cinelog.gif (3623 bytes)
MEMORIA DE ACTIVIDADES
ANOS 1997

O ano 1997, coas temporadas 26ª e 27ª, pasará á historia do Cineclube polo cambio de sala de proxeccións desde a tradicional da Casa da Cultura á recentemente equipada do Teatro Principal. Este cambio, en principio alternando sesións nas dúas salas, rematou coa utilización da da Casa da Cultura, xa a fins do ano, só para actividades puntuais: o estado dos seus dous proxectores, xa auténticas pezas de museo, fixo que as sesións en 35 mm tivesen que ser trasladadas —incluso variando o tradicional día do Cineclube, o xoves— ó magnífico equipo do Principal. Non cabe dúbida do notable incremento de público que supuxo o cambio de sala, mellor localizada e indiciblemente mellor coidada —un pequeno record produciuse na sesión de La Mirada de Ulises, con case 150 espectadores— e, sen embargo, este non foi economicamente un bo ano para o Cineclube: a oficina-almacén que a entidade ocupaba desde finais dos 70 houbo de ser desaloxada en verán por problemas no pagamento do aluguer, e os custes das películas non foron cubertos totalmente polas cotas de socio e as pequenas subvencións concedidas, o que fixo que no comezo da temporada 97/98 houbese máis dunha dúbida sobre a continuidade do Padre Feijoo. A presencia nos medios de comunicación e o panorama cultural da cidade, así como o coidado da imaxe do Cineclube —xa asentado definitivamente o novo logotipo— foron de novo dous aspectos nos que a directiva puxo especial empeño. O achegamento da dirección do Festival de Cinema da cidade (OFF) ó Cineclube ó final do ano parece querer dicir que eses empeños foron por bo camiño, volvendo a situar a entidade no lugar que, dada a súa veteranía, lle corresponde.

 

PROXECCIÓNS DE 1997

CC: proxección na Casa da Cultura; TP: proxección no Teatro Principal

Sesións da Programación Semanal

Temporada 96/97

Xaneiro de 1997

18/1/97 — Curtametraxes de Wim Wenders:

SILVER CITY REVISITED (Alemaña, 1969), CHAMBRE 666 (Francia-Alemaña, 1982), REVERSE ANGLE: LETTER FROM NEW YORK (Francia-EE UU-Alemaña, 1983). 2 pases. CC.

23/1/97 — EL HOMBRE DE LAS ESTRELLAS (L’uomo delle stelle, Italia, 1995), Giuseppe Tornatore, 2 pases, CC.

30/1/97 — EL JOROBADO DE Nª Sª DE PARÍS (The Hunchback of Notre Dame, EE UU, 1923), Wallace Worsley, 2 pases, CC.

Febreiro de 1997

6/2/97 — VIVIR RODANDO (Living in Oblivion, EE UU, 1995), Tom DiCillo, 2 pases, CC.

13/2/97 — PROSPERO’S BOOKS (Holanda-Francia-Italia, 1991), Peter Greenaway, TP.

20/2/97 — EL TESTAMENTO DEL DR MABUSE (Das Testament des Dr. Mabuse, Alemaña-Francia, 1932), F. Lang, 2 pases, CC.

25/2/97 — LA MUJER DEL PUERTO (México, 1991), Arturo Ripstein, 2 pases, TP

Marzo de 1997

6/3/97 — EL HOMBRE DEL SUR (The Southerner, EE UU, 1945), Jean Renoir, 2 pases, CC

12/3/97 — MALLRATS (EE UU, 1996), Kevin Smith, 2 pases,TP

20/3/97 — LA MUJER ZURDA (Die Linkshändige Frau, Alemaña, 1977), Peter Handke, 2 pases, CC

Abril de 1997

3/4/97 — CUENTO DE VERANO (Conte d’été, Francia, 1995), Eric Rohmer, 2 pases, TP

10/4/97 — RELÁMPAGO SOBRE EL AGUA (Nick’s Film – Lightning Over Water, Suecia-Alemaña, 1980), Wim Wenders, 2 pases, CC

16/4/97 — SECRETOS Y MENTIRAS (Secrets & Lies, Gran Bretaña-Francia, 1996), Mike Leigh, 1 pase, CC

Maio de 1997

8/5/97 — SOSTIENE PEREIRA (Afirma Pereira, Italia-Francia-Portugal, 1995), Roberto Faenza, 2 pases, CC

15/5/97 — LAS AVENTURAS DEL BARÓN MÜNCHHAUSEN (Münchhausen, Alemaña, 1943), Josef von Báky, 2 pases, CC

22/5/97 — EUROPA, EUROPA (Hitlerjunge Salomon/Europa, Europa, Francia-Alemaña, 1989), Agnieszka Holland, 1 pase, CC

29/5/97 — LA MIRADA DE ULISES (To Vlemma tou Odyssea, Grecia-Francia-Italia, 1995), Theo Angelopoulos, 1 pase, TP

Temporada 97/98

Outubro de 1997

16/10/97 — DEAD MAN (EE UU-Alemaña-Xapón, 1996), Jim Jarmusch, 2 pases, CC

23/10/97 — EL TIEMPO DE LOS GITANOS (Dom za vesanje, Iugoslavia-Italia-Reino Unido, 1988), Emir Kusturica, 1 pase, TP

30/10/97 — THE ADDICTION (EE UU, 1995), Abel Ferrara, 2 pases, CC

Novembro de 1997

13/11/97 — CAPITÁN CONAN (Capitaine Conan, Francia, 1996), Bertrand Tavernier, 2 pases, TP

Decembro de 1997

3/12/97 — LA TREGUA (Italia-Francia-Alemaña-Suíza, 1996), Francesco Rosi, 2 pases, TP

11/12/97 — UN VERANO EN LA GOULETTE (Un été à La Goulette, Tunisia-Francia-Bélxica, 1995), Férid Boughèdir, 2 pases, TP

18/12/97 — KANSAS CITY (EE UU-Francia, 1996), Robert Altman, TP [proxección suspendida por falta de fluído eléctrico]

 

Proxeccións especiais

• «Ciclo Cinema e BD»: dentro das IX Xornadas de Banda Deseñada, en colaboración coa Casa da Xuventude

7/10/97 — EL PRÍNCIPE VALIENTE (Prince Valiant, EE UU, 1954), Henry Hathaway, 1 pase, CC [vídeo]

8/10/97 — Curtametraxes AKELARRE (Galicia, 1996) e LA ACEITUNA SANGRIENTA (The Bloody Olive, Bélxica, 1996), 1 pase, CC [vídeo]

9/10/97 — TANK GIRL (EE UU, 1995), Rachel Talalay, 1 pase, CC


• «III Xornadas contra o Racismo», organizadas pola Casa da Xuventude

23/10/97 — EL TIEMPO DE LOS GITANOS (Dom za vesanje, Iugoslavia-Italia-Reino Unido Iugoslavia, 1988), Emir Kusturica, 1 pase, TP


• «Día Internacional da SIDA», organizado pola Concellería de Sanidade do C. de Ourense

12/11/97 — LA NIÑA DE TUS SUEÑOS (España, 1995), Jesús R. Delgado, 2 pases, CC e TP


• «Muestra de Artes Audiovisuales: Videocreación e Infografía 1996», do Injuve (Instituto de la Juventud), coorganizado coa Casa da Xuventude.
16/12/97 — Curtametraxes seleccionadas no Certame, 1 pase, CC [video U-Matic LB]

   
    


Voltar ao inicio

Hosted by www.Geocities.ws

1