a necesidade de ralentizar o ritmo das sesións, que se chegaron a paralizar de modo preventivo no mes de decembro, dada a menor afluencia de público, impedimento para a mínima rendibilización dos gastos de proxección. O balance, sen embargo, e malia o futuro incerto que se presenta para iniciar o 99, resulta ser bastante positivo no que a actividades realizadas se refire. Abonde lembrar o ciclo realizado en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Ourense, proxectando películas de estrea —incluíndo a presentación de Asaltar los cielos con presencia do seu director—, ou a inclusión dun representante do Cineclube no «Consello Asesor» do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense, sendo teoricamente o Cineclube o encargado da programación dunha sección do Festival, «O nunca visto». O lado negativo seguiu sendo, polo tanto, a falta de verdadeira atención institucional, que non pasou de ser nominal: as cantidades económicas achegadas para cubrir os déficit que indefectiblemente se producen foron mínimas e insuficientes, seguindo outra volta o Cineclube a ter que camiñar pola corda frouxa dos apertadísimos orzamentos, que precisan de constantes auténticos malabarismos para a continuación da actividade dunha das entidades cinéfilas máis veteranas —perto xa do trinta aniversario— de Galicia.

 

PROXECCIÓNS

TP: no Teatro Principal (única sesión)
CC: na Casa da Cultura (dúas sesións). * formato 16 mm.
CD: no Cine Dúplex (única sesión)

• Temporada 1997/1998

Programación semanal

Xaneiro de 1998

14/1/98 — KAMASUTRA (Kama Sutra: A Tale of Love, India-Reino Unido-Xapón-Alemaña, 1997), de Mira Nair. TP

21/1/98 — DOBERMANN (Francia, 1997), de Jan Kounen. TP

29/1/98 — PALOOKAVILLE (EE UU, 1997), de Alan Taylor. TP

Febreiro de 1998

4/2/98 — HISTORIA DE UN POBRE HOMBRE (Romanzo di un giovane povero, Italia-Francia, 1995), de Ettore Scola. TP

Marzo de 1998

24/3/98 — KANSAS CITY (EE UU-Francia, 1996), de Robert Altman. TP

Abril de 1998

23/4/98 — LOUISIANA STORY (EE UU, 1948), de Robert J. Flaherty. CC*

29/4/98 — EL MATRIMONIO DE MARIA BRAUN (Die Ehe der Maria Braun, Alemaña, 1979), de Rainer Werner Fassbinder. CC*

Maio de 1998

14/5/98 — NO VA MÁS (Rien ne va plus, Francia-Suíza, 1996), de Claude Chabrol. CD

21/5/98 — EN BUSCA DE RICARDO III (Looking for Richard, EE UU, 1996), de Al Pacino. CD

28/5/98 — EL SABOR DE LAS CEREZAS (Ta’m e guilass, Irán, 1997), de Abbas Kiarostami. CC

Proxeccións e Ciclos Especiais

• 13/1/98 — Presentación de ASALTAR LOS CIELOS (España, 1997), de Javier Rioyo e José Luis López-Linares, coa presencia de Javier Rioyo na proxección. TP

• Ciclo Pilar Miró:

12/2/98 — TU NOMBRE ENVENENA MIS SUEÑOS (España, 1996), Pilar Miró. TP

19/2/98 — EL PÁJARO DE LA FELICIDAD (España, 1993), Pilar Miró. TP

26/2/98 — BELTENEBROS (España, 1990), Pilar Miró. TP

5/3/98 — EL PERRO DEL HORTELANO (España, 1996), Pilar Miró. TP

• Homenaxe ó Neorrealismo Italiano:

14/3/98 — ROMA, CITTÀ APERTA (Italia, 1945), de Roberto Rosellini. TP

15/3/98 — CELULOIDE (Celluloide, Italia, 1995), de Carlo Lizzani. TP

 

• Temporada 1998-1999:

Programación semanal

Outubro de 1998

13/10/98 — EL DULCE PORVENIR (The Sweet Hereafter, Canadá, 1997), de Atom Egoyan. CC

22+23/10/98 — NUBES PASAJERAS (Kauas pilvet karkaavat, Finlandia, 1996), de Aki Kaurismäki. CC + TP

29+30/10/98 — SYDNEY (Sydney/Hard Eight, EE UU, 1996), de Paul Thomas Anderson. CC + TP

Novembro de 1998

26/11/98 — LA ANGUILA (Unagi, Xapón, 1997), de Shohei Imamura. CC

 

Proxeccións e Ciclos Especiais

• Ciclo «Cinema e B.D.» (dentro das X Xornadas de Banda Deseñada)

6/10/98 — LAS AVENTURAS ORIGINALES DE SUPERMAN (EE UU, 1943), de Max e Dave Fleischer. CC*

7/10/98 — «Comiqueiros na B.D.» (curtametraxes):
D.N.I. (España, 1997), de Hernán Migoya*; OEDIPUS (España, 1997), de Fernando de Felipe; HOW TO MAKE LOVE TO A WOMAN (EE.UU., 1993) e DE TRIPAS CORAZÓN (Push Comes to Shove, EE UU, 1996), de Bill Plympton; e TONTERÍAS (Foutaises, Francia, 1989), de Jean-Pierre Jeunet e Marc Caro. CC

8/10/98 — LAS AVENTURAS DEL PRÍNCIPE VALIENTE (Prince Valiant, Irlanda-Alemaña-Reino Unido, 1997), de Anthony Hickox. CC


• Proxección especial do ‘Día da Sida’ (para institutos)

3/12/98 — QUE NADA NOS SEPARE (The Cure, EE UU, 1995), de Peter Horton. CC

   
    


Voltar ao inicio

Hosted by www.Geocities.ws

1