CDIL      

Contra a Guerra!!

Declaración da Plataforma Ciudadana contra a Guerra de A Coruña.

¡¡ PAREMOS A GUERRA !!

 

Mulleres, homes, xoves de tódalas clases sociais da cidade de A Coruña, constituimos unha PLATAFORMA CIDADÁN EN CONTRA DA GUERRA, co fin de levar ao resto da sociedade a nosa posición contraria á agresión a Afganistán e mesmo ás ameazas a outros países, o quie representa unha perigosa escalada bélica e supón un grave risco para a paz mundial.

 

Unha vez máis, con cinismo infinito, os poderosos intentan quitar producto da barbarie que eles mesmos provocan: despedimentos masivos de traballadores e traballadoras e recorte de dereitos e liberdades.

 

A existencia do goberno talibán (chegado a o poder no seu día da man dos EE.UU.) non xustifica a intervención militar, o ataque armado e a masacre de todo un pobo. ¿Önde están os dereitos humanos que os adalides da democracia dín estar a defender?

 

Co medre da inestabilidadepolítica provocado na zona por esta agresión bélica, pretenderáse xustificar –nun futuro non moi lonxano- a permenente presencia dun continxente armado dos EE.UU. e os seus súbditos da Unión Europea (vesión moderna das lexións imperiais romanas), ao cal nos opoñemos, para impedir que se consume este bárbaro xenocidio, só comparable co martirio que está a sofrer o pobo palestino a mans do sionismo de Israel.

 

Rexeitamos o ataque xenófobo a unha das culturas que maior implantación teñen no planeta –a musulmana- a que se califica de integrista, antidemocrática e anacrónica e, en consecuencia, a os seus seguidores convirtenselles en obxetivos a perseguir e combater.

 

Reclamamos a non participación do Estado Español neste conflicto, o que se concreta en:

 

 

 

-          Retirada do permiso ás tropas estadounidenses e/ou da OTAN para a utilización das bases militares no territorio español.

-          Ningún envío de tropas do exercito español a esta nova e absurda guerra imperialista.

 

 

¡¡CIDADÁNS DA CORUÑA, FAGAMOS OUVIR A NOSA VOZ!!

 

¡¡NON PERMITAMOS QUE O GOBERNO ESPAÑOL E A OTAN NOS METAN NA GUERRA!!

 

¡¡PARTICIPA NAS CONCENTRACIÓNS EN CONTRA DA GUERRA, DE TODOS OS XOVES ÁS 20,30 HORAS NO CANTÓN GRANDE DA CORUÑA!!

 

¡¡ENTRE TODAS E TODOS PAREMOS A GUERRA!!

 

 

PLATAFORMA CIDADÁN EN CONTRA DA GUERRA

 

 

Cta/C. Solidaria:

 Caixa Galicia 

nº 2091-0006-00-3000117231

Outubro 2001

Correo-e: [email protected]

 

 

 

Correo-e:  [email protected]

1
Hosted by www.Geocities.ws

1